5/20/2009

BCN



Nalgún punto do barrio de Gràcia, aos pés xa do parque Güell, pódense ler, nun valado, un par de pintadas en inglés que nos interpelan directamente. Unha di: «Tourist terrorist». A outra: «Carcelona: Good for tourists bad for neighbours». Pasei uns diíñas na capital catalá. Impresiona a súa beleza, decepciona a súa conversión en cidade-espectáculo globalizada. Tras facer caso do canon e gozar do modernismo, do gótico e do universo-picasso, entro nunha librería e merco
La ciudad mentirosa. Fraude y miseria del “Modelo Barcelona” (Catarata, 2007) de Manuel Delgado. Unha excelente anti-guía do que viu sucedendo nesta metrópole encantada de coñecerse —«Barcelona, posa't guapa», di a publicidade do Concello— que, a golpe de evento deportivo e cultural leva, desde a Exposición Mundial de 1929, propiciando políticas cada vez máis agresivas de especulación urbanística, tematización, desconflictivización e exclusión. Como mostra da lucidez de Delgado, un parágrafo significativo:


«Esta crítica a las intervenciones urbanísticas en el núcleo antigüo de Barcelona tiene que ser matizada, justo para que no se confunda con la defensa romántica y en última instancia reaccionaria de la “esencia perdida” del barrio. La desembocadura inevitable de este tipo de críticas acaba mezclando la perfidia de las autoridades y las empresas inmobiliarias con las consecuencias no menos perversas que se atribuye a la presencia de nuevos vecinos provenientes de la inmigración. No se plantea aquí una censura al hecho de que las ciudades y los barrios cambien, ni al principio de acuerdo con el cual eran de sus habitantes. Lo que se critica es que las actuaciones respondan al hecho de que a políticos y promotores les parezca inaceptable que, justo en medio de la ciudad, vivan obreros, inquilinos de rentas bajas y otros elementos escasamente decorativos que puedan asustar a los turistas y a los nuevos propietarios, a los que se pretende atraer a toda costa. He ahí un nuevo ingrediente del “modelo Barcelona”: el proceso inexorable de ilegalización de la pobreza.»

Noutro lugar do libro, o antropólogo tamén cita unha pintada escrita no 2007 nunha parede de Gràcia. Remato con ela. Porque dificilmente se pode describir de xeito tan acaído e con medios máis económicos, o fenómeno da xentrificación:

«Si usas gafas de pasta y te dedicas al diseño de interiores, éste es tu barrio; antes era el mío».

2 comentários:

cormelana disse...

Moitísimas grazas polo artigo. Quédome co lema.
En Canido (Malpica) sería algo como: "se es madrileño e estás de vacacións, este é o teu barrio. Antes era o meu"
(dato real: piso a estrear de algo máis de 100 metros cadrados, xaneiro de 2004: 12 millóns e medio das antigas pesetas. mediados de 2005, piso de 90 metros cadrados xusto enfronte: 35 millósn das antigas pesetas, en planos)

O Fuco disse...

Desgrazadamente case que toda a costa galega podería adoptar como propia a pintada que suxires. Está claro que nos padecemos unha xentrificación colonizadora.