—Y entonces —dijo—, ¿usted qué es?
—¿Qué? Desempeño el oficio de policía filósofo —dijo el del uniforme azul—. El oficio es a la vez más atrevido y más sutil que el de un detective vulgar. Éste tiene que ir a las tabernas sospechosas para arrestar ladrones. Nosotros vamos a los tés artísticos para descubrir pesimistas. El detective vulgar, hojeando un libro mayor o un diario, adivina un crimen pasado. Nosotros, hojeando un libro de sonetos, adivinamos un crimen futuro. A nosotros nos toca remontar hasta el origen de esos temerosos pensamientos que conducen a los hombres al fanatismo intelectual y al crimen intelectual.
Esta conversa pertence a El hombre que fue jueves (El Pais, 2003), libro que veño de rematar e no que G. K. Chesterton conta a historia dun policía que se infiltra no «Consejo Supremo de la Anarquía» (agrupación criminal onde cada membro leva o nome dun día da semana) e que trata de impedir os seus plans de atentar contra o zar de Rusia en París. Tras un feixe de peripecias Syme —así se chama o protagonista— descubre que todos os membros do consello son en realidade axentes infiltrados da policía encargados de loitar, o mesmo ca el, contra o crime.
Coma o reverso da mesma moeda, parece querer dicirnos o autor, a lei xera o seu antagonista a imaxe e semellanza; pois a entidade do inimigo esfarélase cando non conseguimos delimitalo, describilo —crealo en definitiva— a partir do que nós xa somos.
Tamén Rubalcaba, o noso particular detective-filósofo, pretendeu crear o seu propio Consello Supremo da Anarquía. Sinalou co seu dedo a Iniciativa Internacionalista e condenou o "pesimismo filosófico" dun intelectual coma Alfonso Sastre (ou coma Ferrín) aplicándolle unha serie de características que o PSOE mesmo (lembremos os GAL) albergaba no seu seo: as do grupo conspirador, violento, desestabilizador e malvado. É unha sorte que, polo menos até o de agora, teña fracasado.
1 comentário:
un dos candidatos as elecións europeas dixo fai pouco algo como "durante o franquismo vivimos placidamente" (aprox.); segundo a lei de partidos, o seu propio partido debería ser ilegalizado -ademáis de por estas declaracións- por non condenar a violencia extrema que encarnou o rexime franquista; pero parece ser que iso non era violencia, era outra cousa, e xustificalo non está feo, parece ser que como hai libertad de expresión é un dereito que teñen (algúns)
ai señor
Enviar um comentário