3/25/2020

Yorgos Lanthimos ou a pracenteira submisión ao poder



O chamado «mundo da cultura» vive, neste contexto de reclusión, o seu propio drama motivado polo seu carácter ambivalente. Por unha banda, reivindícase a si mesmo como unha esfera independente do capital, pola outra, clama para si a dignidade de ser coma un sector económico máis. O debate está aberto entre ambas concepcións da cultura (concepcións que, case sempre, non se dán de xeito separado). En todo caso, digamos que neste blog somos moi de regalar contidos todo o ano, polo que non precisamos que un virus desbocado nos abrande o corazón. Aínda así, abrandóusenos o corazón. Velaquí, pois, este artigo longo sobre o cinema de Yorgos Lanthimos convenientemente editado con todo o cariño. Agardo que vos guste. 

Para acceder preme neste link

Sem comentários: