1/18/2019

O "errejonazo" e nós

O "errejonazo" de onte pode abrir un novo tempo para o mundo mareil no que este se divida entre pablistas e, Bescansa mediante, errejoners. A ninguén se lle escapa que parte da nova En Marea estaría cómoda con estes últimos, como tamén o estaría o Compromís valenciano, modelo a imitar por ese sector. En fronte, o pablismo/PCE terá aquí, no que queda da maltreita Anova, o seu socio preferente.
Velaí a silveira na que se pode enlear a nova En Marea: Non dar un carpetazo definitivo ao ciclo iniciado co chamamento de Beiras en Mazarelos 2012 a colaborar coa esquerda española, o que puido ter o seu sentido daquela, pero non agora; constituírse nunha forza galega totalmente autónoma que poña terra por medio cun Titanic que se afunde, e comezar a traballar, no medio prazo, na refundación
do soberanismo galego —canda un BNG que debería comprender que os réditos que saque do circo mareista serán insuficientes se se pensa no país e non no partido— nunha gran forza ecuménica pero radical, como non queda máis remedio neste momento histórico poswelfarista e autoritario.

Sem comentários: