Tomo prestada do mestre Joan Tafalla unha cita de Antonio Gramsci arredor dos medios e os fins:
“... tant sols es pot parlar de voler un fi, si se saben preparar els
mitjans adequats, suficients i necessaris amb precisió, cura i
meticulositat.”
Isto é:
"...só se pode falar de querer un fin se se saben preparar os medios adecuados, suficientes e necesarios con precisión, coidado e meticulosidade."
E a tomo para arrebolar por aí adiante unha reflexión previa e unha pregunta retórica:
Reflexión previa:
Partamos de que o movemento emancipador está, a nivel mundial, case que no seu grao cero. Vaia, que seguimos, coma quen di, onde estabamos en 1989. Partamos, logo, de que as condicións para termos os medios adecuados, suficientes e necesarios para conseguirmos os fins máximos que nos propomos son moi adversas.
Malia isto, en 2007 estourou unha crise do capitalismo financiarizado, réplica da gran crise sistémica de duración longa que se iniciou nos anos setenta do século XX e que non rematou, nin probablemente rematará nunca.
No Estado español, esa crise está afectando non só ao modelo de reprodución capitalista local senón tamén ás estruturas do Estado que o amparan política e culturalmente. O cal, secularmente, nesta parte do mundo e polas súas propias peculiaridades hitóricas, acaba tomando forma, tamén, de crise nacional.

Pregunta retórica:
Con este pano de fondo, quen está máis dentro da realidade, isto é, quen fai unha proposta política máis adecuada, suficiente e necesaria para dar unha saída en clave democrática (democrática, non en clave revolucionaria) a esta crise de réxime —habida conta da situación política en que nos atopamos desde que Podemos decidiu non enviar a Rajoy á esterqueira da Historia cando puido facelo—: aquel partido (no sentido de parte non de marca electoral con logotipo e cor corporativa) que propón a independencia dun territorio vencellada a uns valores democráticos a unha base
articulada, mobilizada e disposta a levar a cabo o seu programa ou [esquezamos que a xentiña podemita propuña, hai nada, tomar, con Karl Marx, o ceo por asalto e non por consenso] quen propón, desde unha concepción da política como combate textual de notables e despreocupada da creación de base social organizada e dotada de coherencia ideolóxica, unha suposta confederación (digo suposta porque pretender confederar a quen non consideras suxeito político colectivo é un absurdo) a un
electorado pasivo, televisivo e enchoupado de franquismo sociolóxico?
Quero
dicir con isto que creo que a independencia de Cataluña é, hoxe ou no
medio prazo, politicamente posible? Non, son escéptico con esa idea. Creo que, se
chega, a independencia de Cataluña tardará bastante tempo en producirse. Pero si creo que o bloque independentista catalán ten, neste momento, unhas condicións subxectivas máis propicias que a esquerda estatal para que a súa proposta de máximos acabe provocando, na dialéctica política interna do Estado, algún tipo de transformación daquel en clave democrática (ou, poñéndonos xa no peor dos escenarios, pra que a regresión democrática do Estado español non sexa total), polo que penso que a esquerda estatal debería aceptar que o movemento democrático catalán é a vangarda que debe ser apoiada polos demócratas de toda parte.
Por outra banda, penso que a incomprensión dese feito, e o comportamento da esquerda española a respecto do movemento democrático catalán, está a situala, queira ou non o queira, no campo do statu quo, o cal, na España de 2017 é, en realidade, o campo da reacción.
Tertium non datur. Non hai terceira vía, entendida esta como motor que propulse a dialéctica da transformación. Pode habela como meta de chegada, pero non como potencia que faga rodar a pedra. E non pode habela porque a esquerda española non ten alicerces sólidos baixo os seus pés (base social organizada na que esa terceira vía sexa hexemónica e ideoloxicamente coherente) que sosteñan as súas propostas políticas. Todo isto que a esquerda española non ten [nin un mísero sindicato minimamente combativo!], é, precisamente, o que se chama Movemento.

Coda:
Das outras esquerdas: municipalistas, negrianos e demais especies xa nin me mato a falar. En primeiro lugar porque son satélites da estratexia de Unidos Podemos. En segundo lugar porque as súas propostas son, directamente, marcianadas que non aguantan un asalto en canto un pretende cotexalas coa percepción da realidade de calquera sector social minimamente relevante no lugar e no tempo en que nos movemos.
Sem comentários:
Enviar um comentário