1. Vitoria de Pedro Sánchez nas primarias do PSOE. Mala nova para
Iglesias, que sen dúbida prefería unha vitoria da dereitosa e zombie Susana Díaz. Errejón, sorrí, agora volve ter marxe de manobra para falar co PSOE ponteando ao da coleta (a vinganza é un prato que se serve frío). Os de IU pro-fusión, a priori, deberían estar preocupados.
"ningún dos signatarios dunha moción de censura rexeitada poderá asinar outra durante o mesmo período de sesións. A estos efectos a presentada no período entre sesións imputarase ao seguiente período de sesións".
Iso significa que Podemos non poderá asinar unha nova moción de censura ata setembro. Cabería que o PSOE presentase a súa moción neste período de sesións, pero... cal é o reparto de fidelidades dos deputados socialistas a respecto da vella garda do PSOE para levar a cabo tal cousa e, sobre todo, como pode o PSOE xustificar unha nova moción despois de rexeitar esta?
Rajoy ten tempo. Fumará máis puros e verá que sucede agora a nivel interno tanto no PSOE como en Podemos. Ten a postestade de convocar eleccións cando mellor lle conveña e situarse coma el ou o caos do separatismo catalán + a Fronte Popular de Xudea. C´s tamén podería saír damnificado dun escenario con esa polarización.
En suma, por segunda vez, a pirotecnia podemita impedirá un goberno á portuguesa: goberno socialista con apoios exteriores da esquerda para mandar a Rajoy e a todo o PP a Siberia, derrogar as leis mais lesivas das vixentes, deixando que sexa o PSOE quen acate os dogmas europeos de austeridade aos que, sen dúbida, Pedro Sánchez tampouco faría fronte e cunha esquerda sen padecer a humillación de gobernar a austeridade (que era a opción errejonista do tripartito con PSOE+Cs).
Desta vez, os podemitas terán diante un PSOE cunha figura á fronte rexenerada, cun lavado de cara esquerdista e libre, polo menos na retórica, da sombra alongada do felipismo e o IBEX-35.
3. De En Marea e a súa consulta sobre unha moción de censura cuxo portavoz do seu grupo no Congreso xa rexistrara un día antes de que se iniciase a consulta e que arengaba ás masas madrileñas, con citas do himno galego incluídas, ao tempo que no seu país se votaba en diferido, pouco se pode dicir. Non é que non sexa unha forza nacional, soberana, é que nin sequera se pode considerar unha forza confederada. É pura subalternidade.
4. De Anova. O outro día reuníronse un grupiño máis ben escaso de persoas que se autodenominan a Coordinadora Nacional de Anova onde tiraron a gran conclusión de que as relacións entre Podemos+EU con En Marea son, digamos, difíciles, por non dicir incompatibles. Eses cranios privilexiados deberon quedar descansados ao verificar o que é un clamor desde a mesma constitución do grupo de En Marea en Madrid. Clamor que coñecían pero fronte o que preferiron aplicar a estratexia do avestruz cando non colaborar directamente cos madrileños para dinamitar a soberanía e o carácter nacional da forza galega.
5. Abel Caballero. O do meu alcalde son os setos, as rotondas e as publireportaxes pagadas no Faro de Vigo. Todo o demais excede as súas capacidades. Algo que xa demostrou no seu momento cando foi candidato á Xunta polo PSdG e que agora revalidou co seu susanismo furibundo.
Sem comentários:
Enviar um comentário