Atopámonos no impasse que media entre a
repetición dunhas eleccións xerais e a celebración dunhas autonómicas galegas.
Unha repetición de eleccións que se demostrou nefasta para os intereses globais
das esquerdas. Se a orixe desta repetición está na "xogada mestra"
mediante a cal, en rolda de prensa, os gurús da complutense comezaron a
repartir ministerios e a poñer como condición para botar ao PP das institucións
o acceso ao goberno co PSOE, estamos en disposición de concluír que, en
realidade, aquela foi máis ben unha "cagada mestra". Ter negociado á
portuguesa a investidura do PSOE sen entrar no goberno suporía, hoxe, que o
Partido Podre de Rajoy sería historia, que o PSOE e Ciudadanos estarían
xestionando os recortes de Bruxelas e que o Bloque Popular estaría facendo unha
oposición dura coa vista posta na seguinte, probablemente cercana, crise do
réxime. Na miña lectura estívose máis atendo á consolidación dunhas siglas que
ao avance do movemento popular e, con todo, é probable que tampouco o primeiro
obexectivo vaia ser posible.
En todo caso, isto é pasado. De cara ao futuro, as eleccións do 26 X deixaron, polo menos, dúas cousas claras:
1. O asalto aos ceos, que -na enésima baixada de listón- desta volta pasaba polo sorpasso ao PSOE, fracasou. Os resultados do fenómeno Podemos, se non chega a ir no Estado en coalición con IU, serían aínda máis magros. Neste sentido, o 26X marca o comezo da fin da burbulla podemos. A partir de agora o eventual avance dese partido vaise deber a un traballo máis pedestre e desagradecido que á inercia da política espetáculo.
2. A "operación envolvente" para dar unha patada no cu a Anova (entendida esta non coma as siglas continxentes desta organización -ao fin e ao cabo o menos importante- senón como a expresión do proxecto político que considera que do proceso de Unidade Popular que arrancou con AGE debía nacer un suxeito político galego de esquerdas -polo tanto non necesariamente nacionalista, ollo-), tamén fracasou.
A este respecto, algo de memoria:
En todo caso, isto é pasado. De cara ao futuro, as eleccións do 26 X deixaron, polo menos, dúas cousas claras:
1. O asalto aos ceos, que -na enésima baixada de listón- desta volta pasaba polo sorpasso ao PSOE, fracasou. Os resultados do fenómeno Podemos, se non chega a ir no Estado en coalición con IU, serían aínda máis magros. Neste sentido, o 26X marca o comezo da fin da burbulla podemos. A partir de agora o eventual avance dese partido vaise deber a un traballo máis pedestre e desagradecido que á inercia da política espetáculo.
2. A "operación envolvente" para dar unha patada no cu a Anova (entendida esta non coma as siglas continxentes desta organización -ao fin e ao cabo o menos importante- senón como a expresión do proxecto político que considera que do proceso de Unidade Popular que arrancou con AGE debía nacer un suxeito político galego de esquerdas -polo tanto non necesariamente nacionalista, ollo-), tamén fracasou.
A este respecto, algo de memoria:
O bloqueo interesado da mesa de coordinación
de En Marea para que esta se democratizase e territorializase inmediatamente
despois das eleccións do 20 de decembro de 2016 permitiu que tomase corpo ese
sucedáneo da Marea Atlántica chamado Mareas en Común. Cando, debido a este
bloqueo, En Marea concorre de novo coa fórmula de coalición -cometendo o
despropósito de pretender falar outravolta de grupo parlamentario propio ao tempo
que nada se fixera na fórmula xurídica de concorrencia para que este tivese
algunha posibilidade máis de levarse a cabo- Marea Atlántica ponse de perfil e,
ao tempo, Mareas en Común comeza a enarborar o discurso democratista e
horizontalista que a propia Marea Atlántica contribuíra a bloquear en En Marea.
Antes das xerais, e de cara ás autonómicas,
EU, na boca de Yolanda Díaz, expresa a súa aposta por En Marea como fórmula de
concorrencia ás xerais e por Mareas en Común como fórmula para as autonómicas.
Ao tempo, Garzón, o líder de IU, exprésase en twitter no mesmo sentido: En
Marea para as xerais, MeC para as autonómicas. Outro tanto fai Ada Colau, sen
dúbida influenciada por Marea Atlántica. A guinda do pastel pona Xulio Ferreiro
cando, en lugar de pechar campaña en Compostela con En Marea, decide pechala en
Madrid con Unidos Podemos. A envolvente estaba lista. A consecución do sorpasso
deixaría ao que representa Anova sen espazo vital. Mareas en Común sería o
espazo para as autonómicas, un espazo onde se incluirían EU, Marea Atlántica e
Podemos.
O fiasco dos resultados electorais torceu os
plans. Agora podíase argüir que a baixada de votos de En Marea tiña que ver co
ninguneamento do factor "galego", co desprezo á figura de Beiras etc.
Marea Atlántica estaba noqueada despois de que o seu alcalde apostase tan
fortemente por Madrid en detrimento de Santiago. Mareas en Común, rápido
habería comezar a facer xestos para ofrecerse máis como "pata" que
como "espazo central" da confluencia de cara as autonómicas.
Aí chega o escrito dos alcaldes. O manifesto
convoca unha asemeblea constituínte para o 30 de xullo. Constituínte, suponse
que quere dicir, constituínte, porén, danse xa como elementos de partida os
documentos elaborados por Mareas en Común. Confórmase unha xestora da asemblea
cuxa composición, polo que se vai coñecendo, é bastante cuestionable e dase por
suposta a existencia dun chamado "candidato de consenso".
A aparición do manifesto dos alcades introduce
unha contradición extra no espazo Podemos, onde a loita interna de faccións
leva a que os deputados de En Marea, que, paradoxalmente, nas negociacións en
Madrid para decidir se En Marea irá ao mixto ou quedará no Grupo Confederal se
comportan como auténticos patriotas de siglas podemitas, teñan que defender o
espazo de confluencia fronte a Carmen Santos, antigamente partidaria da
confluencia e hoxe depositaria das esencias do patriotismo de siglas podemitas.
Un cúmulo de despropósitos e cambios de parecer que fan pensar máis nunha
partida de trileiros do oeste que en xente que non deixa de dar a brasa co
fetixe dos "códigos éticos".
O vindeiro 30 de xullo asistiremos ao final
dun tempo político partidario en Galicia. O que se ventila -ou, o que para min se debería ventilar nesa data- non ten
que ver só coas eleccións autonómicas. Unhas eleccións ás que o PP chega
bastante mellor do que se podía aventurar hai uns meses. O que se decidirá nesa
asemblea será se o que saia do longo proceso que arrancou con AGE
en Galicia dará lugar a un suxeito político galego ou a unha franquicia de Podemos.
Quere isto dicir que, á hora da verdade, e ante a profusión de siglas e
chiringuitos variados á que asistimos nos últimos tempos, a cousa vaise
polarizar arredor desta cuestión. Só agardo que o que se vende como asemblea
constituínte, sexa efectivamente unha asemblea constituínte, sen grupos de
falicitación e outros "enxeños" para pastorear ovellas. Se esa asemblea é
realmente constituínte e non a enésima patada á pelota para que xente con ideas
incompatibles concorran xuntas ás eleccións, todo o mundo terá que retratarse. A
implosión, logo, deste espazo heteroxéneo e incoherente será inevitable. Se a implosión non se produce nesta asemblea, producirase despois das eleccións, o que se poderá ler coma unha fraude ao electorado.
O
resto, trangalladas para, nunca mellor dito, marear ao persoal.
Sem comentários:
Enviar um comentário