4/01/2015

Os cortesáns e o cabaleiro

Existe algo execrable en que un/unha artista queira ver a súa obra adornando a súa cidade? Absolutamente nada. É máis, que un artista queira que a súa obra sexa gozada -previo concurso público e xusto pagamento, por suposto- na praza pública da súa cidade en lugar de se converter en mercadoría privatizable e suxeita á especulación do valor de cambio, hónralle. 
Pero, a ninguén pode estrañar que a un lle veñan á cabeza os pintores cortesáns do século XVII, ante o espectáculo da colaboración (ou colaboracionismo) de diversos artistas da cidade na electoralista política de Abel Caballero. Un alcalde que, malia acceder ao posto cos votos da súa esquerda e aprobar os orzamentos cos votos da súa dereita, outórgase unha representatividade absoluta (La Cité, C'est Moi) e que pretende facer de Vigo unha sorte de plató de cartón pedra (observemos en que consisten as diversas obras inauguradas: tapar un feo panorama de casas caóticas na Avenida Martínez Garrido; disfrazar os rasantes xigantes que deixou e deixa a especulación urbanística, no caso dos murais) no que o brillo e a espectacularidade das cores impidan ver as arañeiras e a decadencia da cidade do paro desbocado e da exclusión social rampante.













Sem comentários: