1/19/2015

Lecturas Coxas. Ampliando o neghocio


O ano en que O Funambulista Coxo cumpre os 10 (pois foi alá polo 2005 cando comecei a andar precariamente sobre estes arames) abro este novo espazo no que publicarei traducións propias (feitas cando boamente poida e me apeteza) de textos que me resulten interesantes; ben porque concorde co que neles se di, ben porque, sen concordar con eles, me parezan incitadores para o debate.

O primeiro dos textos titúlase "Os límites do liberalismo" e, ao meu parecer, ademais de dar no cravo á hora de abordar a cuestión da liberdade de expresión, acerta, sobre todo, á hora de diferenciar entre unha esquerda máis proclive á abstracción política arredor de principios como o laicismo universalista e unha esquerda máis volcada na praxe e no activismo que, como apunta John Rees, considera que a relixión, o mesmo que outras realidades socio culturais, cumpre en cada contexto un rol determinado e non sempre necesariamente reaccionario; rol que debe ser coidadosamente analizado e valorado por quen non renuncie a actuar no mundo tal cal é, coas súas contradicións e complexidades, e non no mundo tal como dería ser.

Agardo que resulte de interese.




Sem comentários: