1/26/2015

Grecia 2015

Como na Latinoamérica dos noventa, na Europa da Grande Crise os pobos esganados polo neoliberalismo —tal que o grego— rebélanse nas urnas. A diferenza: os estados latinoamericanos contaban aínda coas súas propias moedas, os seus bancos centrais e todas as capacidades para exerceren en tanto que estados soberanos o suficientemente intactas como para construír rexións económicas alternativas (ALBA). A Grecia que onte asistiu á vitoria de Syriza non está na mesma situación. Un país do peso económico do grego terá pouca capacidade de negociación co monstro noreuropeo. Só a alianza con outros países maiores poderá abrir unha fenda real. Pero, salvo, quizais, na Francia do ultradereitista (pero antieuro) Fronte Nacional, a existencia de gobernos antitroika noutros países é algo que aínda está por ver. O horizonte en Grecia é sombrío. E ten basicamente dous desenlaces que desafíen o There Is No Alternative: agardar a que a hipótese do efecto dominó mellore a correlación de forzas dentro da UE sen defraudar as esperanzas que os cidadáns depositaron no programa de emerxencia social de Syriza (programa que será imposible de realizar en paralelo á escravitude dos Memorandos) ou iniciar o duro camiño da reconstrución a través da asunción plena da soberanía que só lle proporcionaría a saída da eurozona.

Sem comentários: