5/01/2014

Primeiro de maio



«Que quere dicir iso de ser un bo sindicado? Seguramente é moito máis do que imaxinas. Coller o carnet, os selos, non é apenas nada. Exectuar fielmente as decisións do sindicato, loitar cando hai que loitar, sufrir cando hai que facelo, tampouco non basta. Non creas que o sindicato é simplemente unha asociación de intereses. Os sindicatos patronais son asociacións de intereses; os sindicatos obreiros son outra cousa. O sindicalismo é un ideal no que hai que pensar todos os días, no que hai que ter sempre postos os ollos. Ser sindicalista é unha maneira de vivir, quere dicir axustarse en todo o que se fai ao ideal sindicalista. O obreiro sindicalista debe comportarse durante todos os minutos que pasa na fábrica de maneira distinta á do obreiro non sindicado. No tempo en que non tiñas ningún dereito, podías non recoñecerte ningún deber. Agora es alguén, posúes unha forza, obtiveches melloras; pero a cambio adquiriches responsabilidades. Nada na túa vida de miseria preparouche para facerche capaz de asumilas, sen iso os beneficios recentemente adquiridos esvaecerían un bo día coma un soño. Non se conservan os dereitos máis que se se é quen de exercelos.»

Carta de Simone Weill a un novo afiliado ao sindicato CGT que vería, a calor da onda mobilizadora da Fronte Popular, incrementar a súa afiliación exponencialmente. 1936.

2 comentários:

Voz en off disse...

Ás veces custa confiar no novo sindicalismo, saúdos!!!

Voz en off disse...

Ás veces custa confiar no novo sindicalismo, saúdos!!!