Co gallo do terceiro aniversario do chamado movemento 15M Marcos Pérez Pena envioume un pequeno cuestionario para Praza Pública. Velaquí as miñas respostas.
Tres anos despois do 15M, que queda daquel movemento. En que se transformou, que efectos tivo na sociedade?
Na miña opinión o máis importante do 15m probablemente sexa que desnaturalizou —a ollos de moita xente até entón non moi politizada— unha desas palabras que antes formaban parte da paisaxe, que non estaban problematizadas: a palabra “democracia”. Tras décadas de abuso do termo por esas elites culturais e políticas que emerxeron coa Transición, abuso especialmente noxento no contexto do conflito vasco, de pronto a consciencia en multitude de persoas de que o que tiñamos non era unha “democracia real” foi un paso de xigante para rachar os marcos discursivos do softpower que se move máis comodamente na xestión tecnocrática que no antagonismo político. A mellor herdanza que probablemente deixou o 15M foi iniciar ese percorrido que vai do “non nos representan” (a denuncia do sistema político baseado nunha democracia representativa de moi baixa intensidade) ao “pan, traballo, dignidade” das Marchas da Dignidade do 22M de 2014 (a denuncia do sistema económico, un sistema económico até hai pouco tan transparente que a palabra “capitalismo” desaparecera durante décadas do debate público.)

Estamos a 10 días dunhas eleccións. En que cambiou o 15M a forma de facer política?
Por centrarnos só na esquerda partidaria galega, o 15M influíu mesmo entre aqueles que o desprezaban e que non souberon ler o significado do mesmo. Non pode ser casual que, tras anos de amagos e desencontros públicos, a escisión do BNG que co tempo, e coa incorporación doutras tradicións políticas, daría lugar a Anova e a AGE —co que esta coalición ten de desafío ao tradicional sectarismo da esquerda partidaria— tivese lugar despois do 15M e do ciclo mobilizador que este inaugurou. Un toque de atención que deixaba clara a tremenda desconexión das estruturas partidarias coa xente do común. E un revulsivo que, sen dúbida, provocou que quen tivese dúbidas a respecto de si cumpría ou non tratar de mover as cousas na esquerda partidaria, deixase de dubidar e que quen daquela desprezaba e minusvaloraba ese movemento, hoxe tivese que tragar as palabras e asumir e incorporar na súa linguaxe, maneiras comunicativas e funcionamento interno moitos dos principios e arelas que enarboraba o 15M.
Polo que toca ao socioliberalismo do PSOE, o 15M supuxo tamén un incremento exponencial do descrédito, en capas sociais cada vez maiores, do turnismo bipartidista.

E, de igual xeito, en que cambia o 15M a forma de comunicar dos movementos sociais e de consumir e relacionarse cos medios de comunicación?
Do mesmo xeito que o 15m fixo ver a moita xente que o que parecía democracia non o era tanto, que o que parecían partidos políticos antagónicos eran en realidade metástases dun único partido, serviu tamén para espallar a desconfianza a respecto dos medios de comunicación de masas. O esgotamento de todas as estruturas saídas da Transición afecta tamén aos medios de comunicación, cos medios do grupo PRISA —en tanto que vertebradores político-culturais da España que vai da morte de Franco á crise financeira mundial— como epígonos deste devalo da credibilidade de todos os poderes hexemónicos. A profusión de diarios, máis ou menos á esquerda, creados na rede nestes últimos anos co ánimo de recoller a desafección cos vellos medios, poden interpretarse como outro sinal que nos está a falar da fin dun tempo que en boa medida comezou a morrer cando o 15m comezou a agromar.
Mirando atrás, que leccións (positivas e negativas, dos acertos e erros) podemos tirar do 15M?
O máis positivo do 15M foi que nos volveu lembrar o potencial das masas para faceren historia, que non hai institución que se sosteña sen gozar de hexemonía ideolóxico-cultural destinada a espallar a resignación nas maiorías sociais para que estas non se distraian dos seus quefaceres diarios no sistema produtivo e que a xente corrente mobilizada e con vontade de autoorganizarse pode desafiar esa hexemonía e, eventualmente, derrotala. Un aspecto á vez positivo e negativo do 15m era o seu carácter utópico. Positivo polo que isto ten de apertura, de non conformismo co existente. Negativo polo que ten de adanismo e de crenza en que a acumulación de persoas nunha praza durante un tempo determinado pode conseguir mudanzas políticas de calado en algo tan sólido como é un Estado e un sistema económico.
Cres que sería beneficiosa unha (re)activación no movemento, seguindo algúns dos elementos que significaron o 15M: traballo en rede, xeración dun programa mínimo, ocupación do espazo público, modificación da axenda pública?

Como dixen máis arriba creo que en certa forma as Marchas da dignidade xa supuxeron unha certa reactivación da mobilización a grande escala, unindo a vontade de ser movemento para as maiorías cunha maior concreción en canto á cuestión económica e cunha maior toma de consciencia nalgúns temas centrais como poidan ser, por exemplo, o papel que hoxe xoga a Unión Europea na virulencia dos ataques aos de abaixo que estamos a vivir. Pero tamén segue a estela do 15M a emerxencia das Mareas e, sobre todo, das PAH, movemento este que tamén simboliza un paso adiante a respecto do 15M no sentido de que non fía todo a unha única mobilización nunha data sinalada senón que toma a forma de rede organizativa de maior estabilidade e cuns liderados simbólicos mellor definidos que axudan a que os seus obxectivos programáticos sexan moito máis concretos, máis articulables e, polo tanto, máis dificilmente cooptables.
Sem comentários:
Enviar um comentário