4/04/2014

Textos escollidos para ler o presente (XVII)





Que é a dependência?

Definimos como dependência uma situação em que a economía de determinados países está condicionada pelo desenvolvimento e a expansão de uma outra economía, à qual estão submetidas as primeiras. A relação de interdependencia entre dois ou mais países, e entre estes e o comercio mundial, toma a forma de dependencia quando algumas nações (as dependentes) só podem fazê-lo como reflexo dessa expansão, a qual pode ter um efeito negativo ou positivo sobre o seu desenvolvimento imediato”(Dos Santos, 1968).
O conceito de dependencia permite-nos ver a situação interna destes países como parte integrante da economía mundial. De acordo com a tradição marxista, a teoría do imperialismo foi-se desenvolvendo como um estudo do proceso de expansão dos centros imperialistas e do seu dominio do mundo.
[…]
Quando se analisa o proceso de constituição de uma economía mundial que integra as chamadas economías nacionais num mercado mundial de mercadorías, capital e mesmo força de trabalho, observa-se que as relações originadas por este mercado são desiguais porque o desenvolvimento de algumas partes do sistema se produz à custa de outras partes. As relações comerciais baseiam-se no controle monopolísitico do mercado, o que conduz à transferencia do excedente dos países dependentes para os países dominantes; as relações financeiras baseiam-se em empréstimos e exportação de capital realizados pelos poderes dominantes, o que lhes permite receber juros e beneficios incrementando-se desta maneira o seu excedente nacional e reforçando-se o seu controle sobre as economías dos outros países. Para os países dependentes, estas relações significa, uma exportação de beneficios e juros que levam consigo parte do excedente gerado dentro das suas fronteiras e lhes faz perder o controle dos seus recursos produtivos. Para permitir estas relações desvantajosas, os países dependentes devem producir grandes excedentes, não por medio da criação de um nível tecnológico mais alto, mas explorando ao máximo a sua força de trabalho.

A estrutura da dependencia. Theotonio Dos Santos (1969).

A crise do euro

Algúns argumentaron, nos primeiros anos da crise, que esta reacción asimétrica das primas de risco foi debida ao mal comportamento fiscal de certos Estados. Porén, se examinamos os países que tiveron maiores aumentos na prima de risco —Grecia, Irlanda, Portugal, España e Italia— semella claro que o problema non estivo nos déficits públicos excesivos. De feito, antes de 2008, España e Irlanda tiveron superávits fiscais. E España, como antes sinalei, chegou a ter unha débeda pública por debaixo do 40% do PIB en 2007. Non hai base, polo tanto, para establecer unha conexión xeral entre primas de risco e déficits públicos. Tan só no caso de Grecia coinciden ambas variables.
Máis ben, semella que a clave está no tipo de endebedamento dos países. Os países afectados tiñan en común unha balanza comercial negativa a unha forte exposición ao crédito externo. Ao se poderen financiar aos prezos de Alemaña, a burbulla ocasionou un aumento enorme das importacións en Grecia, Portugal e España e, en menor medida, en Irlanda e Italia. Alemaña, en cambio, entre os anos 2003 e 2007, tivo un superávit por conta corrente por riba do 5% do PIB.
Non está de máis lembrar que, de acordo coa ortodoxia económica imperante nos anos noventa, as balanzas comcerciais entre países que formaban parte dunha unión monetaria eran irrelevantes para o funcionamento da economía. Que España importara moito de Alemaña e Alemaña pouco de España era algo tan anecdótico como que Extremadura importara moito de Cataluña e Cataluña pouco de Extremadura. Carlos Solchaga expresou esta idea coa contundencia que o caracterizou sempre; ao referirse aos cambios que ía producir o euro, escribiu: “A única balanza de pagos relevante será a da Unión Europea fronte ao resto do mundo. A balanza comercial de España será simplemente un atavismo para mercantilistas, especie que, por sorprendente que pareza, aínda non se extinguiu no noso país”.
Menos mal que os “mercantilistas” non se extinguiron de todo. Hoxe sabemos que as balanzas comerciais dunha unión monetaria imperfecta como a do euro son cruciais, pois xeran profundos desequilibrios entre as partes que non poden ser corrixidos cos instrumentos habituais das políticas económicas nacionais. Cando o crédito se conxela, como sucedeu a partir de 2009, as consecuencias poden ser desastrosas para os países con balanzas máis negativas, xa que ao non poder seguir  financíando a débeda externa, a economía vese obrigada a experimentar un axuste brusco e profundo. O resultado é moi parecido ao de moitas outras crises en países en vías de desenvolvemento cuxas economías están dolarizadas, só que neste caso ten lugar no continente máis desenvolvido do mundo (na Unión Europea, en lugar de dolarizadas, as economías están “xermanizadas”).

La impotencia democrática. Sobre la crisis política de España. Ignacio Sánchez Cuenca. 2014.

Sem comentários: