4/06/2014

Conspicua marxinalidade




Do escrito sacado onte polo novo grupo político de Anova que pula porque non haxa grupos políticos en Anova (?), destaco este parágrafo que é pura doutrina dos dous mundos, é dicir, puro BNG, é dicir, xusto o que o EI, partido onde estaban estes conspicuos neocríticos, criticaba ao BNG hai dous días, e que me leva a pensar que un número significativo de persoas aplaudían con entusiasmo as conferencias de Xosé Manuel Beiras sen saber moi ben o que estaban a aplaudir (porque a hipótese do cinismo non quero contemplala). O parágrafo en cuestión é un dislate que só aposta pola marxinalidade e a impotencia política (ademais de caer no tópico upegallo de ver o nacionalismo como unha ideoloxía política):

"Tamén que debemos aumentar o ámbito de incidencia do proxecto nacionalista a partir da base social actualmente identificada co mesmo.
Isto non virá da man da tentativa de converterse na alternativa de sectores sociais que teñen uns intereses e/ou unha ideoloxía contraditoria coa base social máis conspicua do nacionalismo."

Sem comentários: