1/25/2014

Entrementres, un libro


A esquerda ten unha responsabilidade histórica. No corazón da treboada perfecta, establecer dinámicas de cooperación entre organizacións rupturistas e de esquerda das nacións periféricas do Estado español e a esquerda federal e confederal que respecta o dereito de autodeterminación dos pobos é unha cuestión de supervivencia. Abrir esa cooperación á construción de vasos comunicantes cos movementos sociais, algo indispensable. Esta acumulación de forzas pode resultar determinante nun futuro próximo. Non debemos equivocar o inimigo, porque o inimigo non se equivoca connosco.

Así di o texto da lapela de Entrementes. Ensaios para unha nova cultura política. Libro que sae do prelo da man de Corsarias con dous editores e prologuistas de luxo: Daniel Salgado e Manuel Barreiro. No volume inclúense dous traballos da miña autoría, outro escrito en mancomún con Manoel Santos e Xurxo Martínez e un cuarto escrito a catro mans con Antón Dobao.

Sem comentários: