Extracto do libro O odio á democracia de Jacques Ranciere.
«Porque, supoñendo incluso que os títulos para gobernar non sexan contestables, o problema é saber que goberno da comunidade se pode deducir. O poder dos anciáns sobre os novos reina certamente nas familias e pódese imaxinar un goberno da cidade sobre o seu modelo. Calificarase exactamente chamándoo xerontocracia. O poder dos sabios sobre os ignorantes reina dunha forma xusta e lexítima nas escolas, e pódese instituír a súa imaxe; un poder que se chamará tecnocracia ou epistemocracia. Establecerase así unha lista dos gobernos fundados sobre un título para gobernar. Pero un só goberno faltará na lista, precisamente o goberno político. Se político quere dicir algo, quere dicir algo que se axusta a todos os gobernos da paternidade, da idade, da riqueza, da forza ou da ciencia, que teñen curso nas familias, as tribus, os estudos ou as escolas, e que propoñen os seus modelos para a edificación das formas máis amplas e máis complexas de comunidades humanas. Fai falta algo máis, un poder que vén do ceo, di Platon. Pero do ceo xamais viñeron máis que dúas sortes de gobernos: o goberno dos tempos míticos, o reino directo do pastor divino pastando o rabaño humano; e o goberno do azar divino, o tirar á sorte dos gobernantes, isto é, a verdadeira política, pero non pode facelo máis que sobre a base da desorde mesma, que cortou o azo entre os xefes das tribus da cidade e os daimóns servidores de Cronos.
Tal é o fondo do problema. Hai unha orde natural das cousas segundo a cal os homes agrupados son gobernados polos que posúen os títulos para gobernar. A historia coñeceu dous grandes títulos para gobernar aos homes: un que sostén a filiación humana ou divina, isto é, a superioridade no nacemento; a outra que sostén a organizacion das actividades produtivas e reprodutivas da sociedade, isto é, o poder da riqueza. As sociedades son habitualmente gobernadas por unha combinación destas dúas potencias, ás cales, en proporcións diversas, reforzan a forza e a ciencia. Pero se os anciáns deben gobernar non só aos novos, senón tamén aos sabios e aos ignorantes, se os sabios deben gobernar non só aos ignorantes, senón aos ricos e aos pobres, se deben facerse obedecer polos detentores da forza e comprender polos ignorantes, fai falta algo máis, un título suplementario, común aos que posúen todos estes títulos pero tamén común aos que os posúen e aos que non os posúen. Agora, o único que resta é o título anárquico, o título propio aos que non teñen máis título para gobernar que para seren gobernados.
É isto, en primeiro lugar, o que a democracia significa. A democracia non é nin un tipo de constitución nin unha forma de sociedade. O poder do pobo non é o da poboación reunida, da súa maioría ou das clases traballadoras. É simplemente o poder propio aos que non teñen máis título para gobernar que para seren gobernados.
[...]
O goberno dos Estados non é lexítimo máis que por ser político. Non é político máis que por repousar sobre a súa propia ausencia de fundamento. É exactamente o que significa democracia, entendida como "lei da sorte". As queixas ordinarias sobre a democracia ingobernable reenvían en derradeira instancia a isto: a democracia non é nin unha sociedade a gobernar, nin un goberno da sociedade, é propiamente este ingobernable sobre o que todo goberno debe, en derraderia instancia, descobrirse fundado.»

Sem comentários:
Enviar um comentário