Os medios de comunicación non son o Cuarto Poder.
Son moito máis importantes: son o espazo onde se crea o poder.

Manuel Castells. Comunicación e poder
Nunha ocasión linlle a Xosé Luís Barreiro unha reflexión que me pareceu acertada (algo, dito sexa de paso, que non me sucede a menudo co ex-conselleiro de Fraga). Dicía Barreiro que no tempo en que o franquismo comezaba a dar síntomas de esgotamento, o galeguismo, en lugar de dedicar os seus esforzos a se organizar politicamente, dedicáraos a "editar libros". Como consecuencia daquel erro histórico Galiza pagou un forte prezo nas negociacións da transición e no papel que lle habería corresponder a este país na etapa "democrática". Pero malia que hoxe observemos de maneira crítica o feito de que o piñeirismo só atendese o eido cultural deixando o aspecto da organización política ao que daba de si o entrismo nos partidos xa existentes (nomeadamente o PSOE), vemos como, nas últimas décadas, a esquerda soberanista galega volveu caer, paradoxalmente, noutro erro de igual magnitude histórica que o do piñeirismo. Así, se un repara na importancia que deron as organizacións máis grandes do movemento soberanista galego (en principio as que terían máis recursos para paliar esta eiva) á cuestión da comunicación —e dada a importancia dos media nos últimos tempos, a atención dada á batalla ideolóxica— chegará á conclusión de que nas últimas décadas padecemos unha sorte de neopiñeirismo informativo máis preocupado por ocupar espazo nos medios de comunicación existentes (como se estes non respondesen a intereses totalmente afastados do proxecto da esquerda soberanista) que por investir enerxías na creación de canles propias nas que aparecer ante a opinión pública.
Pero se isto é o que arrastramos do pasado inmediato, o momento actual non se mostra moito mellor. Se houbese que destacar algo do presente político, habería que comezar polo despiadado ataque frontal que se está a producir contra todas as conquistas sociais obtidas polas clases populares durante o século XX. A sinatura-traición por parte de CCOO e UGT do pacto mediante o cal se sube a idade de xubilación e se complica o acceso a unha pensión digna é un bo exemplo de como este ataque incide nos sistemas de protección social máis básicos. O conflito que está a ter lugar en Winconsin entre traballadores públicos e o goberno do estado é un bo exemplo de como nos EEUU se está a ensaiar (obviamente para despois exportar) o xeito de borrar do mapa, directamente, aos sindicatos e ao sistema de negociación colectiva. As ordes dadas por Merkel para controlar o déficit en toda a UE é un bo exemplo de como se pretende esganar a todo o que quede de economía non privatizada. A bancarización das caixas exemplifica como se pretende expropiar calquera resorte, por máis pequeneiro que sexa, de defensa fronte os caprichos do chamado capital internacional. A belixerancia do goberno Feijóo con todo o que cheire a cultura galega evidencia aquí como se pretende extirpar calquera atisbo de resistencia cultural fronte á "Cultura do Centro Comercial". Que esta nómina de despropósitos (e tantos outros) aparezan reflectidos nos grandes medios de comunicación só desde a perspectiva dos que obteñen algún tipo de beneficio deles proba que o regreso ao século XIX tamén se está a replicar no comportamento das principais cabeceiras informativas. Como nos mellores tempos do capitalismo manchesteriano, os media de hoxe só se poden calificar como medios de comunicación de masas pola capacidade que teñen para penetraren na vida de cantidades inxentes de persoas, pero non porque se encarguen de reflectir a realidade nin de defender os intereses desas mesmas masas ás que se dirixen. A prensa é hoxe, o mesmo que no século da revolución industrial, cada vez máis prensa de clase.
Tres anos despois de que a crise financeira estourase no centro do sistema estamos vendo agora, na imprescindible periferia árabe, como a mestura da loita obreira coas novas formas de organización e información potenciadas por internet están permitindo que coallen en grandes revolucións o que comezara só como folgas e protestas ailladas. Pero esta nova demostración de forza dos movementos-redes sociais permite tamén enxergar algunha das súas carencias. Como puña de manifesto hai pouco James Petras, a incapacidade deses movementos para construíren a arelada alternativa despois de botar ao tirano do poder deixa ás claras que a atomización (cuxo máximo epígono é a figura do activista que usa twiter para espallar ideas) pode ser puntualmente eficaz pero é inútil (á espera sempre da evolución duns acontecementos aínda en plena efervescencia) cando do que se trata é de materializar en decisións políticas concretas as grandes correntes de cambio. Unha ensinanza esta que, no caso noso tan dado ao quixotismo e ao minifundio, non deberiamos desprezar.
Sexa como for, e posto que calquera solución será colectiva ou non será, gustaríame convidar desde aquí ao acto que o Colectivo Cultural A Nave das Ideas ten organizado para o vindeiro 25 de marzo na Casa da Cultura de Vigo e que, baixo o título Os medios de comunicación galegos a debate. Hai alguén aí? pretende dar protagonismo a un tema, o da información, no que, literalmente, vainos a vida como seres autónomos e como pobo.

Sem comentários:
Enviar um comentário