Hai tres cousas importantes na Historia: en primeiro lugar, o número;
en segundo lugar, o número; e en terceiro lugar, o número. Isto quere dicir que,
por exemplo, os negros en Sudáfrica acabarán un día calquera por gañar, mentres que,
probablemente, os negros de Norteamérica nunca van saír de onde están.
Isto quere dicir que a Historia non é unha ciencia moral:
dereitos, compaixón, xustiza, son conceptos alleos á Historia.
Le déclin de l’empire américain. Denys Arcand (1986)

Segundo declarou Alain Badiou nunha recente entrevista, os traballadores e traballadoras estranxeiros residentes en países desenvolvidos ocupan, no presente momento histórico de crise, unha posición central. Ante esta realidade nova atopamos na esquerda tres posibles posturas:
A primeira delas viría encarnada por certo xacobinismo estatalista (p. e. o de Verstrynge) que considera que a inmigración é unha necesidade do capitalismo nada beneficiosa para as clases obreiras nacionais e que, polo tanto, avoga por unha especie de Lepenismo vermello que incida na necesidade de repatriación dos estranxeiros e no fortalecemento económico e sindical da clase obreira autóctona. A maior eiva desta postura? Caer na inxenuidade de considerar a inmigración coma un fenómeno reversible sen que se leve a cabo un mellor reparto do mundo ou, o que é peor, condenar a sabendas aos traballadores foráneos ao papel de espectadores das bondades que o sistema de benestar social occidental brinda aos traballadores occidentais.
A segunda postura fai fincapé nos dereitos inalienables das persoas independentemente do seu lugar de nacemento, apela á solidariedade cos sen papeis e denuncia a falta de escrúpulos dun sistema que explota os traballadores necesarios e que deixa morrer no mar os considerados excedentes. A maior eiva desta segunda postura radica en non ter conseguido crear nexos sólidos (por máis que tentativas como a de seresidesdecides sexan dignas de loanza) que integren as loitas dos estranxeiros coas da poboación autóctona.
A terceira postura —desafortunadamente maioritaria na esquerda nacionalista galega— é a da indiferenza ante o tema. Bótase en falla aquí unha reflexión sobre o fenómeno da inmigración. Dirase que se non se levou a cabo foi porque en Galiza a masa de estranxeiros aínda é cativa de máis. Engadirase mesmo que os galegos somos aínda emisores e non receptores de emigración. Datos probablemente certos nalgunhas partes do país pero non tanto no que atinxe ás grandes cidades, e menos aínda se incluímos na categoría de estranxeiros (pois así se senten moitos deles) os “nosos emigrantes retornados” —e sobre todo os seus descendentes—.
Como alicerzar entón o vínculo entre o que vén de fóra e o que estando dentro, experimenta a súa vida como alienada? Resaltando precisamente a natureza estranxeira de ambos. Se o grao cero da ideoloxía-sistema no Estado español é a do home-propietario-castelán falante, todos aqueles que desafíen este paradigma (os distintos graos un) serán considerados coma manchas, distorsións, desequilibrios, problemas inasimilables. Sería polo tanto a partir desta natureza excéntrica de todos os diferentes que se podería confluír.
«El llamado inmigrante —di Manuel Delgado en Sociedades movedizas. Pasos hacia una antropología de las calles (Anagrama, 2007)— o el etiquetado dentro de alguna “minoría étnica” se ve convertido en un discapacitado o minusválido de un tipo nuevo: el “cultural”, en el sentido de que, dejando de lado las dificultades idiomáticas o constumbrarias precisas que pueda experimentar a su llegada, se ve cuestionado en su totalidad como ser humano, impugnado, puesto que su por lo demás superable déficit específico se extiende al conjunto de su personalidad, definida, limitada, marcada por una condición —“cultural”, por supuesto, pero que nunca deja de ser pensada como “natural”— en la que no puede ni debe escapar.»
Este novo racismo cultural da dereita revolucionaria que, a respecto da identidade galega tivo xa polo menos dous momentos de gloria (lago), primeiro cando o PP aceptou —polo menos na teoría— a idea de segregar o alumnado segundo a súa lingua ao máis puro estilo apartheid e despois cando o novo Conselleiro de Cultura espetou aquilo de que «a cultura galega limita», está creando un clima no cal o que Manuel Delgado denomina «dereito á indiferenza» (dereito a pasar desapercibido, a non ser marcado socialmente), hase de ver conculcado unha e outra vez. Neste sentido, falar en galego, non dispoñer de recursos económicos, ser de pel escura ou ter sotaque “extracomunitario”, é interpretado, pola gestapo do pensamento, como unha ameaza á orde natural das cousas.
«E se cadra —dixo Badiou na citada entrevista— estamos nunha situación de pre-Acontecemento». Unha situación, polo tanto, imprevisible.
Noutro momento de pre-Acontecemento (a fin da Primeira Guerra Mundial) Alemaña viviu nun lapso de catorce anos unha revolución socialista e unha revolución fascista. Se o paso dunha situación de pre-Acontecemento a unha de Acontecemento producirá hoxe un movemento emancipatorio ou un movemento reaccionario é algo que non podemos saber. Porén, parece claro que de triunfar a particular Reconquista posta a andar pola dereita española, os estranxeiros de aquí e de acolá han ser brancos predilectos. E se cadra, necesitamos un proceso de decantación ideolóxica deste tipo para ver en negativo o positivo dunha alianza estratéxica entre os estranxeiros de dentro (minorías nacionais, pero tamén anticapitalistas, feministas, ecoloxistas, homosexuais, etc.) e os estranxeiros de fóra. Unha estratexia que permita vincular —resituando á esquerda nacionalista galega nas dinámicas mundiais— a nosa pequena loita local coa gran loita global que virá.
Un primeirísimo e tímido paso na forxa desa estratexia? Que as organizacións da esquerda nacionalista galega fagan esforzos por integrar na súa militancia a estranxeiros (de fóra), así como que consideren a pertinencia de incluílos, para as vindeiras eleccións municipais, nas súas listas.

2 comentários:
Moi boa toda a serie de reflexións "weimar"!
No discurso de peche do 1 de maio da CIG na porta do Sol de Vigo non houbo nin unha soa mención á inmigración, ningunha referencia aos traballadores sin papeis que vagan polas rúas das nosas cidades abandoados á súa sorte. Os dous dirixentes sindicais que falaron recitaron toda a letanía dos males da globalización: a desregulación dos mercados, a economía de casino, os paraísos fiscais, os organismos financieiros tipo FMI ou BM, o doble raseiro do primeiro mundo con países tipo China e todo o discurso da antiglobalización de finais dos noventa. Parecen levar unha década de retraso, porque todo ese discurso non o tiñan no seu momento, e, agora que estamos xa noutra etapa eles non ven o que está a pasar diante das súas narices.
Creo que o medo a abordar o tema inmigración por parte do nacionalismo galego é unha mostra máis da súa debilidade. Como seguimos sen aceptar que o tópico da Galiza aillada rematou, non sabemos como integrar nos nosos marcos ideolóxicos realidades novas que nos chegan de fóra. E o peor é que se non construímos nós un discurso político para achegarnos a esas persoas que, como ti dis, vagan polas nosas rúas, outros (os que xa, hoxe por hoxe, son máis numerosos; teñen os medios de comunicación ao seu servizo e contan cunha lingua de vocación internacional coma o castelán) o farán, e coas peores intencións.
Na mani da CIG que citas había unha pancarta sostida por un grupo de africanos. E está moi ben. Pero esa visibilidade dos inmigrantes debería darse tamén nos cargos organizativos (claro que aquí o debate aínda está nas pexas que poñen certas organizacións a abrírense a nova militancia, xa sexa esta de Marrakech ou de Chantada). En canto ao de que algún partido incluíse nas súas listas ás municipais a algún membro estranxeiro que, por poñer un exemplo, falase portugués (pois na actualidade, fóra dos inmigrantes lusófonos, o resto dos inmigrantes falan castelán) non só sería un tanto a favor no que ten que ver cos dereitos básicos dos traballadores inmigrantes, senón tamén unha boa maneira de mostrar, na práctica, que o galego é unha lingua válida para comunicármonos co mundo.
Enviar um comentário