4/12/2009

Variacións sobre a democracia (III)

«El totalitarismo clásico —explica Sheldon S. Wolin en Democracia S.A. La democracia dirigida y el fantasma del totalitarismo invertido (Katz, 2008)— primero se apoderó del poder adueñándose del sistema existente y una vez en el poder procedió a destruírlo. La ruptura fue abrupta y total. El totalitarismo invertido tiene un entorno diferente, sin dramatismo ni movimientos en masa que lo impulsen; sin golpes de Estado ni marchas sobre Roma, sin una discontinuidad abrupta. Hay en cambio una evolución casi imperceptible, una convergencia nada dramática de tendencias y consecuencias involutarias».
Segundo este autor, os EEUU viven, especialmente a partir dos últimos gobernos republicanos, un progresivo proceso de des-democratización. A ocupación por parte das grandes corporacións do aparello do Estado, a coincidencia cada vez maior entre os intereses privados e públicos, un poder xudicial conservador, unha oposición que non exerce como tal, unha economía dependente do conglomerado militar e un sistema de medios de comunicación dedicados por enteiro a mostrar a política como algo que só interesa aos políticos profesionais e a acentuar a apatía dos cidadáns con fin a facer máis doado “xestionar” o corpo electoral (imposible non pensar nas últimas eleccións galegas), está dando como resultado unha auténtica «democracia dirixida».
Pero Wolin non se limita a describir a actual democracia estadounidense como o colofón dun empobrecemento continuado a partir dun momento fundacional esplendoroso, senón que dunha lectura crítica dos textos de, por exemplo, Madison, o autor desvela como mesmo nos "pais" da Constitución americana —non en van os neocons apelan á inamobilidade deste texto coa mesma devoción coa que os evanxélicos apelan ás sagradas escrituras— agachábase o medo a que un movemento heteroxéneo saído desde abaixo —unha “facción” na linguaxe de Madison— conseguise facerse con todos os resortes de poder en aras dun cambio real:


«Madison estaba empeñado en crear una política artificial, lo que quedaba después de paralizar la auténtica política de reclamas populares mediante un sistema de controles y equilibrio. La mayor fuente de peligro para un gobierno libre —argumentaba Madison— estaba en que un facción de la mayoría lograra el control del poder gubernamental; esto tenía mayores posibilidades de suceder cuando la sociedad estaba gobernada por una “democracia”, un sistema basado en el gobierno de la mayoría. Como la revolución de 1776 había dependido de la participación popular y, como resultado, había despertado expectativas democráticas, la conveniencia política dictaba la necesidad de controlar dichos impulsos democráticos más que de suprimirlos. En resumen, ¿cómo dirigir la democracia o cómo explotar la división y de esa manera diluír lo popular?»

Na nosa democracia actual, ademais da creación de contrapoderes autoreguladores a mellor maneira de “diluír o popular” é crear compartimentos estancos culturais (inmigrantes, homosexuais, mozos), unha inflacción de morais privadas que loitan e interactúan sen atacar nunca os alicerces do sistema.
Pero para Wolin non todo é desbotable. Ao longo dos anos e de loitas o demos acadou conquistas importantes nas que a idea de interese colectivo abriu camiño. O sistema de seguridade social sería o mellor exemplo disto. De aí que fronte a utopía neoliberal, unha utopía tan ancorada en ideas premodernas como experta no manexo das novas teconoloxías e nas técnicas de comunicación, Wolin avoga por unha outra utopía baseada na re-descuberta. Nas súas propias palabras:


«He usado insistentemente verbos que no están de moda —“restablecer”, “revivir” y “revocar”— con el fin de sugerir la necesidad de revertir las perspectivas temporales y de esa manera recordar o volver a aprender las razones por las cuales creímos que la nación podía combinar controles sobre el poder gubernamental con programas sociales democráticos (...). Los enemigos de la democracia son los radicales de nuestro tiempo, los futuristas empeñados en reducir sustancialmente la democracia social y constitucional del pasado reciente».

Consistiría, en suma, en reivindicar o sempre inacabado proceso de construcción da Democracia, en tanto que forma de xuízo político externo ás institucións do Estado, e de diferencialo nitidamente do modelo de democracia dirixida que actualmente padecemos.

Sem comentários: