Para David Harvey a incesante ocupación do espazo —da que a voracidade inmobiliaria constitúe o vértice máis prosaico— é consubstancial ao capitalismo. Tamén Peter Sloterdijk nos mostrou en En el mundo interior del capital. Para una teoría filosófica de la globalización (Siruela, 2007) como desde os galeóns españois e portugueses que intercambiaban ouro por biblias até a vertixe dos movementos instantáneos de capitais financeiros dunha parte a outra do globo —Marx e Engels definiríano no Manifesto Comunista como «A conquista do espazo polo tempo»— a continua colonización espacial do mundo é unha necesidade deste sistema económico, até o extremo de que agora que xa case non fica nada por conquistar, a invención do ciberespacio —o mundo do «capitalismo sen friccións» na opinión utópica de Bill Gates— constitúe a nova xeografía dispoñible.
Após a dexeneración durante o século XX das utopías da esquerda en réximes de terror e fracaso económico, é a dereita (os «radicais futuristas» en palabras de S. Wolin) a que non sente rubor en levar á práctica a súas propias utopías a-históricas. E os muros reaparecen. De Palestina a Melilla, das favelas do Río de Janeiro ás barriadas de Bos Aires, de Río Grande a Santa Cruz de Bolivia, das privadopías suburbabanas axardinadas á reivindicación dun sistema educativo selecto e segregado, os ricos do norte e as illas de riqueza do sur encastélanse.
«El rechazo general del utopismo a lo largo de las dos últimas décadas debería entenderse como el hundimiento de formas utópicas específicas, tanto en Oriente como en Occidente. El comunismo ha sido ampliamente desacreditado como proyecto utópico, y ahora el neoliberalismo se considera cada vez más un proyecto utópico incapaz de prosperar. (...) ¿Deberíamos, por lo tanto, simplemente dejar morir cualquier idea de utopismo sin lamentar su muerte? ¿O deberíamos intentar reavivar y reiniciar las pasiones utópicas una vez más como medio para galvanizar el cambio socioecológico?»
David Harvey contéstase en Espacios de esperanza (Akal, 2003) dicindo que «Hay un tiempo y un lugar en el incesante esfuerzo humano por cambiar el mundo en el que las visiones alternativas, no importa lo fantásticas que puedan ser, son útiles para modelar poderosas fuerzas políticas de cambio. Creo que estamos precisamente en ese momento». Pero para este xeógrafo non se trata de mimetizar utopismos fracasados (a longa lista de materializacións estáticas do ideal como as que naceron naquela illa perfecta imaxinada por Thomas Moore e desembocaron no paraíso terreal comunista sempre adiado tras unha eterna dictadura de proletariado), trátase máis ben de adoptar un «utopismo dialéctico», un utopismo que saiba imaxinar sen perder de vista a realidade na que se insire e as consecuencias do que deixa tras o seu paso. Harvey recorre á metáfora do arquitecto:
«El arquitecto ha estado profundamente involucrado a lo largo de la historia en la producción y búsqueda de ideales utópicos [y] modela los espacios para darles utilidad social así como para dotarlos de significados humanos y estéticos/simbólicos.
(...)
Hacer arquitectura es una práctica espacio-temporal arraigada. Pero siempre hay, sin embargo, un momento en el que debe entrar el libre juego de la imaginación, la voluntad de crear.»
Porque ao arquitecto, ademais de presupórselle aquela vertente imaxinativa precisa, cómprelle sempre ter en conta as condicións materiais existentes —é dicir, a arte do posible— así como as consecuencias que pode carrexar para o tecido urbano e social cada unha das súas decisións.
Mediante esta «arquitectura insurxente», trataríase de crear os novos espazos da universalidade. Espazos descolonizados da lóxica do capital. Conseguir, e aquí volvemos á cuestión da democracia que nos ocupa, que esa multiplicidade de estilos de vida, formas de entender o mundo, morais, relixións, culturas, nacionalidades —esa miríada de intereses particulares— non se contenten cunha pugna política epidérmica, senón que sexan quen de confluír (de formar as «faccións» que temía Madison) baixo intereses comúns —Harvey apunta como exemplos disto último a universalidade do corpo desgastado polo traballo (a microescala) ou a inxustiza universal do cambio climático (a macroescala)— para transformar radicalmente —e só unha alianza con vocación universal como esta será quen de forzar, democráticamente, pero forzar— o actual “marco de convivencia”, o sentido da xustiza —individualista e propietario— hexemónico.

Sem comentários:
Enviar um comentário