Dun artigo titulado Las tradiciones de la izquierda y sus problemas actuales escrito con vocación de repaso histórico pero tamén de análise do que Joan Subirats —catedrático de Ciencia Política— xulga como os principais retos aos que se enfronta a esquerda, quixera resaltar dúas pinceladas que me pareceron interesantes na medida en que son representativas dunha certa toma de postura ante dilemas actuais. No apartado titulado El debate sobre la democracia representativa pregúntase o profesor –ben que de maneira retórica– se «¿Tiene sentido, desde posiciones de izquierda, seguir manteniendo las reticencias tradicionales sobre las promesas incumplidas de la democracia, criticando su visión estrictamente ritual-formalista?» mentres que no apartado titulado El debate sobre la forma partido recoñece que «La mayoría de la gente ve a la izquierda más conectada a procesos de emancipación civil y cultural. Elementos como “seguridad”, “trabajo”, “ocupación”, “coste de vida” forman parte cada vez más en el imaginario colectivo de elementos conectados con la derecha, mientras que la izquierda se liga más estrechamente a “libertad”, a “derechos civiles”, a “participación”, a “derecho de expresión”, a “defensa del medio ambiente”». Axudando así a conformar —en feliz expresión do propio Subirats— un «Neomaterialismo de derechas y [un] postmaterialismo de izquierdas».
Pero de respondermos negativamente á pregunta formulada polo profesor (“En efecto a esquerda debe deixar de pór en cuestión o sistema democrático imperante e integrarse plenamente nel”) non estaremos a apuntalar de vez a situación na cal o materialismo da dereita e o postmaterialismo da esquerda iranse acentuando cada vez con máis forza? Ou, por seguir abundando, se desde a esquerda se contribúe na identificación da Democracia cun tipo concreto de democracia (a liberal), non se está caendo no absurdo de pretender xogar un partido (e gañalo) onde o campo, o árbitro e as normas as decide só un dos equipos?
Nese estado de cousas a dereita non só contará sempre coas mellores solucións en materia económica (as únicas permitidas, diríase) senón que mesmo nas cuestións culturais (postmateriais) acabará impoñendo o seu criterio toda vez que na democracia liberal todos e cada un dos ámbitos remata, tarde ou cedo, por ser subsumido na lóxica do mercado.
Un exemplo ben próximo disto último é a cuestión do galego. Polémica na que os sectores contrarios á nosa lingua (pais de alumnos, empresarios, medios, etc.) botan man finalmente no seu argumentario (o galego non é útil, o galego vai contra a unidade de mercado) da razón instrumental; isto é, da omnipresente, pero intocable, razón económica.

Sem comentários:
Enviar um comentário