11/29/2008

A revolución cultural americana

No moi recomendable ¿Qué pasa con Kansas? Cómo los ultraconservadores conquistaron el corazón de Estados Unidos (Acuarela & A. Machado, 2008), Thomas Frank describe a transformación sociolóxica que levou a un estado –noutrora abandeirado da consciencia obreira e berce no s.XIX de múltiples correntes esquerdistas– a identificarse coa quintaesencia do republicanismo ultraconservador estadounidense. Para Frank o que se vive na Norteamérica actual é a continuación distorsionada e esquizoide da vella idea marxiana da loita de clases. «En los mapas demográficos del condado de Johnson –dinos o autor– las zonas de los incondicionales de derechas destacan por el valor más bajo de sus propiedades y su menor renta per cápita. En términos generales, es más probable que la gente que vive en estos barrios trabaje en una fábrica, sea menos propensa a tener licenciaturas universitarias y experimente los altibajos del ciclo económico posiblemente con más miedo e inseguridad que los abogados y directivos de Mission Hills». Para o autor a base do éxito do que denomina Contragolpe –tamén coñecido como a revolución conservadora– estriba no abandono por parte da esquerda –naquel país o Partido Demócrata– do discurso económico en favor da confrontación en termos culturais: «El elemento clave para reformular el término clase –asegura Frank– es la existencia de una "élite progresista" (...) Los teóricos del Contragolpe sostienen que nuestra cultura, nuestras escuelas y nuestro gobierno están controlados por una clase dirigente excesivamente "educada" que desprecia las creencias y costumbres de las masas» (...) «Según esta tesis los que gobiernan Estados Unidos son fanfarrones despreciables y engreídos. Son afectados. Son soberbios. Son esnobs. Son progres». Máis adiante di: «El gran objetivo del Contragolpe es alimentar una lucha de valores de clase y el primer paso para conseguirlo es (...) negar el fundamento económico de las clases sociales. Después de todo, uno difícilmente puede caricaturizar a los progresistas como la "élite" de la sociedad o presentar al ilustre Partido Republicano como el partido del hombre corriente si reconoce la existencia del mundo de los negocios, el poder que crea la verdadera élite del país, que domina el verdadero sistema de clases y que maneja con destreza al Partido Republicano como su brazo armado en política». E tamén: «Al separar la clase de la economía, han construído una alternativa pro-republicana para el descontento obrero». É por isto que Frank recoñece que «aúnque sus defensores puedan estar equivocados en los hechos, tienen razón en la experiencia subjetiva».
Segundo o autor os ultraconservadores de hogano terían copiado do Populismo, vella corrente esquerdista americana con gran predicamento no estado de Kansas, a súa idea de "cultura do movemento". E en que consiste esta cultura do movemento? En aproveitar cada tema por máis nimio que sexa para buscar a confrontación. Denuncias dos grupos pro-vida, escolla dos valores na educación, suposto maltrato aos veteráns de guerra, conculcacións do dereito a portar armas... E facelo en diversas frontes: periódicos, radios, igrexas evanxélicas, think tanks, manifestacións e reunións dos distintos colectivos civís. A cultura do movemento ultraconservador é unha cultura da "queixa incesante". Unha cultura que na súa axenda ideolóxica aposta sempre polos temas máis previsiblemente irresolubles para non deixar nunca de ter motivos para seguir aumentando a lista de agravios. Na construcción republicana da realidade o goberno federal, os grandes medios de comunicación, os republicanos moderados (chamados RINOs: Rebuplicans in name only) e incluso Hollywod, por sorprendente que nos pareza, obedecerían sempre ordes das elites do leste que, atendendo a misterioras conspiracións, manexarían desde arriba os fíos para oprimir cas súas ideas de políticas públicas, subidas de impostos e proibición das armas, os estados da sinxela América interior. «Gracias a su control total sobre la cultura del pais, los progresistas están en el poder se vote o no a sus políticos; nos gobiernan pese a que los republicanos se hayan impuesto en seis de las nueve elecciones presidenciales desde 1968; pese a que estos dominen en la actualidad las tres ramas del gobierno; pese a que los últimos progresistas declarados mundialmente famosos de la vieja escuela desaparecieran en los setenta; y pese a que ningún candidato a presidente demócrata desde Walter Mondale se haya declarado "progresista"».
Tamén no plano psicolóxico é ben funcional toda esta ofensiva conservadora: «Con sus retorcidas fantasías de victimismo morboso presenta una valiosa contribución al movimiento y proporciona a sus seguidores un bien terapéutico esencial. Saberse víctimas acosadas por un mundo odioso les absuelve de la responsabilidad de lo que ocurre a su alrededor. Les perdona sus fracasos, justifica los arrebatos más irresponsables y les permite, tanto en política como en su vida privada, que resuelvan sus diferencias apuntando con el dedo al mundo exterior y echándole la culpa de todo a una élite progresista depravada».
Cando, desde Europa, viamos o mapa post-electoral dos EEUU volviamos sentir a inmensa distancia cultural que nos separa con aquél país. O azul, acantoado nas costas do Atlántico e o Pacífico, representaba aos progresistas, mentres que o vermello, en todo o resto do mundo sinónimo da esquerda, ocupaba as vastas extensións –maioritariamente republicanas– do centro e sur do país. Pero todo parece indicar –e non falo da recente victoria de Obama– que esta diferenza mingua a gran velocidade. Calquera que observe hoxe en día as estratexias da dereita española non tardará en ver concomitancias con todo o que Thomas Frank nos describe no seu libro. Algunhas case que calcadas: sentimento de movemento capitaneado, precisamente, por xentes noutrora esquedistas, teorías da conspiración por todas partes, locutores eternamente cabreados, apelacións ao "sentido común" do español "que se levanta todos os días a traballar", denigración dos "titiriteros" do mundo do cine e da cultura por vagos e aproveitados das subvencións, campañas antiabortistas, leas polos crucifixos nas escolas, oposición á educación para a cidadanía, creación dun irreal estandar do cidadán español corrente sempre ameazado polos inventos diferenciadores separatistas, división entre "maricomplejines" (Os RINOs autóctonos) e auténticos opositores con agallas... E outros adaptados: a defensa do Estado central fronte ás "taifas" autómicas ou a revisión do pasado tendente a culpar á esquerda de todos os males de España (as recentes declaracións de Esperanza Aguirre dicindo que Franco era socialista, ou a teoría de que a guerra civil foi provocada pola esquerda na segunda república). Se Nova York era para os republicanos de Kansas o sinónimo da corrupta Babilonia e a metonimia da enfermidade moral que se contaxiaba por todo o país, a Barcelona lle tocaría cumprir ese mesmo papel no imaxinario colectivo dos ultraconservadores hispanos.
Ao concepto marxista de capital, Pierre Bourdieu engadiu a noción de capital simbólico para definir aquelas características inherentes á persoa como o honor, o prestixio, a auctoritas, etc. Ata o fiasco do chamado socialismo real a ideoloxía da esquerda posuía (coa súa denuncia das desigualdades económicas e coa súa identificación cos desfarrapados do mundo, co seu fincapé na alfabetización, na educación dos que nada teñen e na igualdade radical de todos os seres humanos) pouco capital económico e todo o capital simbólico representado nas ansias de cambio, na crenza nun mundo máis xusto e mellor repartido. Ao permitir durante todo este tempo centrar o antagonismo en temas culturais, ao esquecer que existe o capital económico, a esquerda, tradicionalmente identificada cos de abaixo, pasou a ser identificada cos de arriba, cos cultos, cos sempre razonables, cos omnicomprensivos, cos sofisticados, cos cosmopolitas; é dicir, cos ricos en capital simbólico. É así como se comprende que a revolución conservadora triunfase precisamente entre as capas máis baixas da sociedade estadounidense. Estas, ao seren inducidas a esquecerse do económico en favor do cultural, perciben aos progresistas como a elite que os oprime e que despreza os seus gustos, hábitos e crenzas –a isto se refire Frank cando di que pese a que obxectivamente estean equivocadas subxectivamente non o están. É tamén así que se comprende como puido o Partido Popular arrasar até hai nada nun país como o noso e que venza por maioría absoluta en lugares nos que até hai poucas décadas (Madrid ou Valencia) a esquerda era hexemónica nas clases populares. Así mesmo, esta mesma lóxica é a que contribúe a que o noso idioma, un idioma ameazado pero aínda ben presente no noso país, apareza cada vez máis como o idioma dos listillos galleguistas que o impoñen nas escolas tras telo cambiado artificialmente ao seu antollo. Pero a preponderancia culturalista na que estamos inmersos non se racha a base de que a esquerda comece a loar o fútbol, as misas de domingo ou as festas gastronómicas; ráchase dándolle a volta ao que fóra invertido: denunciando que é a economía, o capital económico, e non as diferenzas culturais, a que estratifica e divide á sociedade e que é o capital simbólico, a educación, a formación e a capacidade de pensar os matices, o que serve, precisamente, para tomar consciencia da realidade. A ferramenta para mudala.

Sem comentários: