11/10/2008

A mirada do outro

En La vida en común. Ensayo de antropología general (Taurus, 1995) Tzvetan Todorov postula que «La relación con el otro no es un producto de los intereses del yo, es anterior tanto al interés como al yo». Di o sociólogo búlgaro que non cabe preguntarse como o facía Hobbes «¿Por qué los hombres escogen vivir en sociedad?» ou como facía Shopenhauer «¿De dónde proviene la necesidad de la sociedad?» xa que as persoas non poden concibirse sen a súa relación cos demais. Así, «la relación precede al elemento aislado. No viven en sociedad por interés, o por virtud, o por cualquier otra razón; lo hacen porque no hay para ellos otra forma de existencia posible». Con este punto de partida, o sociólogo califica de meritoria a idea roussoniana de «consideración», isto é, a necesidade dos homes, «desde el momento en que viven en sociedad, de atraer la mirada de los otros». O ser humano, polo tanto, constituiríase sobre unha incomplétude orixinaria na que se basearía toda a súa existencia.
Continúa Todorov, botando man de Adam Smith, como segue: «La fuente de todo juicio está en la referencia al otro: así como para Rousseau, para Adam Smith los valores y por lo tanto ética y la estética, sólo pueden nacer en sociedad. No podemos emitir un juicio sobre nosotros mismos sin salirnos de nosotros y mirarnos a través de los ojos de los otros». Todo isto non implica que cada un dos nosos comportamentos deba ser sancionado pola mirada dun outro sempre presente senón que, do mesmo xeito, –ocórreseme– que Berkeley vía a deus como ese percibidor absoluto que garantizaría a existencia do mundo por efecto da súa mirada sobre o mesmo, Todorov recórdanos que Adam Smith falaba do «espectador imparcial y bien informado» como unha construcción mental existente no interior de todos nós, «una imagen ideal de todos los “otros” que encontramos en la vida»; algo que a min me recordou ao «gran outro» lacaniano, a instancia que ordena e dá continuidade psíquica ao que, doutro xeito, só serían accións caóticas carentes de sentido, e que para Todorov non é máis que a «conciencia».
Tamén aborda este libro a dialéctica do amo e o escravo de Hegel –á que xa mencionei no comentario sobre A revoluçao pendente. Feminismo e democracia de Carlos Diegues– guiado pola interpretación que del fixera Alexendre Kojève.
«¿En qué consiste –di Todorov– la diferencia entre el animal y el hombre? El primero actúa en nombre de su instinto de conservación y con ese fin se apropia de las cosas que le son necesarias (alimentos) y se aparta de los obstáculos (los rivales). El segundo hace lo mismo pero no se conforma y busca más que su satisfacción material, aspira a un reconocimiento de su valor que sólo puede provenir de la mirada del otro. Reconocimiento: éste será el término que utilizará Hegel para designar lo que Rousseau llamaba la “consideración” y Adam Smith la “atención”». A noción de recoñecemento de Hegel (de aí que a definise como dialéctica do amo e o escravo) parte de que, posto que ao tempo que eu reclamo recoñecemento o outro tamén reclama que eu o recoñeza, é necesario que «uno lo posea y el otro lo obtenga»; é dicir: «El reclamo de reconocimiento es necesariamente un combate; y puesto que para los humanos el reconocimiento es un valor superior a la vida, es un combate hasta la muerte». Esta idea do recoñecemento como combate é precisamente a que pretende “combater” Todorov con este libro. Así, di o pensador: «en la realidad del origen del individuo hacen falta al menos dos seres para que surja lo humano; pero estos dos seres no son, como en el pensamiento de Hegel-Kojève, dos machos que se enfrentan en un torneo de caballería o sobre un ring de boxeo; son más bien la madre y el niño» e prosegue «al cabo de algunas semanas [do nacemento] se produce un acontecimiento específicamente humano, sin equivalente en los otros mamíferos: el niño intenta captar la mirada de su madre, no sólo para que ésta vaya a alimentarlo o a reconfortarlo, sino porque esta mirada en sí misma [...] lo confirma en su existencia» polo tanto «el niño solicita el reconocimiento de la madre [...] y al mismo tiempo, [...] se encuentra ella misma reconocida en su papel de agente del reconocimiento por la mirada solicitante de su hijo», e abunda: «Puede instalarse una rivalidad entre padre y niño más tarde, el niño puede combatir con su padre o con su madre; pero no en este estadio incial. La idea de lucha está tan alejada de uno como del otro; el niño no combate con su progenitor, lo solicita».
A visión que presenta Todorov dos primeiros pasos do ser humano choca coa teoría da psicanálise que, na opinión do noso autor, «restablece a menudo la concepciones» que describían ao home como «egoísta y solitario por naturaleza» un home que «sólo piensa en la satisfacción de sus deseos» e para o que «la vida en sociedad» co seu altruísmo e xenerosidade só «son un ideal, no una realidad».
No intento por superar a teoría da pulsión de morte e amor freudianas, presenta o autor o que chama teoría dos tres niveis –ser, vivir, existir– que divide ao ser humano no obxecto material que é (o ser), no animal que é (o vivir) e no propiamente humano que é (existir). Así, relacionadas co noso ser material aparecerían pulsións de postración ou de indiferenciación co existente, relacionadas co noso ser aminal aparecerían as pulsións primarias que teñen que ver coa pura supervivencia como a fame ou a sede, pero tamén coa reprodución (polo tanto co outro) e, relacionadas co noso ser específicamente humano aparecerían as pulsións do recoñecemento, do reflexo no outro, da necesidade da sociedade para a nosa propia existencia, do amor.
Adam Smith, o pai da teoría da man invisible que está naufragando nos nosos días, escribiu ademais do seu coñecido A riqueza das nacións, un libro titulado Theory of moral sentiments onde –segundo Todorov– o británico (para quen Rousseau era un aliado fronte ás teorías antisociais de Hobbes ou La Rochefoucauld) continúa as ideas do xenebrino con frases como «La naturaleza, al formar al hombre para la sociedad, [...] le enseñó a encontrar su placer o su pena en las miradas del otro, según sean favorables o desfavorables.» ou tamén: «Es principalmente esta atención a los sentimientos de la gente la que nos hace buscar la riqueza y huir de la indigencia». Moitos dos liberais que enchen estes días páxinas de xornal con escusas xustificativas do fracaso capitalista viron neste compoñente de responsabilidade moral e consideración do outro referida por Smith, a pedra angular –esquecida polos malvados inversores financeiros– que contribuirá –de retomarse trala agardada refundación do sistema– a facer que este volva ser viable. O que oculta a visión do mundo puramente economicista imperante nas nosas sociedades é a moral darwinista de triunfo do máis apto, unha moral que encaixa perfectamente coa concepción hegeliana do recoñecemento en tanto que loita, onde sempre hai un amo e un escravo e onde só o máis forte accede á posición de amo. O que nos fai humanos, en cambio, é aquilo que para Freud non era máis que represión: a cultura, é dicir, o que chamamos civilización, a capacidade de considerar o dereito a existir do outro en pé de igualdade co noso dereito a existir. Todorov, o mesmo que María Xosé Queizán no seu Anti-natura, reivindica o que en nós transcende o puramente animal, o que temos de artificial, como medio que creamos a través das nosas relacións. Se Queizán era rotunda nas súas afirmacións e radicalmente optimista na súa aposta, Todorov, que é máis matizado cando se limita a dicir que na vida en común non está garantida máis que «una felicidad endeble», deixa así e todo unha crítica política dotada dunha boa carga de esperanza: «Si la meta última de las fuerzas políticas de un país es solamente alcanzar el máximo de consumo y el máximo de producción, sin interrogarse nunca sobre el efecto que estos logros tendrán sobre las relaciones interpersonales, el despertar puede llegar a ser brutal: no se puede permitir que se oculte de esa manera lo esencial. Tomar conciencia de que la meta del deseo humano no es el placer sino la relación entre los hombres puede permitirnos que nos reconciliemos con situaciones que aparecerían como insatisfactorias bajo la vara de otros criterios y, a la vez, actuar de modo que se mejore la vida de la sociedad de forma duradera y general». Eis unha tentativa de incluír o que temos de irracional (os nosos desexos) co que temos de racional (o respecto aos desexos dos outros): Afirmar que o que en verdade desexamos non é o noso pracer egoísta, senón, precisamente, a mirada do outro.