8/26/2008

Política da imitación

No seu breve Circunstancias (Libros del zorzal, 2004) Alain Badiou dicía que «La guerra contra Serbia sirvió de test, a escala semi-real, para medir las relaciones de fuerza en el mundo tras el derrumbe del estado soviético y el fin de la Guerra Fría. Fue planeada por los estadounidenses para humillar a Rusia sin tener que enfrentarla, y para dirigir una severa advertencia a China. Así mismo, ha demostrado, justo después del lanzamiento del Euro, que los europeos eran incapaces, incluso en su propio perímetro, de llevar a cabo cualquier acción militar independiente de cierta envergadura. De este modo, convirtió a la OTAN en el dispositivo militar del planeta, en su policía al servicio del orden imperial existente. Nótese que, desde aquella guerra, ya nadie se arriesga, en ningún ámbito, a hacer fruncir el ceño a los Estados Unidos. Pues todo el mundo vio la impotencia de los rusos, el vasallaje de los europeos y la extrema prudencia (¿provisoria?) de China».
Baixo o pretexto da salvagarda dos dereitos humanos e co fantasma da shoah actuando coma mal absoluto sempre susceptible de volver, violouse o principio de soberanía dun país que, se antes era susceptible de crítica a partir dun cento de argumentos, agora o é a partir dun milleiro –como proba ver Promise me this de Emir Kusturica onde o mafioso, o capitalista que pretende construír unha réplica do World Trade Center, o proxeneta e o adulador da democracia coinciden nun só personaxe que ademais ten como afección (e só aquí atopo o exceso da caricatura balcánica tan do gusto deste director) practicar sexo con animais.
A creación ad hoc dun tribunal internacional que se encargue –coma naquel Río Bravo da compañía Chévere– de facerlles aos totalitarios antes Milosevic, agora Karadjic – primeiro un xuízo xusto para inmediatamente despois colgalos, constitúe o corolario moral para unha guerra que supuxo o modelo a seguir polo novo imperialismo cirúrxico que nos nosos días opera en Iraq, en Afganistán e, curiosamente, tamén na Xeorxia esmagada por Rusia.
Pero, por que Rusia? «Practicamente todo lo que constituye a Rusia –di Boris Groys no libro entrevista Política de la inmortalidad (Katz, 2008)– proviene de afuera y no es una producción genuina. (...) La religión y la estructura de dominación fue tomada de Bizancio, (...) en el plano de la administración gubernamental los mongoles dejaron una impronta fuerte, y luego lo hicieron los alemanes. (...) En la educación, o la ciencia, o el arte, todo fue adoptado de Occidente.(...) Ahora también se dice acerca del pasado soviético: “eso, por cierto, no era Rusia, sino que era el marxismo y la Tercera Internacional: todos ellos de origen no ruso, todo adoptado íntegramente de Occidente”».
Se damos por bo o que suxire Groys, a explicación para o que está a suceder no Caúcaso é obvia: a humillada e xa non tan impotente Rusia parece decidida a engurrarlle o cello á superpotencia global utilizando, unha vez máis, a súa habilidade para a mímese. Coma un alumno avantaxado, a Rusia ultraliberal –que segundo Groys ve os países europeos, en comparación con ela, demasiado socialdemócratas– aplica na súa zona de influencia as mesmas receitas disfrazadas baixo as mesmas desculpas moralizantes que antes empregaron os americanos en Iugoslavia e en Iraq: invadir, dividir e rapinar.
Así, nesta nova guerra fría en xestación distintas elites dun mesmo sistema económico pugnan por repartirse mediante as mesmas artimañas o anaco máis grande do pastel. A diferenza cos anos cincuenta? A nova guerra fría será multipolar. Segundo leo en Le monde Diplomatique, o gurú de Barack Obama, Fareed Zakaria vén de profundizar no seu libro The post-American World na realidade do que chama the rise of the rest, isto é, o ascenso dos outros (os chamados BRIC Brasil, Rusia, India e, por suposto, a outra gran experta e copiar a occidente: China).
«A la pregunta –di o xornal de Ramonet "¿se puede ser moderno sin ser occidental?" Zakaria no responde de manera tajante. Piensa que el modernismo occidental ha transformado tanto el mundo que el fin del monopolio occidental del poder no significa el fin del modernismo a la manera occidental. Si un día Estados Unidos es superado, lo será por su propio éxito».
Que o desafío de Rusia en Xeorxia sexa ou non o primeiro capítulo deste morrer de éxito occidental, verémolo co tempo.

Sem comentários: