"O capitalismo como sistema xera o racismo" –dicía Inmanuel Wallerstein nun libro, Raza, nación e clase, escrito xunto a Etienne Balibar hai nada menos que vinte anos– porque "a etnificación da forza de traballo ten como fin facer posibles salarios moi baixos para sectores enteiros da mesma." "[No capitalismo] funciona perfectamente a combinación de universalismo e meritocracia, como base de lexitimación do sistema polos cadros ou os estratos medios e racismo como mecanismo destinado a estruturar a maior parte da forza de traballo" e malia isto, advirte, "funciona só até certo punto xa que estas dúas estruturas ideolóxicas da economía-mundo capitalista están en flagrante contradición. Na súa combinación, o equilibrio é fráxil e sempre está en perigo de rachar, xa que diversos grupos tratan de levar máis lonxe a lóxica do universalismo por unha parte e a do racismo, pola outra."
Cando o racismo do século XX foi demasiado lonxe desembocou na tentativa de expulsar ao grupo externo pola vía rápida (nazismo) ou pola vía lenta (apartheid sudafricano), pero tanto unha medida como a outra eran tan irracionais que, como di Wallerstein, "Encontran resistencias non só nas vítimas, senón tamén nas forzas económicas poderosas que non se opoñen ao racismo, senón ao feito de que se esquecese o seu obxectivo orixinal: unha forza de traballo etnificada pero produtiva."
Segundo di Alain Badiou no seu marabilloso Le siècle (2005), a característica máis senlleira do século XX é a súa passion du réel (paixón do real). Ao ver de Badiou, a finalidade ideal do século XX era cumprir as promesas (por exemplo a Revolución soñada polos utopistas) do século XIX. "En termos lacanianos –di o filósofo– isto pode dicirse de dúas maneiras: ou ben o século XX é o real daquilo cuxo imaxinario foi o século XIX, ou ben é o real daquilo do que o século XIX foi o simbólico (os elementos cos que fixo doutrina, o que pensou e organizou)". Unha das obsesións do século analizado polo francés foi, como el mesmo di, "a idea de cambiar ao home, de crear un home novo" (…) "esta idea circula entre os fascismos e os comunismos, e as estatuas son máis ou menos as mesmas, a do proletariado en pé no limiar do mundo emancipado, pero tamén a do ario exemplar, o Sigfrido que bota por terra cos dragóns da decadencia". A partir destas reflexións sobre o pasado, nunha volta de porca xenial, Badiou deixa unha reflexión para o presente: "Xa ninguén se preocupa por crear politicamente un home novo e, ao contrario, esíxese en todas partes a conservación do home antigo, e por extensión a de todos os animais en perigo, e até a do millo vello, no preciso momento en que hoxe, grazas ás manipulacións xenéticas, as cousas están listas para cambiar realmente ao home e modificar a especie. Toda a diferenza radica en que a xenética é profundamente apolítica (…) é estúpida, ou polo menos non é un pensamento; ao sumo unha técnica." Así, tras formularse a pregunta de qué facer coa realidade de que a ciencia saiba crear un home novo, o filósofo respóndese profetizando de xeito tan breve como alarmante: "O lucro dirá que facer."
A principios de xuño do 2008 os ministros de Interior da Unión Europea acordaron por unanimidade a "Directiva de retorno de inmigrantes ilegais". Texto refrendado o día 18 do mesmo mes polo Parlamento Europeo. Coa devandita lei a UE súmase –ao permitir reter durante 18 meses aos inmigrantes ilegais e avalar que, recuperada a liberdade ambulatoria unha vez finalizado este período máximo de retención, queden xuridicamente inhabilitados para calquera trámite civil– á fórmula do limbo xurídico (ou do estado de excepción) posta en práctica polos Estados Unidos na base de Guantánamo.
Esta Unión Europea do século XXI, que en teoría comparte os mesmos fins de fraternidade universal que poetizaba Schiller exclamando "Alegría, filla do Elíseo! O teu feitizo volve unir o que o mundo separara/ todos os homes se volven irmáns, alí onde pousa a túa suave á", parece deseñar tamén, coa axuda das novas técnicas de control, un plan non declarado que produza a necesaria "etnificación da forza de traballo" sen caer no irracionalismo económico dos experimentos nazi e sudafricano e que, ao mesmo tempo, esconda a contradición universalismo/racismo apuntada por Wallerstein. En definitiva, a UE atópase, no referente á relación de necesidade entre capitalismo e racismo, perante outro paradoxo como o que Alain Badiou soubo ver na sincronía do ocaso do ideal do home novo e mais do auxe da xenética e que podería enunciarse así: hoxe que ninguén mostra interese algún no racismo como sistema de pensamento e cando o cosmopolitismo forma parte da ideoloxía do sistema é factible globalizar (universalizar) a exclusión a todos os non occidentais e utilizar a forza de traballo destas masas excluídas –posto que en realidade non se pretende exterminalas– cando e como sexa necesario.
Para sancionar moralmente todo este proceso é imprescindible o voto favorable dos socialistas europeos –os que, coma Carla Bruni de Sarkozy, parecen tamén considerarse só "epidermicamente de esquerdas". O profiláctico século XXI, horrorizado ante as carnicerías cometidas en nome dos ideais no apaixonado século XX, é refractario a toda gran narración, a todo aceno ideolóxico e polo que tamén parece, a toda sinceridade.
Neste século de guerra sen baixas, de doces sen calorías e de sexo sen contacto, os socialistas sen socialismo de Europa evitan, ao contrario que Badiou, responderse coa súa mesma honestidade á pregunta de que facer ante a realidade de que hoxe sexa tecnicamente posible crear un apartheid a escala planetaria no que os individuos sobrantes poidan ser utilizados ("abrindo e pechando a billa" dicía hai pouco Sami Naïr) á vontade do capital. E non é estraño. Calquera tentativa de argumentar xustificacións resulta cínica. Hai tempo que o lucro é a resposta a todas as preguntas.

Sem comentários:
Enviar um comentário