6/05/2008

Humanismo, cultura e esquerda

De Claude Lefort veño de ler El arte de escribir y lo político, Pensamiento Herder (2007), un conxunto de reflexións sobre cultura e política onde me chamou a atención sobre todo o capítulo titulado Formación y autoridad: la educación humanista, no que o autor sitúa ao final do Trecento e ao comezo do Quatrocento florentino, nunha Florencia que nesa altura se encontraba en pleno espallamento dos studia humanitatis (estudos humanísticos), a creación do concepto de «cultura xeral». Cóntanos o francés como os autores da época comezaron a reflexionar sobre varios aspectos insospeitadamente interconectados. Así, a necesidade de ir directamente aos textos gregos sen os intermediarios escolásticos axuda a enfatizar a figura do autor; a partir deste feito, debúxase unha idea da antigüidade como un tempo anterior e separado do presente, co cal nace a idea de cultura coma diálogo entre os autores vivos e máis os autores mortos que, ao volveren á vida, se converten en inmortais; e isto, á súa vez, forxa a consciencia histórica. Outra das separacións características da época é a do neno e o adulto. Escríbense reflexións sobre as distintas idades do neno, dende os primeiros instantes de vida até a adolescencia; canda isto, descóbrese tamén o “sentimento paternal”, mediante o cal se lle atribúe ao pai a función de educador por excelencia: «El padre debe aprender a conocer, a interpretar las expresiones y el comportamiento del niño. Pero no sólo el padre se encuentra en la posición de sujeto del conocimiento, como situado frente a un texto, un texto que esta vez es la naturaleza del niño, sino simultáneamente en posición de autor. Es a la vez, si puede decirse así, lector y autor». Desta maneira tan elocuente móstranos Lefort como a cultura era, naquela época, substancial na formación do suxeito. Pero ademais da nova imaxe da infancia e da nova imaxe do pai, tamén a familia se articula mediante unha nova imaxe: «La familia aparece como educadora de sus miembros en el sentido de que es el medio en el que aprenden a descubrir los unos respecto a los otros su sitio y su función», e segue, «Lo que da a la familia o a la ciudad su autoridad es la cultura –la cultura, de la que se dice que es ornamento, no significa de ningún modo que le aporte excedente, algo así como un adorno, sino que le confiere autoridad.», e continúa, «La ciudad, la familia, se representan ellas mismas por mediación de la cultura. El discurso sobre la “idea” de la ciudad o sobre la “idea” de la familia forma parte de su existencia». Chega até tal punto esta identidade entre cultura e familia que algúns autores comezarán a utilizar a expresión “pai da filosofía” para chamar a Aristóteles ou “pai da historia” para chamar a Heródoto. O sociólogo francés conclúe esta parte dicindo: «Los studia se desvelan como condición de la relación humana; la autoridad no se liga sólo a los autores, a los textos, a la función del maestro o del padre, también es la autoridad de la institución, de la naturaleza. Este vínculo entre lo estético, lo político, lo ético, lo científico constituye el sentido de la revolución pedagógica y de la expansión del humanismo».
Con todo este panorama previo como horizonte de referencia, Lefort pasa a tratar a educación no tempo presente e faino criticando tanto o que denomina a visión “utilitarista” (ensino adaptado ás demandas do mercado, esixencias do progreso técnico, etc.) da educación, como a perspectiva “emancipadora” (que deixa de lado o coñecemento do pasado polo do presente, que elimina o artificio da regra e o artificio da autoridade a prol dunha suposta naturalidade da educación e que para Lefort non é máis ca «ideoloxía» no sentido marxiano de falsa conciencia). Lefort cre que tanto a educación utilitarista coma a emancipadora supoñen unha ruptura coa noción de “cultura”: «No tanto un ataque a la imagen de las humanidades clásicas como un ataque a la idea de cultura en tanto que algo indefinible y diferente del conjunto de técnicas de conocimiento». O autor confronta a cultura –posuidora dunha «dimensión ética», unha «dimensión política» e unha «dimensión estética»– con, por unha parte, a «disyunción que se opera» nos nosos días «entre el sujeto mismo y el conocimiento» e mais a «disyunción entre la institución [a escola, a universidade, a familia, a sociedade] y la operación de aprender». Esta conversión da figura do mestre nun mero transmisor de coñecementos e esta transformación da cultura en algo mensurable e externo ao propio suxeito ten, para Lefort, claras consecuencias políticas que se poderían ilustrar mediante a expresión «desposesión de los sujetos», isto é, «desposesión en beneficio de un poder que en nuestras democracias, sin pretender monopolizar la verdad, sin tener la necesidad de esforzarse por ello, se satisface con tener que trabajar con hombres espiritualmente desarmados, incapaces de cuestionar sus principios y sus fines».


* * * * *

De George Lakoff veño de ler, grazas a Depaso, o libro No pienses en un elefante, Complutense (2007), no cal o lingüista cognitivo americano conta como ao reparar na existencia da metáfora que conecta a nación coa familia (a nación é unha nai e os cidadáns os seus fillos, etc.), comezou a preguntase se as dúas diferentes ideas da nación –a progresista e a conservadora– non serían consecuencia de dúas concepcións diferentes da familia. Partindo desta idea chega á conclusión de que hai basicamente dúas concepcións ideais da familia e que segundo predomine unha ou outra no discurso político este se pode definir como máis progresista ou máis conservador. Así, o modelo familiar do pensamento conservador é o do pai estrito cuxa característica principal consiste en considerar o mundo como un lugar perigoso no que só ascenden os mellores e no cal a xerarquía e obediencia son valores destacables; pola súa banda, o modelo do pensamento progresista –Lakoff chámao modelo da familia protectora– está baseado principalmente na idea de que o mundo é mellorable a base de empatía, educación e cooperación, e parte da crenza de que as relacións entre as persoas deben pivotar arredor da idea de igualdade. Lakoff considera que detrás destas dúas posicións hai unha coherencia subxacente fundamentada en dous sistemas de valores e concepcións morais totalmente diferentes. Cada un destes dous sistemas de valores son o que o autor denomina marcos. No prólogo do libro defínese o termo de marco como segue: «Los marcos son estructuras mentales que conforman nuestro modo de ver el mundo. Como consecuencia de ello, conforman las metas que nos proponemos, los planes que hacemos, nuestra manera de actuar y aquello que cuenta como el resultado bueno o malo de nuestras acciones. En política nuestros marcos conforman nuestras políticas sociales y las instituciones que creamos para llevar a cabo dichas políticas. Cambiar nuestros marcos es cambiar todo esto. El cambio de marco es cambio social» e segue «Los marcos de referencia no pueden verse ni oírse. Forman parte de lo que los científicos cognitivos llaman el “inconsciente cognitivo” –estructuras de nuestro cerebro a las que no podemos acceder conscientemente, pero que conocemos por sus consecuencias: nuestro modo de razonar y lo que se entiende por sentido común. También conocemos los marcos a través del lenguaje. Todas las palabras se definen en relación a marcos conceptuales. Cuando se oye una palabra, se activa en el cerebro un marco. Cambiar de marco es cambiar el modo que tiene la gente de ver el mundo».
Do mesmo xeito que os escritores florentinos dos que falaba Lefort estableceron a metáfora do «pai da filosofía» e do «pai da historia» para vincular a cultura coa familia, Lakoff fálanos en No pienses en un elefante, concretamente no capítulo titulado Las metáforas pueden matar, de como «una de las metáforas fundamentales utilizadas en nuestra política exterior es aquella según la cual la nación es una persona» e continúa «La metáfora de la nación como una persona es invasiva, potente y forma parte de un elaborado sistema de metáforas. Forma parte de una comunidad internacional de metáforas en la cual hay naciones amigas, naciones hostiles, naciones golfas, etc.» e prosegue «En la comunidad internacional poblada por naciones personas, hay naciones-adultas y naciones-infantiles, entendiendo metafóricamente por madurez industrialización. Los niños son las naciones del Tercer Mundo, en proceso de industrializarse, a las que hay que enseñar la manera de desarrollarse adecuadamente y a las que hay que sancionar cuando dejan de seguir las instrucciones que se les han dado». Así, cando a administración Bush emprendeu a guerra contra Irak empregou, segundo Lakoff, o relato (o marco) da autodefensa (Sadam tiña armas de destrucción masiva e vínculos con Al Queda) e o marco da liberación (a guerra liberaría ao pobo iraquí dun tirano e levaría a democracia a oriente medio). «Uno de los descubrimientos fundamentales de la ciencia cognitiva –di o autor– es aquel según el cual la gente piensa en términos de marcos y de metáforas» por iso «Cuando los hechos no encajan en los marcos, los marcos se mantienen y los hechos se ignoran». Esta é a razón pola cal cando os americanos souberon que finalmente non había armas de destrucción masiva e cando viron que os iraquís se mostraban reticentes á idea de estar sendo liberados, non sacaron a conclusión racional de que os motivos da guerra eran espúreos senón que seguiron pensando segundo o que lles dictaban os seus marcos. Dito doutro xeito: o mito ilustrado de que a verdade nos fará libres e a crenza de que se se lle conta á xente os feitos, e posto que a xente é racional, todos extraerán as conclusións adecuadas, demóstrase falso; porque segundo Lakoff o noso cerebro «simplemente no funciona así».
Claude Lefort cría que a Florencia do Trecento –xunto á Inglaterra revolucionaria do s. XVII, os Estados Unidos de 1776 e a Francia de 1789– constituían o que denomina «focos del republicanismo», entendendo por republicanismo un certo pensamento tendente a contrapoñer a liberdade fronte ao despotismo, a igualdade fronte aos privilexios, o imperio da lei fronte ao imperio do máis forte, etc.; habería que concluír pois, que, en contraposición á época actual na que o modelo hexemónico semella ser o que fala de competitividade, estado de excepción permanente, represión e desigualdade –é dicir, o modelo do pai estricto de Lakoff– nos «focos del republicanismo» de Lefort, o modelo de prestixio, polo menos entre certos círculos, debía ser o do modelo de familia protectora.
Se cadra, unha volta a aquel humanismo no que a cultura posuía un valor de uso e non un valor de cambio, suporía para o pensamento de esquerda actual (Que opina a esquerda do plan Bologna para as universidades? E da progresiva eliminación de asignaturas coma a filosofía do bacharelato?) unha recuperación dun “marco” natural a partir do cal poder desmontar o discurso conservador que se move, como peixe na auga, neste mar de «suxeitos desposuídos».

2 comentários:

miriño disse...

Querido funambulista. É certo que desta vez quedouse coxo.

Primeiro. Contestou vostede noutro post (aínda que teño a sensación de que foi feito a propósito).

Segundo. Nótase que non escoitou vostede o programa.

Terceiro. 'One' é o tema do programa (só ten que escoitalo). 'Enter Sand Man' é o tema do vídeo de youtube que inclúo como mostra no programa.

Sen máis reciba un afectuoso e cordial saúdo.

Bueno, va, e un bico tamén. :p

freefun0616 disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,