7/28/2007

Breve reflexión post 25-X

Hai uns meses vin o documental Nomadak Tk, dirixido en 2006 por Raúl de la Fuente e máis polos txalapartaris Harkaitz Martínez e Igor Otxoa. A fita é un canto á comunicación entre os pobos e a txalaparta -instrumento que precisa de dúas persoas para ser tocado- asume o rol de símbolo desta comunicación vertebrando a película toda. Nela presenciamos a viaxe dos músicos polo mundo enteiro: desde a terra dos Lapóns, ata a terra dos Bereberes, pasando pola India ou por Mongolia. A peli comeza na casa dos protagonistas, onde asistimos ao proceso de construcción dunha txalaparta de madeira. No transcurso da metraxe somos testigos de como este instrumento vai mutando alá onde estén, en función de cales sexan as características do lugar: así vemos como se transforma en xelo no círculo polar ártico ou en pedra cando a acción transcorre polas montañas do Átlas. E en cada sitio a txalaparta soa. Iso si, con matices diferentes dependendo do material de que esté feita; pero segue a ser unha txalaparta, e segue soando a txalaparta.
Esta me pareceu a mellor metáfora para ilustrar cal debería ser a aspiración dos distintos nacionalismos, en especial o galego, do Estado: Ser proxectos emancipadores que propicien o diálogo de ida e volta coas culturas do mundo. Sen esta vocación universalista e participativa, o nacionalismo é un onanismo inútil, e o que é peor, reaccionario.

4 comentários:

Martin disse...

Fun ver ese filme o ano pasado no Festival de Donostia. Marchei á media hora, coa certeza de que viaxar e facer turismo son cousas moi diferentes. Pareceume que os dous txalapartaris non tiñan moita vontade de ver mundo, senón de que o mundo os vira a eles.

Dito isto, concordo totalmente co último parágrafo.

(Martin Pawley)

miriño disse...

O comentario de Pawley paréceme moi representativo de moitos nacionalistas, sobre todo canto máis convencidos.

Non queren ver o mundo, queren que o mundo os vexa a eles.

Aí é onde eu me vou afastando pouco a pouco, mais irremediablemente.

E é que sospeito que estou onde estou máis por reacción que por aspiración.

RICARDO ARIAS disse...

Concordo bastante có sinalado por Pawley. Permítome lanzar aquí un chamamento: máis países e menos fronteiras. Rompamos os estreitos moldes dos Estados actuais, abrámoslles as portas ás pequenas nacións que viven dentro... pero por favor, polo que máis queiran, sen máis fronteiras. E sen andar sempre en derredor do embigo.

freefun0616 disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,