5/31/2023

O estrutural

Hai dúas derivadas estruturais que van seguir despois das eleccións xerais do 23X pase o que pase.

1. Na derrota recente do goberno de coalición tamén interveu a imposibilidade de facer economía política nas democracias liberais desde que a globalización se acelerou. O que se chama a crise da socialdemocracia. Non se pode reverter o aumento dos prezos, os baixos salarios e o desmantelamento do Welfarestate. O capital financeiro manda. O BCE manda. As políticas dos dereitos civís non abondan para moitas persoas nesta situación.
O próximo goberno terá que volver ás regras leoninas do euro. Podemos e Syriza foron tentativas de regresar á socialdemocracia económica. E non, non puideron. Grecia foi o canario do grisú. Tras a traizón ao heroico referendo do Oxi, alí xa se despexou toda a impotencia política que viria despois.
Esta situación vai seguir rexendo para todas as esquerdas que accedan a gobernos. Só cambios xeopolíticos (desglobalización) poden mudar isto.
 
2. A segunda derivada estrutural é propia do Estado español e ten que ver coa irresolución da cuestión nacional. Para que España poida funcionar como unha democracia máis ou menos homologada ten que encaixar o complexo puzzle nacional.
Na Transición houbo un punto de equilibro coas dereitas de Cat e EH. En Cat iso rachou e sen Cat a democracia en Es é inviable. A abstención en Cat foi un aviso. O horizonte é de inestabilidade e de autoritarismo, Haberá reacción. Isto, tamén, goberne quen goberne a partir do 23X.

Sem comentários: