Se queres, podemos comezar polo título. Por que a metáfora do canastro sen tornarratos?
O libro toca tantos temas que precisaba dunha imaxe-resumo. Unha idea
que permitise saber cal era o tema principal do libro de xeito rápido.
Así, pensei na imaxe do canastro, unha construción popular vencellada a
unha cultura material de vida en desaparición. Pero é un canastro sen
tornarratos, é dicir, sen a pedra horizontal que impide aos ratos
acceder ao froito do traballo humano. As sociedades agrarias, coa súa
autonomía cultural relativa, dispuñan de certos tornarratos. O movemento
obreiro foi outro tornarratos construído pola clase traballadora. O
proceso de cambio cultural, social, económico e político que trata de
describir o libro, o do paso en Galicia dunha sociedade agraria con
focos de industrialización e, de aí, a unha sociedade terceirizada dá
como resultado unha sociedade sen ningún tipo de devasas que actúen como
protección á pura lóxica mercantil do capitalismo globalizado. A
construción desa devasa, dese novo ethos que actúe como paraugas debería ser a principal tarefa estratéxica da esquerda no presente.
No momento actual, a esquerda segue oscilando entre a imitación institucionalista da democracia e dos populismos latinoamericanos, o radicalismo eurocosmopolita de tinte negriano e os soños golpistas dun leninismo fóra de contexto, dis no primeiro capítulo. Podes explicar isto con algúns exemplos da esquerda europea?
Tanto a tradición socialdemócrata como a populista (entendida ao xeito latinoamericano) se basean no reformismo a partir do Estado entendido como aparato burocrático-coercitivo. Ambas, deixaron de lado a crítica ao capitalismo e ambas tenden a poñer demasiada fe na capacidade de mudar a sociedade desde a instancia política, desatendendo a autoorganización popular na sociedade civil. Neste momento, a vía socialdemócrata semella esgotada, toda vez que os Estados, ou mellor dito, certos Estados, foron baleirados de substancia política (polo menos no que ten que ver coa economía) en favor de entes supraestatais antidemocráticos.

En canto á vía populista, un bo exemplo desa fe no Estado liberal foi o
caso de Venezuela, onde a instancia política foi quen de redistribuír a
economía en tempos de bonanza do petróleo, pero cando esta bonanza
remata, o Estado, entendido só como aparello burocrático-coercitivo,
aparece como insuficiente. É aí cando comezan a desenvolver o chamado
Estado Comunal, pero fano xa nun momento de maior debilidade. O
leninismo fóra de contexto permanece en moitos grupos e grupúsculos que
aínda non asumiron as leccións que tira Gramsci do feito de que tras a
Revolución Rusa, o levantamento non continúe en Alemaña ou en Italia.
Gramsci dáse de conta, por unha banda, de que a visión evolucionista do
progreso, teleolóxica, positivista que a socialdemocracia clásica
introducira no marxismo é errónea, e por outra banda, de que nestes
países o Estado é algo moito máis complexo, con capacidade de integrar
ás masas non só a base de coerción, senón tamén de consentimento. Cunhas
masas máis integradas no ethos do Estado, cunha sociedade civil moi
articulada, soñar cun golpe de efecto como o que conseguen os
bolxeviques en Rusia é completamente utópico, polo menos no tempo
presente.
Canto ao radicalismo eurocosmopolita, é froito de certo antiestatalismo
que xorde, sobre todo, a raíz da experiencia dos zapatistas mexicanos.
Xente como John Holloway ou Antonio Negri postulan que estamos nunha
fase posterior á do imperialismo, onde o estado-nación foi superado. No
caso europeo, ese radicalismo concibe a Unión Europea como o lugar da
política. Soña con reformar a UE a partir da organización dunha esquerda
paneuropea. É outro tipo de utopismo. O imperialismo non só segue vivo
senón que imos a un mundo no que volven convivir varios imperialismos. A
propia UE consiste nunha xerarquía de Estados, onde os subalternos
cederon soberanía económica en favor dos poderosos, en concreto de
Alemaña, e onde as lóxicas estatais e nacionais seguen imperando sobre
un demos europeo que non aparece por ningures. Curiosamente, desta
procedencia autónoma, polo tanto antiinstitucional, veñen algúns líderes
da Nova Política Galega. A vida ten estas coñas.
O libro describe o proceso de elitización das democracias e as súas consecuencias. A partir dos 70, sinalas, a democracia liberal comeza a ser disfuncional para un capitalismo nómade e global capaz de moldear a vida das masas coma nunca antes. De que xeito a Revolución Conservadora (a dos 80) impulsa este proceso? De que maneira o capitalismo do consumo de masas -no que Pasolini vía un novo fascismo- aumenta a súa capacidade “destrutiva” a partir da súa nova lóxica cultural?
A medida que as economías nacionais se van integrando máis e máis nos mercados globais, o chamado Consenso de Washington, o ethos do capitalismo da era neoliberal, retomará as teses de intelectuais que, coma Von Hayek, consideraban que durante a posguerra, coa prepoderancia do paradigma keynesiano e a impronta da URSS a nivel xeopolítico, o mundo se atopaba nun camiño de servidume. Dese tempo, tamén, é o coñecido informe da Trilateral onde se afirma que se chegara a un estadio nos países centrais onde había demasiada democracia, que non se podía seguir atendendo as demandas da sociedade a base de engordar o Estado social. O novo capitalismo que, como demostraría Thatcher derrotando os mineiros en folga a mediados dos oitenta, terá como obxectivo debilitar o mundo do traballo, fomentará a financiarización da economía, creará grandes organismos supraestatais como a OMC ou reconfigurará os creados na etapa keynesiana como o Banco Mundial ou o FMI e dedicarase a desmontar todo rastro de Estado do benestar.

Isto sucede a finais dos 70 e durante os 80 e, para o caso da UE, tanto a
Acta Única de 1986 (que instaura o libre movemento de capitais) coma o
Tratado de Maastricht de 1992 (que aplica os dogmas neoliberais ao
funcionamento do euro) son congruentes con esta mutación. O capitalismo
do consumo de masas comeza xa na era keynesiana, pero era daquela un
consumismo baseado no traballo. A contribución do mundo do traballo ao
PIB non tiña nada que ver coa do presente. A clase traballadora, que
gozaba de certa estabilidade e benestar, conseguía acceder a
equipamentos e servizos a través do consumo. Pasolini enxergou, con gran
perspicacia, como este consumismo acabaría creando unha mutación nas
clases populares que aceleraría a integración destas na lóxica
mercantil.
Penso que cando Pasolini, na estela gramsciana, fala do tempo da morte
dos vagalumes non é tanto que sinta unha sorte de nostalxia pola arcadia
rural perdida, como porque se decata de que ata este momento as clases
populares gozaran dunha certa autonomía cultural, a cal actuaba coma
unha sorte de paraugas implícito que as protexía da súa total subsunción
na visión do mundo propia do capitalismo e que axudaba á toma de
consciencia de clase. Coa chegada da financiarización e da revolución
informática, este consumo xa non se basea tanto no traballo coma na
débeda e consiste tanto na adquisición de gadgets como no
consumo de estilos de vida, emocións, "información", espectáculo.
Provocando a total inserción das clases populares no capitalismo.
Inserción económica, polo tanto, a través dos mecanismos de débeda e
inserción cultural a través dos medios de comunicación de masas e
Internet. É aí onde Pasolini acertou totalmente ao cualificar de
fascismo a esta homologación provocada polo consumo de masas: a lóxica
mercantil é agora totalitaria, xa non deixa espazos "libres".
A democracia liberal, indicas, non pode ser o paradigma de
democracia dunha esquerda que, ademais, tende a converterse en “vangarda
especializada na xestión institucional”. Relacionas, ademais, isto, co
positivismo, o xiro lingüístico e a filosofía posmoderna. Por que dis
isto, é dicir, en que ves esa presenza da filosofía posmoderna e da
aceptación da democracia liberal como marco na esquerda?
A democracia liberal é elitista por natureza. Así era no século XIX. O sufraxio universal foi froito da loita do movemento obreiro e dunhas circunstancias xeopolíticas concretas. Quen lea a Ortega y Gasset ou a Julian Marías, que son as grandes figuras do stablishment español bempensante, decátase de que eles separan moi ben democracia de liberalismo. E que prefiren o segundo á primeira. A concepción do Estado liberal separa a sociedade civil da instancia xurídico-burocrática-coercitiva. O Estado ten por cometido salvagardar a propiedade privada e debe deixar "liberdade" aos axentes individuais que actúan na sociedade civil. É a liberdade negativa, liberdade como non intervención, propia do liberalismo. É a liberdade que reivindicaba Galicia Bilingüe cando esixía que a Xunta non obrigase aos nenos a aprender galego.

A concepción do Estado da esquerda non pode aceptar iso. Para esta,
Estado é tanto a instancia burocrática como a sociedade civil. É
aparello organizativo-coercitivo + ethos + condicións
materiais. Polo tanto, non chega coas liberdades e dereitos individuais
formalmente recoñecidos pola instancia política, senón que hai que ver
como se aplican eses dereitos e liberdades, que sempre son acordes cun ethos
colectivo, cunha hexemonía determinada, de xeito efectivo na sociedade
civil. Este control, naturalmente, conséguese con tecido social
organizado en dita sociedade civil e non unicamente copando as
institucións liberais. A coincidencia entre o positivismo e o xiro
lingüístico posmoderno estriba no seu elitismo.
O primeiro, porque ao entender a sociedade como algo suxeito a leis
predicibles, como se as ciencias sociais fosen semellantes ás naturais,
acaba propugnando o goberno dos "técnicos", dos "expertos", da casta
sacerdotal que sabe cara onde hai que dirixir a economía política, que
ten as claves teleolóxicas do que é bo para a sociedade. Despotismo
ilustrado. O segundo, porque ao reducilo todo á pugna de "relatos"
igualmente válidos e separados das culturas materiais de vida que xeran
eses relatos, tamén acaba propiciando que sexa unha casta sacerdotal, a
dos universitarios e expertos en comunicación e marketing, a encargada
de emitir os "mellores relatos" para vencer na pugna política e para, no
mellor dos casos, e debido a unha sorte de crenza máxica en que o
relato pode xerar a súa propia materialidade, conseguir que o relato
cree esa materialidade.
Tanto un tipo de expertos coma outros arróganse a capacidade de moldear
as sociedades ao seu gusto e refugan da idea de que sexan as propias
masas as que conformen, a través das súas prácticas materiais de vida e
das súas decisións democráticas colectivas, cara onde debe ir a
sociedade. Un exemplo de sacerdocio do primeiro tipo son os burócratas
de Bruxelas, e os seus emisarios nos estados, que crean dogmas
económicos supostamente técnicos como establecer que o déficit público
debe ser do 3% ou do 2% etc. Un exemplo do sacerdocio do segundo tipo
encarnouno a gran novidade que introduce Podemos na esquerda española: o
populismo das cadeas de significantes, polo tanto lingüístico e non
materialista, de Laclau e Mouffe.
A través do traballo de Ana Cabana, explicas que o esfarelamento
-sociolóxico- das comunidades rurais se atopa detrás da feble
democratización do rural galego e da persistencia do caciquismo, que
facilitan as prácticas neocoloniais -megaminería, por exemplo-. Coa
derrota da opción da ruptura democrática na Transición, imporíase
ademais a derrota do mundo do traballo, obrigado a aceptar a
reconversión agrícola e industrial para “modernizarse”. A economía
terciarízase, ademais, pola vía da dependencia do sector da construción.
En que sentido o xeito no que se “moderniza” a economía galega favorece
a democracia de baixa calidade que temos?
Isto está relacionado co que dicía máis arriba sobre o ethos. Cando Karl Polanyi fala da "Gran transformación" que xera o capitalismo nas sociedades di que a economía de mercado, para funcionar, necesita crear, tamén, sociedades de mercado. A gran transformación que sufriu Galicia nun tempo marca levou por diante o ethos propio das sociedades agrarias. O xeito en que esas sociedades estaban articuladas. Isto non quere dicir que aquelas sociedades fosen o paraíso na terra, só queren dicir que tiñan algún tipo de articulación e que, ao seren sometidas ao proceso de "modernización", máis se iso acontece coa velocidade que sucedeu aquí, acaban esfarelándose.

En paralelo a esa desarticulación da sociedade agraria, créanse algúns
focos de desenvolvemento industrial e os antigos labregos que acoden ás
cidades comezan a organizarse en forma de movemento obreiro. Este tamén
crea o seu propio ethos. A consciencia de clase non é senón un ethos.
Coa entrada na Unión Europea, Galicia sofre, tamén, un proceso de
desmantelamento industrial que, á súa vez, esfarela, como noutros
lugares do mundo tras a caída da URSS, o movemento obreiro. Hoxe Galicia
ten unha economía terceirizada, ao xeito precario en que esa
terceirización se dá no sur europeo (construción, turismo,
especulación), isto é, unha sociedade atomizada que convive cos restos
do naufraxio do movemento obreiro e cos estertores da sociedade agraria.
É dicir, Galicia non pode máis que ser ese país desvertebrado e
politicamente descabezado. Cunha sociedade así, é normal que a
democracia sexa de moi baixa calidade. Se cadra, como contrapunto, cabe
dicir que, malia esta situación, este país, dentro das súas humildes
circunstancias históricas, demostra moitas veces estar máis vivo
sociopoliticamente que outros lugares de características similares do
Estado español. Eu teño para min que se isto é así se debe a que o
carácter nacional galego, a pervivencia, coa intensidade mínima
necesaria, dunha consciencia cohesionadora de país historicamente
oprimido, axuda niso.Galicia non pode máis que ser ese país
desvertebrado e politicamente descabezado. Cunha sociedade así, é normal
que a democracia sexa de moi baixa calidade.
Existe, ademais, segundo remarcas, unha forte relación entre os
discursos rexeneracionistas e modernizadores e a ideoloxía do
europeísmo. Un “conglomerado ideolóxico” útil para a aceptación social
das reconversións e dunha democracia feble con continuidade das elites
franquistas. De que xeito o pensamento de Ortega y Gasset serve, ao
respecto, de nexo entre o que denominas elitismo de entreguerras e o
elitismo de fin de milenio? (Por vía do rexeneracionismo que pasa do
PSOE a Ciudadanos, coa axuda de El País…) De que xeito, en
relación con iso, o nacionalismo español serve para agochar a natureza
“tecnocrática e democraticamente baleira” das institucións españolas?
Por que falas, nese contexto, de “constitucionalismo antidemocrático”?
O rexeneracionismo é unha constante na historia española. Está relacionado coa idea de decadencia imperial. Os rexeneracionistas devecen por devolver a España ás glorias do pasado, polo que, en cada presente, enumeran os males da patria, os porqués de que España perdese o tren das nacións punteiras de Europa, e tratan de dar solución a eses males. Aínda que hai un trasfondo chauvinista nesa nostalxia da grandeur perdida, no fondo é profundamente autorracista. 1898 marca un punto de inflexión nese tipo de pensamento sobre España. É un trauma que, aínda agora, os españois non superaron. Por iso seguen publicando libros sobre as bondades do imperio e sobre a malvada "lenda negra" e por iso hai esa belixerancia visceral contra os nacionalismos alternativos ao español que persisten no estado: son fillos traidores que contribúen á perda de grandeza da patria.

Dentro deses intelectuais traumatizados no 98 están os tradicionalistas,
que se pechan nunha idea de España como reserva espiritual de Occidente
e os modernizadores, que queren enganchar a España ás nacións avanzadas
no aspecto científico técnico. Ortega y Gasset é destes últimos, pero
con matices. Ao mesmo tempo, está moi vencellado á Revolución
conservadora alemá de entreguerras. É un vitalista, un nietzscheano,
pero no caso español ten que prescindir desa veta máis romántica e
apostar polo liberalismo elitista. Por iso digo que actúa coma ponte
entre o pensamento conservador de tipo aristocrático e de pouso
nietzscheano propio da Revolución conservadora alemá e o
aristocraticismo técnico, propio do liberalismo.
No plano mundial/europeo, Hannah Arendt cumpre un papel similar. É a
ponte entre o elitismo heideggeriano e o elitismo despolitizador
tecnocrático. E outro tanto, digo no libro, fai Ramón Piñeiro e o grupo
Galaxia para o plano galego: unen o vello conservadorismo irracionalista
do que falaba Lucáks co europeísmo tecnócrata e individualista. En
pleno franquismo, prodúcese ese paso do vello conservadorismo
fascistoide ao novo conservadorismo tecnócrata. O Plan de Estabilización
de 1959 marca o inicio da integración de España no capitalismo global e
do reinado dos tecnócratas do Opus. É congruente con todo isto que, na
transición, Ortega sexa o gran intelectual recuperado. Nunca se opuxo
realmente ao franquismo, pero permitía trazar unha liña de continuídade
coa república, da que foi deputado.
Ademais, el é o gran europeísta, tamén autorracista, que dicía aquilo de
que España é o problema e Europa a solución. O fillo de Ortega será o
presidente de honra de El País e este marcará as trabes mestras
do sentido común da España da Transición. No seu momento, xa o dixo a
flamante nova directora de El País, Soledad Gallego Díaz, para escándalo
de moitos: El País non é un xornal de esquerdas, nin nunca
pretendeu selo. Claro que non. É un xornal liberal, español,
modernizador, orteguiano. A gran tarefa da Transición española consiste
en introducir ao Estado na CEE. O europeísmo é utilizado, durante os
anos en que o PSOE era totalmente hexemónico, como símbolo de
modernidade.
Os músicos da Movida, os cadros expresionistas de Barceló, como antes os
de o grupo El Paso, ou os deseños desenfadados de Mariscal facían de
España, por fin, un estado homologado co resto dos países europeos. O
custe de todo isto, claro está, foi o sacrificio da base industrial
española, a renuncia a toda soberanía económica e a súa especialización
como receptor de capitais financeiros cos que inchar burbullas e de
turistas do norte de Europa.
O constitucionalismo antidemocrático, que se enxerga con toda claridade despois de que unha carta de Trichet obrigase a Zapatero a incluír o artigo 135, actúa do mesmo xeito que os tratados europeos. Os dogmas económicos que estipula o Tratado de Maastricht non son máis que un xeito de constitucionalismo antidemocrático.

No Estado español, a Constitución, precisamente pola súa xénese non
antifascista, leva sendo usada desde hai décadas como muro de contención
da democracia. Primeiro fíxose no País Vasco e agora, cando nin sequera
existe a desculpa da violencia, tamén en Cataluña. Todo isto é
coherente coa concepción do Estado liberal da que falabamos máis arriba.
O Estado entendido só como instancia burocrática-coercitiva tende a
sacralizar a lei escrita, independentemente de que esta siga sendo
representativa do ethos predominante na sociedade civil.
Jefferson, o presidente dos EEUU, xa deixou escrito que no
republicanismo liberal o poder xudicial actúa como refuxio dos "selected few". Nun momento dado, a sociedade civil grega consideraba que os tratados europeos non eran acordes co seu ethos,
pero iso non impediu que a letra escrita prevalecese sobre a
democracia. O mesmo sucede coa Constitución española e a sociedade
catalá na actualidade.
En todo este proceso salientas moito o cambio cultural que
acabas de citar, co que ten moito que ver o PSOE, e a través do cal se
nos “coan” o desbaldimento consumista, a ideoloxía posmoderna e o
neoliberalismo económico. Contrapós, en xeral, a Movida co rock radical
vasco, que non se desconecta da loita obreira. Por que Galaxia é un
elemento fundamental, nese sentido, da chamada “Cultura da Autonomía”?
Cal é a relación entre o culturalismo despolitizado de Manuel Fraga e o
culturalismo de Galaxia?
O Estado de benestar chega tarde ao Estado español, en comparación cos países centrais europeos. É unha versión cativa daquel que cumpre a función de facer dixerible a ausencia de ruptura co franquismo da Transición. Por outra banda, o estado do benestar chega na resaca do 68. Como quen di, serán os que no 68 estaban nas universidades reclamando cambios de costumes os encargados de facer política na posTransición. Así, todo o período de hexemonía forte do PSOE mestura políticas asistenciais coa preparación para a integración de España na CEE, o que non será máis que a adaptación de España ao novo paradigma neoliberal. A apelación á liberación de costumes sérvelles tamén aos mandatarios do PSOE para diferenciarse da ditadura, para crear a idea de que España se democratiza, se moderniza, isto é, se europeíza.

Trátase de deixar atrás o país das películas de Pajares e Esteso coa súa
obsesión terceiro mundista polas suecas e construír unha imaxe de
España moderna (mellor dito, posmoderna). Aí entra o "quen non estea
colocado que se coloque", a progresía cultural que copará os medios de
comunicación, os grupos da Movida, con toda a súa estética modernizante
unida a unha ética hedonista, evasiva do social e celebradora do banal. O
caso do rock radical vasco demostra que, alí onde se mantivo máis viva a
idea da ruptura, si foi posible a supervivencia dunha cultura crítica
que atopará no punk menos colorido, isto é, non no punk filoliberal e
cosmopolita de Alaska, senón no punk montuno e cabreado de Evaristo de
La Polla, un medio de expresión de toda a frustración que estaba a
xerar, xa daquela, a Transición.
Galaxia, como xa dixen antes, actúa coma ponte entre as veleidades
aristocratizantes de raíz nietzscheana do galeguismo anterior á
república coas veleidades aristocratizantes tecnocráticas propias da
posguerra. Coa chegada de Manuel Fraga a Galicia, os "persoeiros"
(encántame esta palabra tan descritiva do que en verdade son este tipo
de personaxes) de Galaxia dotan a eses gobernos impregnados de
rexionalismo sentimentaloide dunha pátina de lexitimidade cultural. Son
eles os que crean os grandes consensos en materia cultural e lingüística
cos que traballarían os sucesivos gobernos de Fraga.
A cambio, son as persoas procedentes dese mundo as que copan
maioritariamente organismos como o Consello da Cultura ou a RAG.
Naturalmente, todo isto muda coa chegada do tecnócrata puro que é
Feijóo. El xa é produto dunha Galicia urbana moi españolizada. Cada vez
precisa menos filtros culturalistas para dirixirse a un país que, por
outra banda, exterminou o seu rural e concentrou a poboación na franxa
atlántica. É aí onde esas elites culturais quedan, como quen di, un
pouco en terra de ninguén. Cada vez son menos necesarios.
Ao fío dos debates aos que deu o libro O atraso económico de Galicia
de Beiras, comentas que a centralidade dada por parte do nacionalismo
galego ao antagonismo Galicia/Madrid -que para nada negas- leva a
desatender as “contradicións internas”, a situar en segundo plano a
relación norte/sur europeo -tendo en conta que tamén España é periferia-
e a non cuestionar o paradigma “modernizador” como proxecto tecnócrata
-elitista-. Podes explicar isto? De que xeito se podería articular a
colaboración da que falas entre clases populares galegas e españolas
para loitar contra a superestrutura antidemocrática europea?
Un lugar bastante común, que existe de xeito implícito ou explícito no nacionalismo galego (e noutros nacionalismos do Estado) é a idea de que Europa pode actuar coma "vía de saída" da opresión española. Tendo isto en conta, todo o discurso se vertebra no antagonismo Gz-Madrid, obviando, moitas veces, outro tipo de contradicións que introduce a globalización. O maior risco que asumen os nacionalismos subestatais ao partir desa visión do asunto é que, na súa pugna co Estado español, nun contexto no que se está a producir unha succión de substancia soberana de todos os estados do mundo por entes supraestatais non democráticos, é que acaben sendo funcionais a estes entes non democráticos. Iso xa pasou na historia recente de Europa. Velaí o caso dos protectorados alemáns de Eslovenia ou Croacia na guerra de Iugoslavia.

É nesa loita contra a globalización, contra as grandes corporacións e os
entes supraestatais non democráticos, que debería ser posible a alianza
das clases populares das distintas nacións sen estado do Estado
español. Por outra banda, se algo puidemos aprender do procés
catalán é que a fe que puxera o independentismo en Europa tiña algo de
espellismo. Na hora da verdade, os poderes da superestrutura non queren
inestabilidade e confían nos Estados para a resolución deses conflitos.
En boa medida, o calexón sen saída no que se atopa o independentismo
catalán neste momento se debe a que, unha vez Europa non reaccionou,
toda a estratexia veuse abaixo. Non hai estratexia alternativa.
As nacións sen estado deben xogar cunha dialéctica dobre bastante
endiañada. Por un lado, teñen que reivindicar a súa soberanía fronte ao
Estado que as nega. Por outro, teñen que pensarse no mundo en alianza
con outros territorios para poder facer fronte ás grandes correntes de
poder internacional que xogan nun mundo globalizado. A confederalización
paréceme a mellor solución no plano teórico a esta dialéctica. Pero a
teoría non é a práctica. E, como estamos a experimentar con claridade, a
esquerda española segue sen entender ben de que vai isto da
plurinacionalidade. Para eles, como ilustraba aquel tuit tan gracioso e
ridículo de Pablo Iglesias sobre o euskera, o mojo picón e a "muñeira", a
plurinacionalidade é, como sinalou con acerto Ramón Grosfogel, unha
especie de multiculturalismo liberal. Un asunto de recoñecemento
abstracto das diferenzas culturais e non o que en realidade é: a
asunción de que existen distintos suxeitos de soberanía e que se trata
de articular eses distintos suxeitos de soberanía en pé de igualdade.
Sinalas tamén o “europeísmo implícito” de propostas como o das “Cidades Rebeldes”, que propugnaría unha “Europa das cidades” sen “querer afrontar a inevitabilidade da forma estatal”. Unha, segundo a túa análise “esquerda posnacional” que sería filla do “cosmopolistimo abstracto do capitalismo global”, representante dun cognotariado afastado dos labregos e das vellas clases traballadoras industriais, que nalgún momento deberá decantarse por un proxecto nacional, galego ou español. Aseguras, ademais, que esta idea da “Europa municipalista” pode ser funcional para que a superestrutura antidemocrática baleire de soberanía os estados. Por que?
Como dixen antes, practicamente podemos dicir que hoxe a sociedade galega se compón dos estertores da sociedade agraria, do naufraxio da sociedade industrial e do advento da sociedade de servizos. En boa medida, toda esta "nova esquerda" é a resposta histórica deses novos estratos sociais que aparecen na sociedade galega. Xente castelán falante, con bastante formación, con aspiracións e expectativas de clase media, frustrada porque, coa crise e o novo capitalismo da austeridade que lle segue, quedaron, coma quen di, sen o seu anaco do pastel. Os elementos máis espabilados deses novos estratos atoparán na política o modo de realización profesional que non atoparon nos respectivos campos profesionais para os que se formaran.

Como son fillos do tempo que aboliu os grandes relatos, refugan dos
espazos nacionais e refúxianse no micro. E como son fillos da
globalización, encarnan unha sorte de cosmopolitismo abstracto (eu son
cidadán do mundo etc.) que se pretende superador dos grandes fenómenos
estruturais como son os Estados e que ven na utopía Unión Europea o
xeito de conxugar o micro co macro. Pero é todo bastante pouco realista.
En primeiro lugar, porque a forma Estatal é imposible de superar. Como
acaban de experimentar en carne propia na Coruña co asunto de A
Insumisa, o municipio é, tamén, Estado. É máis, desde o momento en que o
discurso contra A Insumisa se presenta como a defensa do público fronte
a tentativa de privatización por parte dun segmento pequeno da
sociedade -renunciando así a toda a teorización sobre "os comúns" como
espazo distinto do privado e do público-, desde ese momento, os
municipalistas están asumindo a concepción máis clásica que un pode
atopar do que é Estado. Ten a súa graza, non?
Suxiro que o municipalismo pode ser funcional á idea da Europa tecnocrática porque parto de que só desde a potencia do Estado é posible, hoxe en día, combater a esa tecnocracia cosmopolita. Se as nacións sen Estado corren o risco de ser funcionais á globalización capitalista se non teñen conta de separar o que é a loita contra o Estado que as nega da loita contra o Estado en si, máis risco aínda existe no municipalismo que soña utopicamente coa posibilidade dunha sorte de rede de cidades europea. Rede urbana multinacional de cidades con forte presenza do cognotariado que, por outra banda, como sinala a socióloga da globalización Saskia Sassen, coincide moito coa rede de cidades-nodo a través das que se articula, neste momento, o gran capital financiero. Por último, xa nin entro no que supón falar de municipalismo de cidades rebeldes nun país cuxa cidade máis grande non chega ás dimensións de cidade dormitorio das grandes capitais urbanas europeas. Optar por iso, aquí, é optar pola irrelevancia (ou pola subalternidade) en termos xeográficos, demográficos, políticos.
Noutro capítulo comentas que, para ti, o maior erro do BNG nos
últimos anos foi a súa incapacidade para entender o 15M. Segundo a túa
análise, a estratexia de Anova foi responder a esa nova realidade
sociolóxica, e tivo éxito mentres AGE foi hexemonizada por Anova, pero
comezou a fracasar coa irrupción de Podemos “e a claudicación de Anova
perante os madrileños”. Que outros factores frearon a Anova? Por que non
funcionou tampouco o aggiornamento do BNG con Anxo Quintana, tentando
ampliar a súa base social?
O 15M era a expresión dun malestar. Era un totum revolutum. Un fenómeno informe politicamente que só evidenciaba que algo non ía ben. O BNG, no seu momento, quedou co anecdótico do asunto (que comezase na Porta do Sol, que fose mimético ao que ocorría en Madrid) fronte ao importante: en Galicia tamén existía ese malestar e as capas urbanas de xente nova non atopou outro xeito de expresión dese malestar que imitando ao que sucedía na capital do Estado. O lóxico sería que o BNG lese o malestar como o que era e comezase a intervir politicamente para dar cauce político ao que estaban expresado eses estratos sociais urbanos galegos. Unhas novas xeracións que había tempo que estaban desconectadas do nacionalismo e que, cada vez máis, tiñan dificultades, pola concorrencia dunha serie de factores, para recoñecerse na mera idea de Galicia. En lugar diso, o BNG optou pola estratexia do ourizo.

Eu creo que, en boa medida, aí está a orixe da escisión de Amio. Eu non
me arrepinto de ter apostado por Anova no seu momento. Creo que o que se
fixo foi o correcto. E que a formación de AGE contribuíu a que a
politización deses novos estratos sociais moi españolizados se fixese a
través de claves máis galegas do que sucedería se AGE non nacese.
Naturalmente, cando digo en claves máis galegas, non me refiro a que
pense que era necesario pintar de branquiazul ese movemento que se daba
na sociedade, pintalo dun xeito epidérmico, simbólico; máis ben, entendo
que só a auténtica galeguización do movemento, que o movemento sexa
soberano, é a verdadeira politización do movemento se ese movemento se
dá nun país estruturalmente periférico como é Galicia no contexto
español. Iso tentouse con AGE e iso está a fracasar, na actualidade, en
todo o espazo das mareas.
A irrupción de Podemos introduciu, como xa dixen, novas maneiras de
entender á esquerda. Para min erróneas e que, no medio e longo prazo,
pasarán factura. Na medida en que Anova non só non combateu esa esquerda
posmoderna senón que mesmo asumiu moitas prácticas e discursos dela
-ademais da bochornosa supeditación á súa táctica e estratexia-, Anova
morre como proxecto político válido para a emancipación dos galegos e
galegas. Hoxe o espazo das mareas está no interregno previo á súa
clarificación definitiva. E esta clarificación chegará, máis tarde ou
máis cedo, partindo o espazo segundo a súa filiación nacional. Ha chegar
o momento en que os que hoxe están aí dentro teñan que decidir se o seu
proxecto responde, digamos, a un marco español ou a un marco galego.
Canto ao aggiornamento do BNG de Quintana, eu diría que, contra o que se
adoita dicir: que o BNG é un partido moi ríxido, ancorado nos setenta e
que non se adapta á sociedade da Galicia urbana etc., en realidade o
quintanismo, que nalgúns aspectos mesmo adianta o populismo comunicativo
dos podemitas (lembremos aquel spot super posmoderno de "Eu son Anxo
Quintana"), supón a adaptación a esa sociedade de clases medias
financiarizadas dos tempos da burbulla. O problema é que nese
aggiornamento non recolle pola dereita o que perde pola esquerda. Por
non falar doutros asuntos máis estruturais como o panorama mediático do
país.
No libro lembro un artigo de Marcos Pérez Pena, no que acusaba ao BNG de
ser un partido populista. Eu digo que é certo o que apuntaba Pérez
Pena. O BNG tivo o seu momento populista co quintanismo. Se cadra o máis
rechamante é que moitos dos que daquela estaban en contra daquel
populismo hoxe apoian o populismo podemita. Máis abraiante aínda, cando o
que o podemismo tenta facer, a diferenza do obreirismo abstracto e moi
nostálxico da II República de IU, é articular a idea do nacional-popular
español. Semella, logo, que as reticencias dalgúns sectores da esquerda
en Galicia ao nacional-popular tiñan que ver máis co feito de que o
nacional-popular fose galego en lugar de español que a outra cousa.
Na secuencia que vai de AGE a En Marea, dis, hai unha constante
recomposición no que un ítem baleiro -a Unidade Popular- actúa como
unificador de experiencias “diversas” nas que cada nova experiencia é
“máis elitista e máis antidemocráctica” que a anterior. Polo que a
esquerda galega devén unha esquerda “líquida”, na que os elementos
mellor conectados da rede se recolocan en cada comicio, mentres a
militancia de base fai de simple replicante. Ves, nesta estratexia, unha
asunción do “conexionismo” que implicaría a colonización da esquerda
pola mesma lóxica do capitalismo globalizado. Podes afondar nisto?
A idea do "conexionismo" para describir o xeito en que se articula hoxe o capitalismo tíroa dos sociólogos Boltanski e Chiapello. Eles din que hoxe o capitalismo se articula arredor de "proxectos" nos que os executivos e membros da elite mellor conectados se van sumando aos proxectos e se desligan cando o proxecto remata e comeza outro proxecto. Estes equipos reconfigúranse constantemente para cada "proxecto". Así, pérdese lealdade á empresa, á marca, e o executivo é unha sorte de xogador de fútbol que se presta a ingresar no mellor equipo de cada momento.

Se un observa a dinámica que impera en parte da esquerda galega desde
AGE, comprobará que a lóxica é semellante. O ítem Unidade Popular, que
aparece coma un significante baleiro ao que non se lle dota de ningún
contido e obxectivo concreto, precisamente para permitir que as
reconfiguracións sexan máis fáciles e menos dependentes de estratexias e
ideas concretas, actúa como aglutinante de constantes reconfiguracións
das mesmas persoas (moi poucas persoas, por certo). Son os mellor
conectados. Os que comparten grupos de whats up para configurar
listas electorais e novas marcas e logotipos. Son os que se van
repartindo os roles dentro dese espazo baleiro que vai continuamente
adaptándose á conxuntura, como se non houbese un mañá. Velaí por que me
parece unha esquerda líquida.
Analizas tamén moito o papel de Alemaña -desde a aposta do SPD
por un PSOE domesticado fronte ao empuxe do PC, mais a súa aceptación
práctica do franquismo- ata as súas prácticas de dumping
laboral e o seu liderado nas políticas de control da inflación europeas.
De que xeito se relacionan estas políticas coas novas prácticas
autoritarias do Estado español -Lei Mordaza, prácticas represivas da
Audiencia Nacional contra o nacionalismo catalán, reforma do artigo 135
da Constitución, etc-?
Alemaña configurou a Unión Europea e, sobre todo, a Eurozona, como lebensraum. Alemaña é quen manda de facto na Eurozona. O BCE ten a súa sede en Frankfurt e a súa suposta independencia asegúralle, en realidade, que non poida actuar como verdadeiro Banco Central de todos os países que comparten o euro. O países do sur de Europa, para facer fronte á crise económica vense na obriga de recorrer á devaluación interna, toda vez que non teñen soberanía para devaluar a moeda co fin de gañar competitividade exportadora.

Por iso digo que o euro é unha moeda de clase. Actúa empeorando as
condicións materiais da clases traballadora do sur europeo. Este
empeoramento das condicións materiais dos PIGS crea as condicións para
un aumento do autoritarismo. As leis represivas son un xeito de manter a
raia á sociedade en tempos de carestía e co 135, ao constitucionalizar
os dogmas da austeridade, hipotecan a acción política de calquera
alternativa política que acceda ao goberno do Estado. Esa é a auténtica
tenaza que aferrolla e impide hoxe políticas económicas alternativas. A
chamada lei Montoro non é máis que o desenvolvemento de todo iso.
Trátase de controlar o gasto dos gobernos autonómicos (que teñen as
competencias máis welfaristas) e dos municipios que, para desgraza do
municipalismo europeísta, hoxe practicamente están de mans atadas para
facer políticas alternativas que non vaian máis alá de mudar os nomes
das rúas ou facer carrís bici.
Xa antes do 15M, comentas, unha gran masa social percibía xa a
Gran Coalición PP-PSOE, que se ve máis cando o PSOE acaba dándolle o
goberno a Rajoy no 2016. Nese contexto, a manipulación da expresión de
Habermas “patriotismo constitucional” serviu, durante moito tempo, para
marcar a distancia entre partidarios de manter o statu quo do réxime do
78 e partidarios de ir máis alá del. En que sentido o “españoles” (e o
seu reverso, os antiespañoles) de Ciudadanos é continuidade desta
lóxica?
O patriotismo constitucional era a tentativa de Habermas de construír un nacionalismo alemán que non volvese caer nos excesos do pasado. A importanción vulgarizada dese patriotismo constitucional polo stablishment español é moi chusca, dado que esa mesma Constitución da que se reclaman patriotas ten o pecado orixinal de que nunca rachou co fascismo orixinado en Europa nos anos trinta. Precisamente, o fascismo que Habermas quere deixar atrás.

A partir de aí, e conectando co que xa dixen sobre a concepción liberal do Estado, o stablishment español
sacraliza a lei escrita, unha lei que, segundo o catedrático de dereito
constitucional, Pérez Royo é imposible reformar, e convértea nun valado
de contención contra calquera tentativa de reforma do Réxime do 78.
Isto, primeiro, púxose en práctica no País Vasco da gran coalición
Redondo Terreros/Mayor Oreja e, hoxe, tanto a raíz do proceso
independentista de Cataluña como do golpe de salón de Merkel co 135,
adoptouse en todo o Estado, precisamente despois de que o PSOE tamén
aceptase a idea de Gran Coalición co PP. A separación entre
constitucionalistas e non-constitucionalistas é a actualización da
España e a antiespaña do franquismo por outros medios.
Falando, principalmente, de Podemos, dis que a Nova Política non
deixa de moverse no marco da ideoloxía tecnocrática do europeísmo
modernizador, e que non se atreve a facer o que debería: denunciar o
sistema euro desde unha perspectiva de clase e preparar a xente para
combater, desde o Estado, a UE. Por que dis que a estratexia populista
de Laclau, tal como está a ser interpretada por Podemos, pode levar a
lugares indesexados?
Laclau vén do peronismo. O Podemos teorizado por Errejón (e que Iglesias, malia a suposta discrepancia, pon en práctica, ben que de xeito errático) é un Podemos peronista. A superación da esquerda e a dereita a través dun movemento nacional-popular. É un nacionalismo non marxista. Considera que as clases sociais non son determinantes e que cómpre "crear" pobo, lingüisticamente, discursivamente, arredor de aglutinantes nacionais. As contradicións desta estratexia no caso español, e o que o diferenza dos casos latinoamericanos, ou do nacional-popular das nacións sen estado, é que non existiu, historicamente, un nacionalismo español progresista. O nacionalismo español, todos os seus símbolos e grandes hitos, teñen unha base opresiva, fascista e autoritaria. Aí é onde penso que Podemos xoga con lume. Por outra banda, como xa dixen, cando pensan o plurinacional, non o fan con todas as consecuencias, senón entendéndoo como unha serie de "concesións" (esta palabra é importante) que, no plano simbólico, fai o "centro" ás "periferias".

Outra das contradicións de Podemos á hora de articular un certo
soberanismo español é que se dirixe aos integrantes dunha base social
(os antigos votantes de Zapatero que se sentiron traizoados, "non nos
falles" etc.) criada, eles e os seus pais, na cultura progre,
modernizadora e europeísta impulsada polo PSOE na Transición. Para esa
base social, calquera perspectiva que poida levar a poñer en perigo a
"europeidade"" española é inimaxinable. Esa é unha gran contradición
para Podemos: articular un soberanismo español sen abrir o melón que
suporía cuestionar a Eurozona (que erroneamente se confunde coa pertenza
a Europa), onde o soberanismo non é posible.
Hai un texto de Ortega y Gasset sobre o que xa daquelas alcumou como
Nova Política, onde un pode atopar, case que letra por letra, moitos dos
ítems e lugares comúns da Nova Política actual. Por outra banda, o
bonapartismo, o decisionismo (vímolo recentemente co asunto do chalet de
Iglesias/Montero) son herdeiros directos da concepción do político de
xente como Carl Schmitt, un deses intelectuais da revolución
conservadora alemá de entreguerras da que falamos. A idea da autonomía
do político de Carl Schmitt inflúe decisivamente nas teorizacións da
democracia agonista de Chantall Mouffe. A autonomía do político, que
esta é unha esfera separada do material, é o que estes autores teñen de
posmarxistas.
Feijóo, o “tecnócrata-xestor secularizado e poscatólico”, fai
estalar o “consenso lingüístico” que viña de Galaxia -e de Fraga-. A
estratexia da dereita galega e española, dis, foi crear “batallas
culturais” para combater un PSOE que era culturalmente hexemónico desde a
Transición. Mais a terceira maioría absoluta de Feijoo fai abanear a
posición de Pedro Sánchez como candidato do PSOE -despois do golpe
interno dos baróns do PSOE que preferían a Rajoy no poder-. Abríase,
así, o "monopartidismo", avance da Gran Coalición PP-PSOE. Mais Feijóo
acaba de anunciar que se queda en Galicia e Pedro Sánchez é presidente
tras unha moción de censura. Como muda nestas circunstancias o panorama?
Feijóo representa a nova dereita superadora da vella dereita democristiana. O único deus desta nova dereita é o diñeiro. E, na medida en que a propia sociedade está, cada vez máis, inoculada dese mesmo ethos mercantil, estes tecnócratas precisan de menos filtros para dirixirse á sociedade. Zapatero, como todo o socioliberalismo, refuxiábase nas políticas do cultural e do simbólico porque xa renunciara, previamente, a tocar a economía. É isto en que consiste o There Is No Alternative thatcheriano e a morte da socialdemocracia.

Pedro Sánchez, ten toda a pinta de que fará algo semellante. É máis,
Sánchez, a diferenza de Zapatero, xa introduciu a súa tecnócrata
bruxelense directamente na carteira de economía. É toda unha mensaxe
sobre cales van ser os límites do seu mandato. Se Sánchez xoga ben as
súas cartas nunha minilexislatura que se prevé electoralista, pode
restablecer a estabilidade nunha das patas que aseguran o equilibrio no
réxime do 78. Quedando por dirimir que vai quedar coa cabeza de león da
representatividade do espazo da dereita. Independentemente de todo isto,
o monopartidismo permanece porque os "consensos de Bruxelas-Berlín".
Sem comentários:
Enviar um comentário