Peli que se deixa ver. Duración curta e acción en tempo real. Austera
tanto polo espazo pechado en que se desenvolve como pola opción polo
B/N. Grandes doses de teatralidade e moi bo traballo actoral. Drama que,
por veces, e de xeito moi sutil, bordea o bufonesco. Lembroume a outros
experimentos catárquicos como «Festen» de Thomas Vinterberg ou
«Dogville» de Lars Von Trier.
O tema: a dobrez moral dun grupo de
progres entre a esfera pública e a privada. O hedonismo vs. o compromiso
no plano sentimental. A dúbida e a febleza das conviccións
ético-ideolóxicas nos momentos de advento do Real. O paso á acción
directa desquiciada no ámbito emocional de quen sempre se moveu na
pacatería pequeno burguesa no ámbito político.
Sem comentários:
Enviar um comentário