10/20/2017

A propósito dun artigo de Joshcka Fisher

Joschka Fischer sostén, nun artigo titulado Cataluña: Atacar a Europa, publicado no diario El País algo que, a quen isto escribe lle parece, sendo suave, contraditorio. Asegura Fischer:

«Pero, más concretamente, la UE no puede permitir la desintegración de sus Estados miembros, porque estos componen los cimientos mismos sobre los que está formada.

La UE es una asociación de naciones-Estado, no de regiones. Si bien estas pueden desempeñar un papel importante no pueden participar como alternativa a los Estados. Si Cataluña sentara un precedente de secesión, estimulando a otras regiones a imitarla, la UE entraría en una profunda crisis existencial. De hecho, se puede decir que en el caso de Cataluña hoy se juega nada menos que el futuro de la Unión Europea.

Más aún, el propósito original de la UE fue superar las deficiencias de las naciones-Estado mediante la integración, lo opuesto a la secesión. Se diseñó para trascender el sistema de Estados que tan desastroso demostró ser en la primera mitad del siglo XX.»

Segundo o conto que nos viñeron contando durante anos e anos os euro-utópicos como, seica, é Fischer, a UE ía de superar o Estado-nación nun ente que sería algo así como o paraíso ecuménico na terra. Non se trataría dun superestado, ou dun simple Estado federal, non, trataríase de algo novo, era o soño duns prohomes sabios que imaxinaran, arredor dos anos 40-50, a irmandade das nacións europeas cantando Imagine (ben, Imagine non porque ese tema aínda non existía nos anos 50) collidos da man mentres exconxuraban a barbarie do século XX europeo. Durante anos e anos escoitamos que o Estado-nación era culpable de exacerbar o nacionalismo e que este, coa súa irracionalidade, levara a Europa a dúas guerras brutais que case a fan desaparecer do mapa.

Pois ben, agora resulta que non, que os Estados son a columna vertebral da UE e a súa desintegración algo prexudicial para a mesma. Obviamente, para os eurócratas bempensantes, a succión de soberanía duns Estados polos outros, cara arriba, como no caso concreto da constitucionalización do equilibrio orzamental imposto por Alemaña aos súbditos do sur, non significa a desintegración deses Estados, senón, creo lembrar, o eufemismo "compartir soberanía".

Agora ben, se para que che deixen estar nese paraíso terreal que é a UE hai que ser Estado, pois segundo Fischer a UE non é máis ca asociación de Estados, o lóxico será deducir, partindo da perspectiva dos euroutópicos-postestatalistas-pero-realmente-estatalistas coma Fisher, que toda nación sen Estado deveza, aínda máis ca antes, constituírse en Estado co fin de ter opcións a formar parte do paraíso europeísta.

En suma, o paradoxo que nos formula Joschka Fischer é que, se unha nación quere ter un Estado, mal, porque o soberanismo é intrinsecamente malo no mundo chupiguai euro-utópico, pero, ao mesmo tempo, dinos que se os Estados existentes no mundo chupiguai europeo se destingran, tamén mal, porque os Estados son fundamentais para a estrutura da UE.

Unha de dúas, ou Fisher ten unha empanada mental considerable ou é un tipo moi honesto e, o que realmente nos está a dicir sen pestanexar é que todos os contos que nos contaron sobre a UE como superador dos Estados-nación e dos nacionalismos eran iso: contos. Inclínome polo segundo.

Sem comentários: