5/09/2016

Pop-lítica

A "nova política" di que os media sistémicos e as súas técnicas comunicativas son a area na que hai que volcar todas as enerxías. Facer política, para a nova política, para a nova pop-lítica, é comunicar. Un bo deseño gráfico, boas fotografías, discursos con chispa, ben medidos, simulacro de actos democráticos de masas, que consigan colocar o frame desexado. Pensamento twit, máis que pensamento ensaio.
Pero a quintaesencia dese tipo de política son os argumentos falaces de Eduardo Inda &CIA. A verdade do que se di é irrelevante. A firmeza dos principios desde os que se fala, importa pouco. Importa a eficacia de colocar un frame. Hai un público amplo ao que lle vai chegar ese frame, independentemente de que o contido sexa verdade ou mentira. A asunción de que iso debe ser a política -malia que hoxe a nova política viva un momento doce- conduce, irremediablemente, e como ben sabía Pier Paolo Pasolini, ao fascismo.
Os significantes baleiros só poden traer o baleiro do non-pensamento. E o non-pensamento é o escenario ideal para calquera movemento reaccionario.

Sem comentários: