2/05/2016

Bunker

Yo no soy bueno para palacio, porque tengo vergüenza y no sé lisonjear. 

Licenciado Vidriera. Miguel de Cervantes.


Esta semana puiden coñecer as dependencias que o Congreso destina aos deputados e deputadas de En Marea. Ese lugar si que é un auténtico bunker. O ambiente, quente, pechado, hermético, sen apenas ventilación natural. Un microcosmos que aletarga coma se se tratase da sección de enfermos terminais dun hospital e atrapa cos seus espectáculos cutres baseados en caneos de baixa estofa e tendencia á endogamia no que este país, Galicia, aparece como algo desdebuxado e fagocitado pola dinámica estatal. Permanecer o menor tempo posible aí dentro debería ser un obxectivo de calquera deputado galego que non queira enfermar do inverso da Síndrome de Stendhal: a parvicie ante o exceso de exposición á grandeur afritangada da capital do Estado español.

Sem comentários: