1/23/2016

O fume e a pedra

Dar plenos poderes decisorios a "líderes xeniais" de organizacións políticas sostidas no aire para marcar o rumbo das mesmas a través dos medios de comunicación é un espectáculo vibrante cando un ten a sensación de que "o noso bando" vai gañando. 

Pero cando se aveciña o momento en que o discurso de fume ten que transformarse en políticas de pedra, as masas e a militancia que hoxe se desfai en louvanzas é a mesma que mañá estará disposta a esfolarte sen compaixón por non sentirse corresponsable das decisións tomadas e pola impotencia de ver ao seu líder carismático transformado nun cabalo bravo que dá couces ante calquera tentativa de que lle poñan rendas. Xa vimos o entusiasmo convertido en decepción nos tempos de Zapatero (dese graneiro nútrese hoxe a nova esperanza). Tamén nos de Alexis Tsipras.

Nese momento, finaliza o espectáculo e o que comeza é un episodio de desesperanza, frustración e desafección política; ou sexa, a volta ao There is no alternative. Ao fascismo.

Eu só agardo que se aprenda da historia inmediata.

Sem comentários: