6/29/2015

Syriza: horizonte fodido ou moi fodido

Con Grecia afrontando o control de capitais e o peche de bancos, situación que, por forza, non poderá durar moito tempo, os EEUU, que non queren saber nada dunha Grecia fóra da órbita occidental que poida abrir o mediterráneo a Rusia, seguen presionando para que a Troika acorde co goberno grego unha quita da débeda a cambio de “reformas”.

A unha semana da celebración do referéndum anunciado por Atenas, o goberno Syriza ten que escoller entre o malo e o peor. 

Desconvocar o referéndum ou mudar o sentido do voto tras facer público o apoio ao Non non só sería incomprendido a nivel xeral, senón que, con toda probabilidade, provocaría a ruptura de Syriza. Acadaríase, polo tanto, un dos obxectivos da Troika: acabar cun goberno díscolo.

Se Syriza mantén o sentido do voto, avogando polo Non, e este non gaña o referéndum (algo que semella bastante probable), a posición do goberno Syriza resultará moi debilitada. Tanto, que dificilmente poderá manterse.

Se o goberno Syriza se mantén fiel ao Non, e este  vence o referéndum, podería volver negociar coa Troika no sentido querido polos USA: quita da débeda a cambio de máis austeridade. Isto permitiría salvar os mobles, salvo que a ala esquerda de Syriza se negase. Resultado novamente: o goberno grego caería.

Por último, a opción que lle quedaría ao goberno grego, caso de gañar o Non e non aceptar as novas condicións, sería pisar o acelerador, saír do euro e implantar a súa propia moeda. Se isto entra nos plans de Syriza, o lóxico sería que fosen xa adiantando que o referéndum dirimirá, en certo modo, esta cuestión. Algo que polo de agora negan.

1 comentário:

Sérgio Nunes disse...

No fundo Syriza sabe bem que não pode deixar o euro porque socialmente não tem o apoio necessário. Esta estratégia não é por acaso. De ganhar o sim provavelmente iriam a eleições, porém Os inquéritos dariam-lhe maioria absoluta, reforçando o peso da Syriza pro-euro, limitando enormemente os críticos e não tendo tanta relevância uma possível ruptura. De ganhar o não, a quita da dívida seria inegociável. Então, seriam os países do Norte os que pulariam por um Grexit. Syriza ver-se-ia apoiada socialmente na saída do euro, por ser responsabilidade de outrem. Alternativamente, se conseguirem a quita seria o verdadeiro êxito da Syriza pro-euro.

Ao meu ver, é uma jogada política muito calculada desde o primeiro momento e de brilhante geopolítica. Não é uma escolha do mau ou do pior. Por isso a Troika está tão alterada e fazendo propostas de última hora à desesperada.