10/31/2014

Ghalogüin



A aculturación, a homologación que o fascismo 
non foi capaz de obter de ningunha maneira, 
conséguea o poder de hoxe, o poder da civilización
do consumo, destruíndo as diversas realidades particulares.
Pier Paolo Pasolini.
 
Eu hoxe tamén baleirei unha cabaza para o meu pequeno. A ver quen se nega! Pero as rúas de Vigo, coas súas familias novas disfrazadas de bruxas e esqueletos, daban hoxe bastante repelús. Un mal simulacro de malas películas norteamericanas.
A avoa do meu pequeno, máis ou menos coa idade que el ten agora, tamén baleirou cabazas na aldea; nun tempo en que as malas (e as boas) películas norteamericanas nin se coñecían. 
E malia todo… non acabo de ver eu claro que pague a pena recuperar unha tradición do perdido mundo agrario galego cando vén envolta en pegañento celofán globbish.

Sem comentários: