7/14/2014

A gran pregunta

Como non teño na casa o libro coordinado por Guillem Martínez para poder resgatar algo co que introducir/aderezar a pregunta que ultimamente me fago (e que formularei despois) tecleo en Google: "CT cultura transición" e, sen moito esforzo no remexido das opcións que me ofrece o buscador, pico nun artigo de Amador Fernández Savater no que atopo algúns parágrafos que me serven:

"La CT está afectada por una profunda desconfianza en la gente cualquiera, que se expresa bien como desprecio, bien como miedo, bien como paternalismo. La voluntad de esa gente cualquiera -demasiado ignorante, demasiado incapaz, demasiado visceral- debe ser depurada, reemplazada, sustituida: representada por los que saben (políticos o expertos). Los lugares privilegiados de palabra serán siempre por tanto las instancias de representación (partidos, sindicatos, medios de comunicación, academia). Y el respeto de ciertos términos, así como la asunción de determinados tonos, inflexiones y referencias en el discurso, definirá un “hablar bien” que dará acceso a los lugares privilegiados.

En definitiva, la CT es un espacio de convivencia sin pueblo. Una arquitectura política sin gente. En su orden de clasificaciones, la calle queda marcada como el lugar de la anti-política. Quizá un lugar necesario en condiciones de “déficit democrático” pero siempre como algo provisional, transitorio, eventual. Así se entiende que la apatía ciudadana haya sido interpretada tantas veces por la CT como una señal de “maduración democrática”: la buena política es aburrida porque se hace lejos y la hacen otros (aunque la CT sea algo esquizofrénica en este punto y a veces también deplore esa apatía: el ideal para ella sería la participación entusiasta y continua dentro de los canales establecidos, como el voto y la militancia en partidos políticos). La calle poblada es la imagen de la guerra civil que la CT conjura. Una vez deshabitada la calle, alejaremos definitivamente el fantasma de la guerra civil. En nombre de la convivencia, la cohesión, la estabilidad y la responsabilidad, la gente debe desaparecer. Quedarse en su lugar y dejarse representar por los que saben." 

Dende que a RAG fixo pública a súa intención de dedicar as vindeiras Letras Galegas a Filgueira Valverde un desasosego semella percorrer o mundiño cultural pangalaico todo. Hai quen interpreta este "malestar na cultura" como unha simple lea política (entendida a política co sentido rebaixado e domesticado ao que estamos afeitos) onde o que se dirime é se o polígrafo morto actual era máis de dereitas ou menos que o polígrafo morto do ano anterior. 

Pero —e por aquí vai a pregunta que a min me anda a repinicar no caletre—, e se o malestar ten menos que ver co reparto ideolóxico dereita-esquerda imos dicir "tradicional" que tamén atravesa aos persoeiros (que palabra tan gráfica para o que trato de expoñer) desa institución, e o que está a emerxer nestes momentos (tendo en conta sempre o cativo do mundiño cultural pangalaico) en forma de indignación pola designacion dun señor franquista de cabo a rabo está motivado non só porque o señor fose un franquista de cabo a rabo (que tamén) como polo feito de que o que hai é un fartazgo cunha institución que encarna, neste país, o mesmo papel que outras institucións —oficiais ou oficiosas, de aquí e do Estado— que, dende a Transición, marcan a axenda político-cultural postulando dende distancias siderais e en base a unha concepción da cultura (e da política) como saberes especializados que só uns poucos teñen capacidade de desenvolver e sobre os que disertar?

En suma, e agora si —atención— vou formular a pregunta: e se o problema (bendito problema) é que a RAG como institución, coa mediación do affair Valverde, está a ser percibida (o contexto é propicio para que así o sexa) como unha parte integrante da xa famosa CT; dunha Cultura da Transición que hoxe —por ventura da onda plebeia e destituínte que semella querer asolagarnos— está a fenderse en toda parte e a saírlle pingueiras, aquí e acolá, incluído este país de vellos e emigrados onde, porque todo o mundo se coñece, é tan difícil asistir a un momento no que, por unha vez, algo suceda?

Sem comentários: