6/02/2014

O regreso da Historia (que nunca marchara)



E cando o señor Carlos Marx permanecía soterrado baixo capas de neoliberalismo ideolóxico naturalizado, impostura intelectual e nugalla o capitalismo global sofre unha das súas recorrentes crises sistémicas que fan abalar o mamotreto institucional europeo, que polariza en termos de clase ás sociedades e Estados e que conducen ao Estado español a ver como as certezas simbólico-políticas das últimas décadas envellecen máis canto máis pretenden permanecer. A abdicación do día de hoxe do decadente Borbón é só un novo desprendemento dun órgano enfermo nun corpo supurante e en vías de descomposición. A superestrutura implosiona cando a estrutura esbirra. O antídoto máis eficaz contra o andazo lampedusiano só é un: democracia republicana. Ou sexa: DEMOCRACIA.

Sem comentários: