5/27/2014

Resaca das europeas e Anova (II)

O sector Anova-Nacionalismo-Auténtico vai ter un problema para vender a moto que, intúese, intentan colar desta volta. O argumento anti-AGE/proPodemos ten, dende as posturas que vén defendendo ese sector, unha pequena eiva: a alta probabilidade existente de que as persoas que noutras eleccións votaron AGE e que agora optaron por Podemos, non mudaran de opción debido a que perciban en EU parte integrante da "casta" -pois Esquerda Unida apenas tocou poder en Galicia- nen a Anova como insuficientemente nacionalista (ou insuficientemente "chauvinista" por usar un termo de moda) senón porque perciban que AGE está composta por partidos aínda demasiado clásicos nos que, ademais, un deles é percibido tamén como demasiado "chauvinista".
Tendo isto en conta non semella que as receitas dese sector para Anova vaian ir na dirección dunha hipotética recuperación dese voto que, moi libremente, foi para onde lle petou.

Sem comentários: