2/27/2014

Céntimo sanitario


A UE é un ente xenial. Ten esganadas as economías do sur, abocándoas á devaluación interna. Os traballadores non gañan, as empresas non venden, as empresas pechan. Neste proceso darwinista de concentración do capital en grandes monopolios só sobreviven as que exportan: grandes multinacionais. 

O estado, que ten como prioridade establecida polo bipartidismo no 135 da Constitución pagar a débeda, non pode sobrepasar o déficit do 3% estipulado polo pacto fiscal que impón a propia UE, polo que ten enormes problemas para investir en servizos públicos como a sanidade e outros. E como a UE impide calquera tipo de control de capitais un goberno que pretendese financiarse gravando ás rendas do capital vería como estas emigrarían, ipso facto, a lugares fiscalmente máis cálidos, polo que os gobernantes optan polo recurso fácil da suba de impostos indirectos, sen progresividade, que afectan sobre todo ás xa bastante abafadas clases populares. 

Pero agora un órgano da propia UE dille aos estados que así, tampouco. O céntimo sanitario vai contra as normas da UE. A UE dedícase a dar hostias. Dá unha cun contido determinado coa man esquerda e outra co contido oposto coa dereita.

4 comentários:

Carlos disse...

Hai solucións, cando menos parciais. Se hai capitais que poderían emigrar (non o teño eu tan claro que sexa así sempre), grávese a forma de capital que non pode facelo. Isto é os bens inmobles. Forte progresividade no IBI, novos gravames a vivendas baleiras e segundas e enésimas vivendas, recupérese e amplíese o imposto do patrimonio, estabelézase un IVA para produtos luxuosos e non só (tamén os de gama media-alta), etc, etc... Un pouquiño de socialdemocracia, por favor.

Carlos disse...

Ah, esquecía a desamortización, a expropiación e a nacionalización, se nos poñemos máis exquisitos.

Carlos disse...

Por aí se vai... http://www.eleconomista.es/empresas-finanzas/noticias/5577359/02/14/Amancio-Ortega-convertira-su-inmobiliaria-en-una-socimi-valorada-en-5000-millones-.html

O Fuco disse...

Habería que saber se o recaudado por esa vía chega para manter os servizos sociais.

En canto ao da expropiación... parece que non necesitaría do tribunal europeo, o TC español xa suspendeu a lei andaluza por contemplar a expropiación e pola creación do concepto de vivenda baleira http://www.publico.es/politica/498590/el-pp-se-escuda-en-la-prima-de-riesgo-para-tumbar-la-ley-antidesahucios-de-andalucia.

O que alegaba o recurso do PP era, como non, que esa lei violaba os acordos do Memorando de entendemento da Troika, acordo no que se fixaban os termos do rescate bancario español. http://www.madrilonia.org/2012/07/espana-memorandum-de-entendimiento-mou-sobre-el-sectro-financiero-y-la-politica-condicional/