Extracto de Antonio Gramsci, cultura e actualidade. Escrito por Justo Serna e Anaclet Pons como prólogo á escolma de textos de Antonio Gramsci editada pola Universidade de Valencia baixo o título Que é a cultura popular?
«De todo iso trata Gramsci cando fala de Italia, do Risorgimento, dos intelectuais e, máis en particular, do concepto de hexemonía. As formas culturais son diversas, como o son as clases sociais. Os produtos, as crenzas, os conceptos, todos son variados e non necesariamente congruentes. Pero en calquera proceso histórico aqueles que trunfan ou que rematan por se imporen son quen usan a coerción e á vez acadan certos consensos. Trátase de que a maioría acepte un determinado xeito de dicir, de definir, en fin, de nomear as cousas. Quen consegue que ocorra desa maneira obtén unha base social potente, posto que a súa dirección política non é mera tiranía; do contrario, sen coercion nin consenso, o resultado será o fracaso. Pero este proceso non é sinxelo de executar e contén os seus momentos críticos. Unha crise é unha interrupción do proceso histórico. Cada período ten clases progresivas que fan avanzar realmente á sociedade coma un todo, satisfacendo as súas propias esixencias, ampliando os seus cadros, estendéndose por todas as esferas da orde civil, política, cultural e económica. Cando isto se dá, estamos nun período no que a hexemonía se cumpre. Cando, polo contrario, se interrompe, entón asistimos a un momento de crise orgánica, de ruptura.
Ocorre nesas fases nas que se produce unha quebra entre a dirección e a dominación: disgrégase ou se desagrega do bloque histórico; os intelectuais que tiñan por cometido facer funcionar o consenso apártanse da clase á que estaban organicamente vinculados. É entón cando esa clase dominante vai á deriva: perde o consenso, efectivamente, e xa non dirixe, so domina manténdose artificialmente, exercendo a forza coercitiva pura. O vello morre o novo non acaba de nacer. A que se debe esta crise? A unha circunstancia extraordinaria que esixe a mera aplicación da forza (alén da anuencia ou o consenso): o principal exemplo é a guerra. Pero a crise pode estar provocada tamén polas masas que se reorganizan, pasando da pasividade do consentimento á interpelación política. Unha vez que esas clases dominantes aceptan a gravidade da crise, xa non poden exercer o consenso; unha vez as clases subalternas expoñen as súas demandas sen lograr impoñerse, entón aparece ou reaparece a solución extrema: o cesarismo, a entrega do poder a un xefe carismático, un líder providencial que parece situarse por riba das clases antagónicas.
En derradeira instancia, para Gramsci, a organización política da clase subalterna pasa necesariamente polo partido comunista, pero sen concibilo como un grupo de revolucionarios profesionais nin como unha vangarda selecta dos traballadores, senón como unha organización hexemónica. Gramsci alerta ademais sobre a súa posible dexeneración, sobre a perda de relación orgánica coas masas: o burocratismo, a conversión dos cadros da organización en casta, nun sector afastado das clases traballadoras. É dicir, un grupo que xeraría os seus propios intereses: unha maquinaria cuxa forza motriz é rutineira e conservadora a un tempo; un corpo independente, suspendido no aire, cuxos membros se protexen solidariamente, alleos ás masas; un organismo inerte, sen iniciativa, que non debe render contas.
Concibido en termos gramscianos, ese partido, esa sorte de intelectual colectivo, non espera facer a revolución cun golpe de man, cun pronunciamento, cun levantamento, senón captando as vontades da poboación, incorporando a sectores populares, a outros que só son afíns e a aqueles que simplemente non son hostís. O partido ha ser, ademais, unha especie de príncipe moderno, engade nalgunha páxina retomando a idea de Maquiavelo: un organismo, un elemento social complexo que materialice a vontade colectiva recoñecida e afirmada en cada acción. Ou nuns termos biolóxicos moi recoñecibles: ha ser a primeira célula na que se congreguen os xermes da vontade colectiva. Por iso, a organización ten que estenderse sobre a sociedade civil e, polo tanto, ten que formar parte das institucións, das corporacións políticas e culturais.
A hexemonía, pois, non é só dominación, senón tamén dirección intelectual e moral. É dicir, ten en conta a pluralidade, incorpóraa nun proxecto político, tratando de reducir o poder dos contrarios ou a hostilidade do inimigo. Iso significa que a organización política das clases subalternas non só encadra senón que tamén coopta; agrega aos incondicionais e ademais estende a súa influencia entre amplos sectores desa mesma sociedade. Ou noutros termos (tamén de Gramsci): exerce unha función de equilibrio e arbitraxe entre os intereses do propio grupo e as metas dos restantes, procurando que o desenvolvemento do grupo representado se dea co consentimento e co auxilio dos sectores aliados.»

2 comentários:
Quedome cunha frase "o vello morre e o novo non acaba de nacer". Seremos quen de facer nacer un novo proxecto que aune as nosas forzas? Ogalla, é imprescindíbel.
Pois si, ogallá.
Enviar um comentário