2/06/2012

O sendeiro de Wall


Até o 25 de febreiro pódese visitar no CGAC unha retrospectiva da obra de Jeff Wall. Cita á que paga a pena acudir tanto polo traballo deste fotógrafo como polo dos creadores cos que dialoga en cada espazo do museo ―dicir que na exposición hai obra da flor e a nata da historia da fotografía. O nome da mostra é O sendeiro sinuoso, título, á súa vez, dunha das fotos incluídas na mesma. A imaxe mostra un deses farrapos verdes que quedan nas cidades entre predio e predio, entre estrada e estrada, un non-lugar de paso, unha paisaxe-cyborg (medio natural, medio artificial) na que o sentido práctico da xente e a erosión dun fluxo continuo de pisadas trazou, gastando a herba, un caminiño que nunca aparecerá nos mapas oficiais pero que, se cadra, une máis que moitas autoestradas. Nas palabras de Wall: "É un camiño feito polos seus usuarios, sen plan preestablecido, para facer algo que a administración habitual non puido ou non quixo facer, de modo que hai un indicio de desobediencia ou de independencia: a xente pode facer cousas que non podemos prever." (continúa lendo aquí)

4 comentários:

cossimo disse...

E entón se a resposta está no común, qué facemos co Estado? Non é un suicidio deixalo en mans privadas?

O Fuco disse...

Xa vexo que segues a preferir o free-trolleo.

Eu non digo que haxa que deixar o Estado, eu digo que tanto o sector privado coma o público poden ser inimigos do común. Para mostra o AVE.

cossimo disse...

É que así no medio dunha praza pública dame vergonza.

A pregunta sería: o común erosiona as bases do poder ou é un refuxio inocuo e, por tanto, tolerable?

O Fuco disse...

Para min o común é un programa. O que cómpre pensar é que medios se poden usar hoxe en día para levar a cabo ese programa. E esta cuestión é ben complicada.