5/23/2011

Post-15M


Pois non foron moi sorprendentes os resultados. O electorado do PP seguindo a piñón fixo ao seu partido así chova ou trone, o electorado da esquerda escaldado cuns partidos que seguen dedicados ben a faceren políticas de dereitas ben a esclerotizárense en estruturas pouco participativas e que precisan urxentemente dunha refundación. Mentres tanto, a esquerda abertzale demostra que a vasca é unha sociedade altamente vertebrada e politizada e que o mapa político oficial vasco nada tiña que ver co mapa real. A maior incógnita é ver como reacciona á marea popular o movemento asambleario iniciado o 15M. Desinflarase confundindo a vitoria do PP cunha censura da poboación a ese movemento? Conseguirá seguir activando á cidadanía por fóra do sistema? Madurará ata pasar do utopismo flower-power á reflexión sobre a cuestión do poder? Haberá que velo.

Sem comentários: