1/27/2011

Folga



Que as caricaturas actuais da vella socialdemocracia europea decidan suicidárense non significa que todos nós teñamos que facer o mesmo.

8 comentários:

Willy S. disse...

40000 persoas manifestándose en Vigo: non todo está perdido

O Fuco disse...

Coa gravidade de todo o que está pasando, co caracter histórico de moitas das decisións e recortes que se están tomando actualmente, co papelón de partidos e sindicatos que, unha vez máis, traizoan ás súas bases naturais, a participación popular debería ser moito máis masiva. Non sei se é que, como din algúns, o peso da economía en negro actúa coma un colchón que evita notar a crise en toda a súa virulencia ou se, sinxelamente, o grao de aborregamento da sociedade e a súa incapacidade para non deixarse cegar polos flashes mediáticos e comezar a pensar un pouco no longo prazo, de xeito autónomo, está chegando a cotas nunca alcanzadas. O certo é que, malia manifestacións como a de hoxe, todo parece indicar que os que queren volver ás condicións sociais do s.XIX van gañando a partida.

Willy S. disse...

Só nos queda o Estado. É incríble que con todo o que caiu no século XX (totalitarismos de todas as cores), o que queda das loitas emancipatorias e o único que temos fronte aos xogadores do capitalismo global son os entrañables estados-nación de toda a vida- Como di Zizek nese libro que sen dúbida coñecerá -"non conciliados etc"- debemos dirixir demandas concretas e esixentes a eses estados. E debemos, ao modo de Asterix, atopar a poción máxica que nos permita defendelos dos ataques "civilizatorios" dos imperios económicos.

Oscar Mourave disse...

Fuco, a social-democracia é uma espécie de igreja, onde somente aqueles que ainda têm fé creem. Apavora-me a gente que acredita no Inferno e no Paraíso, porque hipotecam a sua vida nisso. Nunca foi social, e de democrática tem muito pouco. Para os que ganharam algum tempo lendo a História, a social-democracia é como se fosse o "Sacro Império Romano-Germânico", uma fantasia à serviço do poder.

O Fuco disse...

Willy, se che entendo ben por onde vas, seguro que no fondo estou dacordo contigo. Se cadra é unha cuestión de forma o que me impide asumir unha frase como "o que nos queda é o estado". Para a tradición marxista (o cal non é o mesmo que dicir para Marx) o estado era considerado como parte da superestrutura do sistema económico burgués. Así, o estado era, en realidade, estado burgués; o mesmo que a democracia era democracia burguesa; o dereito, dereito burgués etc. Cada vez hai máis xentes da esquerda que cuestionan isto. E cando vemos como o capital globalizado mina e erosiona toda institución e vulnera calquera tipo de lei semella que aquelas institucións e leis desprezadas pola esquerda son agora valoradas e esgrimidas contra o capital. Penso que a isto se refiren persoas como Santiago Alba Rico cando fala de ser radical no económio, reformista no institucional e conservador no antropolóxico. Curiosamente, o Beiras escribe hoxe un artigo facendo repaso aos dereitos recollidos na Constitución española do 78 que están sendo vulnerados polos que se teñen por "patriotas constitucionais". Agora ben, eu non me atrevo a dicir: o que nos queda é o Estado. Porque o estado inclúe ao exército, policía e demais corpos represivos que, hoxe por hoxe, non son forzas neutras senón que actúan coma gardiáns de que a orde do capital non se vexa cuestionada. Por iso, penso que hai que ter cuidado con focalizar as enerxías en reforzar cegamente o Estado. Potenciar unha sociedade civil con músculo é, na miña opinión, moito máis importante.

O Fuco disse...

Oscar Mourave, penso que o maior mito que veu caer sobre a socialdemocracia é aquel que vía nela o camiño para reformar o capitalismo. O que demostraron as últimas décadas é que a socialdemocracia por si soa non só non reforma o capitalismo senón que é o capitalismo o que acaba por reformar á socialdemocracia. Os anos dourados da socialdemocracia foron aqueles nos que o capital se sentía ameazado; ben sexa por un potente movemento obreiro mobilizado, ben polo espectro da Unión Soviética. Rematadas estas dúas ameazas (ambas alleas aos partidos socialdemócratas) a socialdemocracia apreséntase coma un instrumento inútil. Coma un canciño que ladra moito (agora, nin iso) pero que non ten capacidade para trabar e ao que se lle pon facilmente a correa.

Willy S. disse...

Estou dacordo coas súas obxeccións. Porén, a sociedade civil, destruídos case por completo os vínculos sociais que facían dela un algo orgánico, que ven sendo actualmente? E, máis alá desa pregunta: hai algún contrapeso efectivo ao poder omnímodo das multinacionais, os fondos de inversión, os bancos transnacionais e os fondos de pensións que dictan a política económica mundial?

(Estes días teño escoitado a moitos optimistas: aprendamos de Túnez ou de Exipto! e non sei que pensar ao respecto, máis alá do epidérmico das protestas multitudinarias haberá un cambio de mans do poder ou todo mudará para que todo siga igual?)

O Fuco disse...

A sociedade civil hai que construila día a día. Se neste momento os vínculos sociais están esnaquizados hai que restauralos. O que está a pasar no norte de África, independentemente de que os poderosos globais poidan domesticar e reconducir toda esa enerxía, demostra que a vontade da xente é a única que fai a historia. No contexto exipcio, o grupo Irmandade Musulmá leva anos tratando de vertebrar desde abaixo á sociedade. Coa nefasta rémora da relixión polo medio, certo, pero cun indubidable contido social. http://www.rebelion.org/noticia.php?id=121577