7/06/2009

Pánico, nostalxia, hibernación

Televisión. Reportaxe sobre unha nova práctica común na China: someterse a operacións de cirurxía estética para ser máis competitivos no mercado de traballo. A protagonista, unha rapaza nova, acude a unha clínica para occidentalizar os seus rasgos. Asegúrase que as persoas guapas segundo o canon occidental conseguen mellores choios. Ideas que me viñeron á cabeza: Se é certo o que algúns sosteñen, e o sistema chino, no que convive unha poboación sen dereitos civís cun mercado de traballo altamente explotador e tecnificado, está chamado a se converter na síntese perfecta que acolla a reproducción futura do capitalismo; parece lóxico que tamén sexa dentro do sistema daquel país onde se manifesten con maior claridade as prácticas futuras da clase obreira mundial. E que vemos? Solucións individuais até o extremo da automodificación física.
Nacerá logo, a partir desta asunción da biopolítica a escala micro, unha nova clase de traballador-cyborg? Xeraranse desigualdades entre os traballadores-cyborg e os traballadores non tuneados? Blade Runner xa está aquí. E produce pánico.

* * * * *

Na rúa. Paseo por un mercadiño seudomulticultural no centro de Vigo. Nun dos postos, obxectos rusos. Un home ao meu carón interésase por unha bandeira de veludo xigante na que se ve a fouce e o martelo e unha chea de caracteres cirílicos. A dependenta —unha moza rusa loira que fala castelán con sotaque italiano— di que custa 300 euros. O home pídelle que lle traduza o significado das palabras en cirílico pero ela contesta que só llas traduce se compra a bandeira. El acepta o trato e ela escríbelle, sen ocultar o seu desprezo e escepticismo polo contido das frases, o conxunto de vellas proclamas dun sindicato ferroviario. A escena: un occidental nostálxico pagando por ideas grandiosas nas que ninguén cre e unha eslava pragmática desfacéndose (mentres tenta tirar para adiante) do legado que lle deixou a historia e da decepción. A quintaesencia, en suma, do capitalismo: todo pode ser vendido mentres haxa quen o compre.

* * * * *

Un libro di: «El “equilibrio del terror” entre dos grupos de estados rivales es el dato esencial más visible de la política mundial, y supone actualmente un equilibrio de la resignación: la de cada uno de los protagonistas a la permanencia del otro. [...] Ello implica decididamente una resignación generalizada ante lo existente, a los poderes coexistentes de los especialistas que organizan este destino. Estos hallan una ventaja añadida en este equilibrio por cuanto permite la rápida liquidación de toda experiencia original de emancipación surgida al margen de sus sistemas. [...] Ninguno de los dos campos prepara la guerra efectiva, sino la conservación indefinida de ese equilibrio a imagen de la estabilización interna de su poder.» A cita pertence ao numero sete de abril de 1962 da revista da Internacional Situacionista. Fala da guerra fría pero parece que fale da situación interna do BNG. O título do artigo —Xeopolítica da hibernación— tamén lle acae ao estado actual da fronte. Hibernemos pois.

7 comentários:

Oscar de Lis disse...

Revelador. Parabéns.

cossimo disse...

Non vou ser eu quen defenda o comunismo de mercado pero cando dende aquí se fala de China (do lonxano Oriente en xeral), non hai sempre un certo poso etnocentrista?
Na vella Europa hai xa moitos anos que a xente se automodifica para gañar máis cartos, non si?

O Fuco disse...

China non está a facer nada que non haxa en Europa ou que non o houbera no pasado. Hai un artigo de S. Zizek ("China Adopted Our Capitalist Model, Will We Adopt Their Despotism?") que fala precisamente diso. China non podería desenvolverse tan rapidamente sen un réxime despótico, igual que a revolución industrial europea non se deu baixo condicións de democracia liberal. A cuestión é se no contexto actual o sistema chinés está escribindo o futuro político de todo aquel que desexe ser competitivo na economía globalizada. De aí o pánico.

O Garcia do Outeiro disse...

1986... medo me dá

O Fuco disse...

1986 ou 1984?

O Garcia do Outeiro disse...

1984 of course, confundim a obra com o meu ano de nascimento, cousas que passam.

freefun0616 disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,