5/28/2009

Walden Bello e o mundo que vén

De igual xeito que para a igrexa católica hai un antes e un despois do Concilio Vaticano II, para a economía mundial hai un antes e un despois da reunión do G-20 na capital dos EEUU en novembro de 2008. Se o primeiro deixou inservible o Concilio Vaticano I, a segunda supuxo a cancelación do chamado Consenso de Washington. Sobre o significado deste fito histórico e do horizonte, ou horizontes, que se abren perante nós falou o profesor Walden Bello na Facultade de Economía, en Santiago de Compostela, o pasado 26 de maio deste ano 2009. Como xa viña argumentando nalgúns dos seus artigos, Bello debullou na conferencia organizada polo Foro Social Galego e pola Universidade Invisíbel os reposicionamentos aos que se verá abocado todo o espectro político despois da crise financeira mundial. Se após a crise do 29 o keynesianismo dun Franklin Delano Roosevelt impúxose como a boia que habería reflotar —en feliz metáfora do orador— o submarino avariado da economía mundial; na era Obama será o neokeynesianismo dos Stiglitz, Krugman, Soros, Held e mesmo Bill Gates, a medicina que paliará a enfermidade mortal que ciclicamente padece o capitalismo.
Falou Bello da Socialdemocracia Global como a doutrina que ha hexemonizar, con toda probabilidade, o vindeiro pensamento político e económico despois de décadas de reinado neocon. En opinión do filipino, este conglomerado de ideas caracterizarase, grosso modo, polos seguintes principios:
- Mantemento do proceso globalizador e da integración dos mercados.
- Mantemento do crecemento económico mitigando as posibles desigualdades que este poida xerar.
- Mantemento do libre comercio pero cunha maior atención ás políticas ambientais.
- Restablecemento do multilateralismo.
- Diminución ou condonación parcial da débeda externa dos países pobres para reactivar a economía.
- Potenciación, baixo o paraugas dos obxectivos do milenio, de programas de axuda, tipo Plan Marshall, aos países pobres.
- Impulso dunha segunda revolución verde en África baseada principalmente no uso de sementes transxénicas.
- Impulso dunha economía máis ou menos sostible liderada polos gobernos.

A tarefa asignada por Bello aos “verdadeiros progresistas” ante este programa da Socialdemocracia Global é a de —aproveitando o que estas políticas teñan de positivo— desenmascarar o que teñen de maquillaxe ou
—directamente— de salvavidas do capitalismo. As principais eivas glosadas por Bello destas políticas foron:
- Non cuestionar o proceso globalizador e partir de que a globalización é querida polas persoas.
- Non cuestionar a existencia do mercado.
- Tratarse dun proxecto tecnocrático onde as decisión son tomadas de arriba a abaixo sen consultar ás persoas.
- Asumir a tarefa de salvadora e relexitimadora do capitalismo global igual que o keynesianismo o foi, no seu momento, do capitalismo nacional.
- Preferir a xestión social fronte á liberación social.
- Preferir a tecnocracia fronte á participación.
- Preferir o capitalismo monopolista fronte á creación dun sistema post-capitalista de propiedade.
- Preferir globalizar fronte a desglobalizar.
- Preferir un capitalismo verde fronte a unha verdadeira economía sostible.

Pero todo sería demasiado sinxelo se a única confrontación estribase no debate reformismo vs. transformación. Coma un terceiro en disputa, o populismo autoritario que empeza a ensaiar timidamente Sarkozy e enerxicamente o Partido pola Liberdade do holandés Geert Wilders, ameaza con xogar no momento histórico actual o mesmo papel xogado polo fascismo nos anos trinta. A apelación aos lazos comunitarios nacionais pre-políticos e a unha retórica antiliberal mesturada cun agresivo discurso anti-inmigración pode converterse nun cóctel explosivo que propicie formas de exclusión e racismo inéditas.

Botando unha ollada á nosa realidade inmediata pronto recoñecemos algunhas das ideas expostas por Walden Bello. Neste sentido, o chamado “Novo modelo económico” que pretende impulsar José Luis Rodríguez Zapatero tras o esboroamento da economía do tixolo encaixa punto por punto cos principios do que o sociólogo de Manila denomina Socialdemocracia Global. Retórica da sostibilidade, potenciación das chamadas enerxías verdes, impulso ás novas tecnoloxías como método para camiñar cara a un capitalismo cognitivo, etc., sen cuestionar en ningún momento nin a lóxica globalizadora nin a necesidade da propia economía de mercado. Non en van participou Stiglitz na redacción dalgún que outro programa electoral do PSOE, nin é casualidade que Krugman sexa habitual na prensa económica do grupo PRISA, ou que o risoño Bill Gates dea o seu beneplácito aos mantras de “ordenadores para todos” tan do gusto de ZP.
E aínda que José María Aznar —coa súa insistencia en receitar políticas económicas que xa se demostraron fracasadas— recorde nestes momentos a figura extemporánea do cura dunha aldea remota que, descoñecendo a celebración do Concilio Vaticano II, seguise a impartir misa en latín; o PP (e outros anexos coma UPyD) ten todas as papeletas —fronte á Socialdemocracia Global do PSOE— para ocupar no estado español o posto do que Bello denomina: novo populismo autoritario de retórica antiliberal. No caso de que o neokeynesianismo consiga impoñerse definitivamente como política económica hexemónica, o Partido Popular irá mudando paulatinamente o seu discurso económico cara a posicións menos darwinistas e botará man do rearme nacionalista e do discurso anti-inmigración para diferenciarse do seu pseudo-antagonista. Pero se xa a perspectiva esbozada por Bello de que o autoritarismo populista antiliberal resulte triunfante é sombría de seu, a min ocorreseme unha cuarta pata de banco aínda máis lúgubre: que o discurso neocon se negue a morrer e que, optando por deixar de lado a democracia liberal de mercado, prefira reconstruírse arredor do binomio autoritarismo político e ultra-liberalismo económico. Ou, dito doutro xeito, que ao final todos —como quería Aznar e o cura da aldea remota— acabemos tragando, por moito Concilio Vaticano II que poidamos esgrimir, misas en latín por decreto. E metralla.

8 comentários:

r.r. disse...

(Aplausos)

Moi bo e moi estarrecedor...

O Fuco disse...

(Grazas)

Si que dá medo.

willy disse...

Despois da análise do novo modelo capitalista, cales son as propostas de resistencia de Walden Bello frente ao neokeynesianismo que se nos ven enrriba e a amenaza do autoritarismo populista?

(Por certo, magnífico artigo, como é habitual en vostede.)

O Fuco disse...

Témome que nin Bello (nin ninguén) ten receitas máxicas para poder resistir fronte ao que aínda está por vir. En todo caso, creo que o primeiro paso para poder facer fronte a unha ameaza potencial ou real é sempre tratar de adiantarse no tempo á hora de identificala e de delimitala correctamente; e nesas estamos. Non?

宜蘭民宿 disse...

中醫減重
中醫減重
中醫減重
中醫減重
中醫減重
花蓮民宿
花蓮民宿
花蓮民宿
花蓮民宿
花蓮民宿
花蓮民宿

O Fuco disse...

Discrepo.

r.r. disse...

Non me extraña que discrepe. Pasouse un quilo.

freefun0616 disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,