En La revolta permanent (Lluís Danès, 2007) Lluis Llach comenta, entre canción e canción, aquela etapa histórica que habería coñecerse polo nome de Transición. Tempo de brindes con champaña pola morte do ditador e de concertos multitudinarios no Nou Camp onde o mero feito de cantar en catalán (ou en galego) era sinónimo —quen o diría hoxe en día— de liberdade, de modernidade, de democracia. Días de ilusión, de esperanzas no futuro e de apertura social; días en boa medida revolucionarios pero cedo embozados por un terrible golpe de autoridade —un máis dunha longa lista— que no filme funciona, canda os temas de Llach, coma fío condutor: a matanza de obreiros na iglesia de San Francisco en Gasteiz no ano 1976.
Pero se era esperable que o vello poder morrese matando, menos comprensible resultaba que os eurocomunistas e os socialdemócratas —na oposición primeiro, con longas maiorías absolutas despois— aceptasen, o mesmo que en Weimar, todo o que aceptaron: monarquía e bandeira fascista; café para todos; continuidade nos poderes financeiros, militares e eclesiásticos; entrada na OTAN; renuncia a toda memoria histórica; leis de punto final para, entre outros, Fraga e Martín Villa, dous protagonistas directos dos feitos de Gasteiz; etc. Foi un alto prezo a pagar a cambio dunha democracia na que, así e todo, aínda era posible respirar. Que nas renuncias daquel entón descansan algunhas das eivas que están a transformar a democracia española do presente nun réxime abafante semella incuestionable.
A dereita española permaneceu —igual que o vello aparato nobiliario, militar, económico, relixioso e burocrático que crecera ao abeiro dos Hohenzollern durante a República de Weimar— nos seus cuarteis de inverno á espera de tempos mellores para retornar ao lugar que consideraban seu por natureza. Manténdose á defensiva tanto ideolóxica coma electoralmente durante o post-franquismo só facían acto de presenza para demarcar os límites insuperables do novo estado de cousas. Como os seus intereses económicos foran respectados, a renuncia foi máis ben cultural: progresiva aceptación da descentralización do Estado, non belixerancia coas identidades periféricas, aceptación do divorcio, tolerancia co aborto, etc. Pero o paso do tempo, os escándalos de corrupción no PSOE, os GAL, os cambios na política internacional (en especial a caída da URSS e a conseguinte revolución conservadora nos EEUU) e, sobre todo, a lobotomización que se infrinxira a esquerda española a si mesma, propiciou que os vellos cans con distinto colar —aqueles dobermans da campaña de 1996 duns socialistas contra as cordas— emprendesen, unha vez máis na historia española, a Reconquista. E nesas estamos.

Sem comentários:
Enviar um comentário