8/03/2008

Eloxio da lentitude (II)

Da sociedade industrial e a sociedade da información á sociedade da política

Canda a reflexión sobre o tempo, Dominique Wolton alerta –criticando de paso a visión marxiana do concepto de estructura– do perigo de aceptar o termo «sociedade da información» para denominar ao período histórico no que nos encontramos xa que, como el mesmo escribe: «Lo que constituye una sociedad son los valores, las ideologías –para o marxismo clásico a ideoloxía era falsa conciencia, un cristal embozado que nos impedía acceder á verdade das relacións económicas– y no las infraestructuras. Designar una sociedad con el nombre de la técnica dominante vale tanto como sucumbir a la ideología tecnológica, aun cuando estemos hablando de comunicación». O que pretende Wolton –máis que desenmascar a Marx– é, en realidade, desenmascarar o fetiche da utopía comunicativa global. Denunciar como esta non só non encarnará unha mellora nas condicións de vida da xente, senón que mesmo pode agudizar a inxustiza ao crear diferenzas no acceso aos medios productores e receptores desa información. Así, do paso da sociedade industrial á sociedade da información non temos por que obter, de xeito automático, menos alienación. Este feito obrigará a pensar as novas realidades non con criterios puramente técnicos (aos que se lle presupoñen erroneamente un certo halo de obxectividade) senón ideolóxicos, pois «ni el tiempo del conocimiento, ni el tiempo de la medicina, ni el tiempo de la justicia (aquí Wolton coíncide curiosamente co home de ciencia, o médico e o xurista dos que falaba Marx) ni el de la acción política pueden acoplarse al tiempo técnico de las redes».


Nós eramos o lume

Veño de ver o documental As encrobas. A ceo aberto, onde Xosé Bocixa recorda a historia dunha daquelas loitas –como a da nuclear de Xove, a do encoro de Castrelo de Miño, ou a tentativa de extraer area da praia de Baldaio– nas que a Galiza labrega, co seu propio sentido do tempo, se enfrontaba á lóxica do capital. Daquela historia de unión, de capacidade de resistencia e de certa sensación de victoria (parcial), queda, pasados tantos anos o testemuño dalgúns dos veciños aínda vivos que se resistiron ás expropiacións de terras para escavar a mina de lignito, hoxe practicamente esgotada, e que no futuro se transformará nun lago artificial.
A mina separou a parroquia das Encrobas en dúas partes incomunicadas. Moitos dos veciños e veciñas tiveron que marchar para outras parroquias colindantes ou para cidades e vilas próximas. Algúns deles, coas casas pegadas á mina, pero non o suficiente para recibir os cartos da expropiación cos que se mudaren, viven aínda, entre explosións e fume negro, os estertores dun pesadelo. Un momento destacable do documental é aquel no que un avogado dos veciños conta como nas negociacións emprendidas entre a comisión nomeada pola parroquia e os representantes da empresa, ficaba patente que aqueles dous grupos de persoas –e non se refería ao galego e ao castelán– falaban dous idiomas diferentes: o idioma da vida fronte o idioma dos cartos.
Pero de quedar con algo, quedo, por enriba de todo, cunha idea –formulada por unha das intervinientes máis novas e que o resto dos entrevistados parecían corroborar– que me trouxo á mente uns versos de Celso Emilio Ferreiro (Había un lume aceso/ na casa dos avós/ agora ben comprendo/ que o lume eramos nós) e que calquera con vivencias fermosas nalgunha aldea galega e un centímetro cadrado de sensibilidade non pode máis que compartir: Alá onde están, eses veciños desprazados seguen a considerarse veciños das Encrobas. E é ao resto da xente da parroquia, a quen todos din estrañar, deixando claro, deste xeito, que unha parroquia máis que un lugar físico é unha comunidade de persoas, un lume a quecer a casa,
unha tupida rede social tecida ao longo de xeracións que, no caso das Encrobas, foi esfiañada en cuestión de meses.


Vencendo a derrota do pensamento

Di E. M. Cioran en El ocaso del pensamiento (Tusquets, 1995) : «Ha habido dos cosas que me han colmado de una histeria metafísica: un reloj parado y un reloj en marcha». Sería absurdo e indesexable, hoxe en día, pretender que –fronte á vertixe do tempo da economía– se producise un regreso nostálxico a unha suposta sociedade pre-industrial sen tensións nin opresión onde todos os reloxos ficasen parados para sempre; pero si semella cada vez máis necesario baixar un pouco o ritmo dos nosos pasos –a isto nos invitan ultimamente mesmo desde o goberno co gallo da crise enerxética–, volver a vista atrás e, como si estivesemos nun deses cruces de camiños recurrentes nas películas de Jim Jarmusch, non optar polo camiño do reloxo parado, tampouco polo do reloxo en marcha, senón escoller, e se o hai emprendelo, o descoñecido e somnolento camiño da socialización, do coñecemento, da mediciña, da xustiza, da acción política; o gratificante camiño, en resumo, da lentitude.

3 comentários:

amauta disse...

lin o seu ultimo artigo en altermundo, e inda que lin este blogue algunha vez, penso que é a primeira que escribo.
O libro que menciona de Wallerstein e balibar, é realmente moi proveitoso no que ensina. Eu atopei ese libro nunha libraria de libro antigo hai uns anos e foi todo un achádego...
Seguirei a lelo, atentamente.
Un saudo

O Fuco disse...

Si, o libro de Wallerstein e Balibar malia ter xa uns aniños aínda nos di moitas cousas. Moitas grazas polo teu comentario. Un saúdo.

freefun0616 disse...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,