Estado español. No
contexto estatal a conclusión é clara: alá onde houbo fórmulas de confluencia
os resultados moveron capas tectónicas. Alá onde non as houbo o resultado
limitouse á remuda de inquilinos no campo da esquerda e á repetición do esquema de supeditación ao PSOE do que viñamos. Se de verdade se
pretende asaltar os ceos hai que cambiar o chip. A creba democrática é
perfectamente posible, pero para conseguila non sobra ninguén. Todos e todas
somos necesarios. O camiño está marcado e só un atentado contra a intelixencia
colectiva pode insistir en tomar outra senda para as xerais e para as vindeiras
eleccións galegas.
Galiza. Quen me volva a suxerir que Gz é algo así coma un lugar residual ou atrasado politicamente guindareille un zapato á cabeza. Desde polo menos o Nunca Máis o noso país está na vangarda do que sucede políticamente no E. Español. Con AGE ensaiou antes ca ninguén as fórmulas de confluencia, e dúas cidades, Compostela e A Coruña, acadaron éxitos parangonables aos de BCN ou Madrid. O que sucede neste país conta. Este país importa. E este país ten que estar no centro das nosas preocupacións, porque este país paga a pena.
Vigo. Sucedeu o
previsible. Se o PP presentou unha candidata a última hora e totalmente
descoñecida na cidade foi porque prefería unha maioría absoluta de Caballero
que un goberno de coalición no que entrase unha esquerda esixente.
A irresponsabilidade de Podemos
Vigo foi superlativa. En descargo deste partido na cidade compre sinalar que
existen, hoxe por hoxe na súa dirección, tres perfís diferentes: quen sabe ler politicamente
e actúa en consecuencia (aqueles que participaron na Marea desde o minuto un),
os que, por inexperiencia e seguro que boa fe, se deixaron levar por
desconfianzas infundadas cara a Marea e deron bóla a candidaturas fakes de
personaxes que se dedican a facer o xogo á dereita (Gañemos e aquelas famosas tropecentas mareas que seica había en Vigo) e os sectarios infantiloides (aos que, como
dicían os clásicos, a Historia colocará no lugar que merecen). Toca agora mirar
ao futuro, porque o que temos por diante (comicios xerais e galegos) é política
con maiúsculas. Reflexionen, xentes do círculo. E non volvan fallar.
Necesitámolos (e necesítannos).
O BNG de Vigo
debería pensar no seu futuro moi seriamente. Se os de Podemos Vigo tiveron
pouca consciencia de que ter potenciais votos sen ter cadros preparados para
materializalos politicamente vale de pouco, o BNG debería facer a reflexión
contraria: un partido con militantes formados pero sen votos serve para facer
actos de consumo interno, pero non serve para tomar o poder, que é do que trata
a política partidaria. O mesmo que no caso de Podemos Vigo, sería bo que
asumise canto antes que a Marea de Vigo é, hoxe por hoxe, a Oposición que
existirá na casa do Concello, e que isto vai ser así nos vindeiros catro anos.
A Marea vai ser o espazo que canalice nas institucións todas as demandas da
esquerda social viguesa, e non estar na Marea significará non ter capacidade de
facer política na institución. Nin máis, nin menos.
O BNG nacional debería
tomar consciencia, como mínimo, disto: cando un partido que foi moi
importante neste país ten como principal think tank un troll de internet e os
retrasados mentais que lle dán azos nas redes sociais demostra un grao de
decandencia tan grande que, ou se produce unha catarse dentro del ou, literalmente,
desaparecerá do mapa político como xa sucedeu en non poucas localidades dese
país que disque queren construír. A situación do BNG é dramática. E a grandes
males, xa se sabe que só valen os grandes remedios.
6 comentários:
"cando un partido que foi moi importante neste país ten como principal think tank un troll de internet", sen ser simpatizante do BNG, penso que toleaches con isto...
Efectivamente, trolleei.
Cántos seguidores ten isa conta de facebook? Se un 1% do país sabe da existencia disa conta xa é moito.
Por iso os menciono. Para que sexan máis coñecidos polo 99%.
O think thank dos upegallos, un escaralle vamos, lóxica aplastante. A ver se acougades as dúas partes co de Amio xa pasou, porque as coiteladas que vos metades ambalas dúas partes ao resto do país impórtalle unha merda.
Non non, dos upegallos non. Estes son vencistas. Ao país claro que lle importa un carallo, pero isto é un blog non é un catecismo de lectura obrigatoria para os cidadáns do país que, naturalmente, andan en cousas máis importantes.
Enviar um comentário