6/10/2016

A propósito do artigo: "El momento populista", de Chantal Mouffe

-->
Hoy en Europa estamos viviendo un momento populista que significa un punto de inflexión para nuestras democracias, cuyo futuro dependerá de la respuesta que se dé a ese reto.

Antes ca iso en Europa (e non só) estamos a vivir as consecuencias dunha crise económica sistémica que, tras oito anos desde a súa emerxencia como fenómeno perceptible (pois esta crise vén de máis atrás) non acaba de estabilizarse e que está a provocar unha depauperación xeralizada das clases populares, motivo polo que estas fan a súa aparición en escena a través de múltiples expresións tras décadas de hexemonía liberal e satisfacción social. O que demostra que a autonomía do político é sempre relativa.

Propongo seguir a Ernesto Laclau, que define el populismo como una forma de construir lo político, consistente en establecer una frontera política que divide la sociedad en dos campos, apelando a la movilización de los de abajo frente a los de arriba.

Non hai nada novo nisto. A sociedade está dividida en clases que fraguan alianzas de clase e, segundo o momento histórico, a tensión política se polariza dun xeito máis ou menos agudo en dous campos políticos. O que tradicionalmente se chamou esquerda e dereita.

El populismo no es una ideología y no se le puede atribuir un contenido programático específico. Tampoco es un régimen político y es compatible con una variedad de formas estatales. Es una manera de hacer política que puede tomar formas variadas según las épocas y los lugares. Surge cuando se busca construir un nuevo sujeto de la acción colectiva —el pueblo— capaz de reconfigurar un orden social vivido como injusto.

Por iso é tan perigoso contribuír a confundir o populismo cun movemento ideolóxico como adoito fai Podemos. En realidade, o populismo pode funcionar exactamente igual que o nacionalismo. É un aglutinante susceptible de ser enchido con diferentes programas. A capacidade do populismo para reificarse como programa político dentro do movemento de masas, ao tempo que, por non ter unha ideoloxía definida, pode adoptar calquera ideoloxía a conveniencia, fai do populismo un fenómeno impredecible. E tanto máis impredecible canto máis tempo xoguen os avogados do populismo á ambigüidade deliberada. No caso do Estado español, na medida en que se dea unha reificación do populismo de Podemos como un movemento ideolóxico (cuestión que non está pechada), este só pode desembocar na conversión de Podemos nunha sorte de Peronismo, un nacionalismo popular ideoloxicamente máis reaccionario ca progresista por canto estará sostido por clases medias e por clases medias depauperadas con nostalxia por volveren ser clases medias.

Examinado desde esa óptica, el reciente auge en Europa de formas populistas de política aparece como la expresión de una crisis de la política liberal-democrática que se debe a la convergencia de varios fenómenos, que en los últimos años han afectado a las condiciones de ejercicio de la democracia. El primero es lo que he propuesto llamar pospolítica para referirme al desdibujamiento de la frontera política entre derecha e izquierda. Fue el resultado del consenso establecido entre los partidos de centroderecha y de centroizquierda sobre la idea de que no había alternativa a la globalización neoliberal. Bajo el imperativo de la modernización se aceptaron los diktats del capitalismo financiero globalizado y los límites que imponían a la intervención del Estado y a las políticas públicas. El papel de los Parlamentos y de las instituciones que permiten a los ciudadanos influir sobre las decisiones políticas fue drásticamente reducido. Así fue puesto en cuestión lo que representa el corazón mismo de la idea democrática: el poder del pueblo.

Non se dá a pospolítica porque o centrodereita e o centroequerda chegaron a un consenso de que non había alternativa á globalización. É xusto ao revés: a aceleración do proceso de globalización do capital desarmou á esquerda e isto provocou o baleirado das institucións políticas liberais no que podían ter de útiles para a esquerda. É a economía a que condiciona, en última instancia, á política, non ao revés. 
A pospolítica dase unicamente dentro das institucións liberais o que indica o grao inmenso de hexemonía que acadou o liberalismo. Pero non se dá con carácter xeral. Gramsci diferenciaba entre a sociedade civil, onde a loita de clases nunca cesa, e a sociedade política, que vai dando forma coxuntural, nas institucións, aos equilibrios existentes na sociedade civil. A noción de que existe algo así como a pospolítica con carácter xeral, produto da aceleración da globalización dos capitais é algo que só resulta funcional aos intereses do capitalismo. A impotencia dos pobos ante as institucións capadas fai que estes perciban con claridade as opcións partidarias posibles dentro do liberalismo como idénticas (sono na medida en que, por ser o liberalismo hexemónico, este penetra a sociedade toda, incluída a oposición a ese liberalismo). Pero que ao capital lle interese fomentar a pospolítica, non significa que no mundo deixase de haber política. O risco dos movementos populistas, na medida en que se reifiquen e coagulen como fenómenos ideolóxicos, é fomentar a crenza de que é posible crear unha terceira alternativa ("Terceira posición", chamouse no seu momento) á fin da polarización esquerda-dereita nas institucións liberais. É exactamente o mesmo risco que o do nacionalismo entendido como ideoloxía.

Hoy en día se sigue hablando de democracia, pero solo para referirse a la existencia de elecciones y a la defensa de los derechos humanos. Esa evolución, lejos de ser un progreso hacia una sociedad más madura, como se dice a veces, socava las bases mismas de nuestro modelo occidental de democracia, habitualmente designado como republicano. Ese modelo fue el resultado de la articulación entre dos tradiciones: la liberal del Estado de derecho, de la separación de poderes y de la afirmación de la libertad individual, y la tradición democrática de la igualdad y de la soberanía popular. Estas dos lógicas políticas son en última instancia irreconciliables, ya que siempre existirá una tensión entre los principios de libertad y de igualdad. Pero esa tensión es constitutiva de nuestro modelo republicano porque garantiza el pluralismo. A lo largo de la historia europea ha sido negociada a través de una lucha agonista entre la derecha, que privilegia la libertad, y la izquierda, que pone el énfasis en la igualdad.
Al volverse borrosa la frontera izquierda/derecha por la reducción de la democracia a su dimensión liberal, desapareció el espacio donde podía tener lugar esa confrontación agonista entre adversarios. Y la aspiración democrática ya no encuentra canales de expresión en el marco de la política tradicional. El demos, el pueblo soberano, ha sido declarado una categoría zombi y ahora vivimos en sociedades posdemocráticas.

A maior eiva no pensamento de Mouffe radica aquí: o idealismo de aceptar que existe algo así como un marco pluralista ("nuestro modelo occidental") onde, malia que con conflito continuo e irresoluble, é posible a convivencia entre o polo liberal e o democrático. Isto é naturalmente falso. Sempre, un dos dous polos, é o hexemónico. Non hai convivencia. Hai distintos graos de vitoria e de derrota. No fondo, o pensamento de Mouffe é unha versión posmoderna da socialdemocracia (posmoderna en tanto en canto concede gran importancia á performatividade da linguaxe e ao seu postmarxismo), entendida esta como movemento político que acepta o Estado como espazo neutral que permite, a través do voto, reformas do sistema capitalista.
Se, en palabras de Mouffe, hai unha "tradicin ﷽﷽﷽﷽﷽﷽﷽﷽dici o explica estupendamente Arthur Rosenberg)i unha "tradiciol ter unha ideoloxón democrática" e unha "tradición liberal" non pode darse a entender que existe unha sorte de disfunción das institucións que debe ser correxida con non se sabe que enxeñaría política polo feito de que dentro das institucións liberais a tradición democrática viva horas baixas. Non se pode chamar democracia, ao tempo, ao todo e a unha soa das partes. As institucións liberais foron achicando as vías de saída para o movemento democrático na medida en que este foi facéndose máis feble, por exemplo, debido á perda de forza do movemento obreiro ou á desaparición do equilibrio de potencias da Guerra Fría, pero iso non significa que in ilo tempore (cando? Non se especifica) houbese un espazo pluralista e agora non.
Na actualidade vivimos o apoxeo da hexemonía asoluta do polo liberal. O que padecemos, polo tanto, é "o seu modelo" (o modelo liberal, non o modelo democrático) non o "noso modelo" (que é o modelo democrático, tal como o explica estupendamente Arthur Rosenberg).

Esos cambios a nivel político se inscriben en el marco de una nueva formación hegemónica neoliberal, caracterizada por una forma de regulación del capitalismo en la cual el capital financiero ocupa un lugar central. Hemos asistido a un aumento exponencial de las desigualdades que ya no solamente afecta a las clases populares, sino también a buena parte de las clases medias, que han entrado en un proceso de pauperización y precarización. Se puede hablar de un verdadero fenómeno de oligarquización de nuestras sociedades.

Correcto. Pero este fenómeno non é novo. Arrighi móstrao con claridade. A diferenza hoxe estriba na súa extensión. Por outra banda, historicamente todas as crises económicas do calado da actual afectan a máis dunha clase. Por iso a tradición da esquerda sempre falou da necesidade de alianzas de clase. O movemento obreiro e o campesiño, o movemento obreiro e a pequena burguesía, etc.

En ese contexto de crisis social y política ha surgido una variedad de movimientos populistas que rechazan la pospolítica y la posdemocracia. Proclaman que van a volver a darle al pueblo la voz que le ha sido confiscada por las élites. Independientemente de las formas problemáticas que pueden tomar algunos de esos movimientos, es importante reconocer que se apoyan en legítimas aspiraciones democráticas.

"Crisis social y política", si. Pero estas non caen do ceo. Antes hai crise económica. Hai base material. Non narrativas e significantes que, de pronto, sucumben.
A función do que Gramsci chamaba os "intelectuais orgánicos" (onde o sardo incluía, entre outros, ao Partido) do movemento democrático é expresar de xeito coherente esas demandas que se presentan de xeito desordenado, ambiguo e, ás veces, incoherente; precisamente porque o risco de que o movemento popular desemboque no fascismo, como ben sabía Gramsci que o sufríu nas súas carnes, sempre está presente. Esa debería ser a función dos intelectuais orgánicos do movemento democrático hoxe.

El pueblo, sin embargo, puede ser construido de maneras muy diferentes y el problema es que no todas van en una dirección progresista. En varios países europeos esa aspiración a recuperar la soberanía ha sido captada por partidos populistas de derecha que han logrado construir el pueblo a través de un discurso xenófobo que excluye a los inmigrantes, considerados como una amenaza para la prosperidad nacional. Esos partidos están construyendo un pueblo cuya voz reclama una democracia que se limita a defender los intereses de los considerados nacionales. La única manera de impedir la emergencia de tales partidos y de oponerse a los que ya existen es a través de la construcción de otro pueblo, promoviendo un movimiento populista progresista que sea receptivo a esas aspiraciones democráticas y las encauce hacia una defensa de la igualdad y de la justicia social.

Para que en varios países europeos a entrada das masas en escena estea desembocando en movementos xenófobos ten que haber unha base material e histórico-cultural que cumprirá analizar caso por caso, o que volve indicar a autonomía relativa do político.
Por outra banda, para evitar que a irrupción das masas desemboque en fascismo o que fai falta é que os intelectuais orgánicos desas mesmas masas (os partidos, cadros, medios de comunicación etc.) creen un programa e unha folla de ruta democrática. Vaia, un programa de esquerdas. Pero é importante sinalar que para Gramsci os intelectuais orgánicos do movemento democrático non son intelectuais tradicionais, académicos de clase alta que viven nas torres de marfín da Universidade e teñen a capacidade de ir modelando un pobo ao seu gusto, senón que son parte "orgánica" do movemento que, conforme vai actuando, vai pensándose a si mesmo e creándose a si mesmo.

Es la ausencia de una narrativa capaz de ofrecer un vocabulario diferente para formular esas demandas democráticas lo que explica que el populismo de derecha tenga eco en sectores sociales cada vez más numerosos. Es urgente darse cuenta de que para luchar contra ese tipo de populismo no sirven la condena moral y la demonización de sus partidarios. Esa estrategia es completamente contraproducente porque refuerza los sentimientos antiestablishment de las clases populares. En lugar de descalificar sus demandas hay que formularlas de modo progresista, definiendo el adversario como la configuración de fuerzas que afianzan y promueven el proyecto neoliberal.

Non é narrativa e vocabulario é praxe e pensamento sobre a praxe. Son condicións materiais e acción sobre estas condicións materiais. Por unha banda haberá que ver que condicións materiais existe neses países (do norte Europa) e que outros condicionantes específicos existen noutros países (do leste de Europa) para que o malestar se exprese cun programa de dereitas e que condicións se dán para que, polo de agora, nos países do sur de Europa o malestar non se expresase cun programa de dereitas.
A saída de esquerdas leva implícita unha saída democrática ao momento de depauperación xeralizada cun programa de redistribución da riqueza e empoderamento das clases populares fronte a oligarquía. Se non o fai, faráo a dereita cunha saída autoritaria onde o reparto da riqueza se dea segundo criterios arbitrarios e inxustos como poidan ser os racistas ou xenófobos. En Grecia a saída pola esquerda xa atopou os seu límites. O que veña agora dificilmente encarnará unha saída progresista. Aquí a cousa está aínda aberta (aínda que non se percibe que haxa unha gran consciencia do que xa ensinou Grecia).

Lo que está en juego es la constitución de una voluntad colectiva que establezca una sinergia entre la multiplicidad de movimientos sociales y de fuerzas políticas cuyo objetivo es la profundización de la democracia. En la medida en que amplios sectores sociales están sufriendo los efectos del capitalismo financiarizado, existe un potencial para que esa voluntad colectiva tenga un carácter transversal que desborde el clivaje derecha/izquierda tal como está configurado tradicionalmente. Para estar a la altura del reto que representa el momento populista para el devenir de la democracia se necesita una política que restablezca la tensión entre la lógica liberal y la lógica democrática y, a pesar de lo que algunos pretenden, eso se puede hacer sin poner en peligro las instituciones republicanas.

Volve suxerir que existe algo así como a "Democracia" coma un continente que, por súa vez e dun xeito imposible, contén, á súa vez, ao movemento democrático ("la multiplicidad de movimientos sociales y de fuerzas políticas"). Pero a democracia aparece e profundízase na medida en que o movemento democrático actúa e transforma o mundo e niso nada ten que ver o reparto coxuntural que se dá nas institucións liberais entre un partido dito de esquerda e outro dito de dereita, con cadansúas cores corporativas para a súa correcta identificación no rito do voto cuatrianual. A escisión entre esquerda e dereita no corpo social sempre permanece. Que nun momento histórico o movemento democrático non consiga que as institucións liberais dean unha saída ás súas demandas e que o chamado partido de centroesquerda sexa idéntico, na institucionalidade liberal, ao partido de centrodereita, non quere dicir que a loita de clases finalizase, que se clausurase a historia e, polo tanto, que desparecese a pugna esquerda-dereita. Esta non remata nunca.
A financiarización actual, en termos históricos, non muda nada. As contradicións inherentes ao capitalismo fan que as agredidas sexan o conxunto das clases populares: traballadores-as, desempregados, excluídos, pequeno comercio, pequena burguesía. Nin siquera se dá unha confrontación entre capitalismo industrial e capitalismo financeiro. Como ben explica Costas Lapavitsas o propio capital industrial creou as súas seccións de capital financeiro. Por non falar de que cuestións como o límite dos recursos tamén complicará unha saída pola vía industrialita e keynesiana clásica.
Mouffe usa o concepto de "institucións republicanas" como sinónimo de Estado neutral. Un espazo onde se expresan libremente os dous polos sociais. Pero en realidade as institucións están sempre sesgadas e hexemonizadas por un dos polos en función da súa forza en cada momento histórico. Non hai fair play. Hai loita continua a morte e, no tempo completamente excepcional en que foi posible a convivencia do polo liberal e o democrático debeuse á existencia de equilibrios xeopolíticos como os existentes durante o século XX. Situación que, desde logo, xa non é a actual.

Concebido de manera progresista, el populismo, lejos de ser una perversión de la democracia, constituye la fuerza política más adecuada para recuperarla y ampliarla en la Europa de hoy.

Volve a haber unha incoherencia ou, senón, unha ambigüidade. Se o populismo non é un programa, senón un momento (o momento de agudización do papel das masas na política) o populismo non pode ser unha forza política, pois esta precisaría dun programa e, como a mesma autora di neste artigo, o populismo non ten programa senón que o programa pode tomar formas diversas. É dicir, será un programa máis de esquerdas ou máis de dereitas, según de que parte da sociedade se pretenden transformar as que condicións materiais. Co cal se volve inferir que a morte do par esquerda/dereita é un absurdo.